José Luis Pensado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
José Luis Pensado
Nacemento 6 de marzo de 1924
  Negreira
Falecemento 15 de decembro de 2000
  Salamanca
Nacionalidade España
editar datos en Wikidata ]

José Luís Pensado Tomé, nado en Negreira o 6 de marzo de 1924 e finado en Salamanca o 15 de decembro de 2000, foi un filólogo e lingüista galego que entre outros aspectos dedicou parte da súa vida á edición da obra do ilustrado frei Martín Sarmiento. Foi membro de número da Real Academia Galega, correspondente da Real Academia Española e membro de honra da Academia de la Llingua Asturiana.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Rematados os seus estudos secundarios, iniciou en Santiago de Compostela os de Filosofía e Letras durante os dous primeiros cursos comúns, para pasar logo á Universidade Central de Madrid, onde acabou os de Filoloxía Románica, na que tivo como profesor, entre outros, a Dámaso Alonso. Catro anos despois, en 1954, presentou a súa tese doutoral na mesma universidade.

Tres anos despois accedeu á cátedra da súa especialidade na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Oviedo, na que exerceu até 1963, ano no que accedeu á mesma cátedra na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Salamanca, na que exercería até o seu falecemento.

Era membro correspondente da Real Academia Galega desde 1967 e académico de honra da mesma desde 1984; co mesmo rango o era da Academia de la Llingua Asturiana desde 1982.

O labor investigador de Pensado Tomé[editar | editar a fonte]

A finais dos anos da década de 1960, o profesor Pensado, coñecedor das dimensións e da importancia que tiña a obra do monxe beneditino galego Martín Sarmiento (1694-1772)para coñecer a historia da lingua galega (na súa maior parte inédita ou mal editada), emprendeu a tarefa de editala debidamente, consonte os requisitos da moderna crítica filolóxica, confrontando as diversas variantes manuscritas e impresas, anotándoas e iluminándoas con rigorosas introducións que ordinariamente constitúen de por si fermosos libros. Paralelamente, o Dr. Pensado Tomé encontrouse coa non tan brillante obra lingüística doutro ilustrado galego, frei José Sobreira Salgado (1746-1805), máis tamén importante para a historia do galego dos séculos escuros. Ambas obras ficaron así accesíbeis de aí en adiante a estudosos e afeccionados interesados en coñecela, ademais de que parte dos escritos de Sarmiento constitúen extraordinarios exemplos do pensamento ilustrado español en xeral e galego en particular. Ese interese do prof. Pensado, mostrado xa desde anos antes, levouno a dar ao prelo diversos vocabularios do prerrenacemento galego, como o do bachiller Olea (1536) e algúns anónimos de comezos do século XIX.

Pensado Tomé estendera o seu saber a outros campos, editando diversas obras galegas, senlleiras, do período medieval, ou investigando sobre o asturiano-leonés. O seu coñecemento do conxunto da historia do galego, levouno a dar unha crítica profunda da transmisión do léxico galego a través do comentario da edición do primeiro dicionario da lingua galega: "Contribución a la crítica de la lexicografía galega, I" (1976), no que desvelaba a desfeita na edición do dicionario por parte do bibliotecario Francisco Javier Rodríguez Gil, e que falecido este deixou a súa responsabilidade a Francisco María de la Iglesia, que o deu a coñecer en 1863. Aínda que Pensado prometía análises similares para os dicionarios de Cuveiro (1876) e Valladares (1884), o absorbente labor que supuña a edición da obra de Sarmiento e as ramificacións que aparellaba, impedíronlle cumprir a súa promesa.

Publicacións (selección)[editar | editar a fonte]

Edicións críticas[editar | editar a fonte]

  • Miragres de Santiago. Madrid. CSIC. 1958.
  • Fragmentos de un Libro de Tristán galaico-portugués. Santiago de Compostela. Anexo XIV de Cuadernos de Estudios Gallegos. 1962.
  • Bachiller Olea, Vocábulos gallegos escuros: lo que quieren dezir. A Coruña. Real Academia Galega. 2003.
  • Tratado de Albeitaria. Santiago de Compostela. Centro Ramón Piñeiro, 2004, 415 páxs ISBN 84-453-3859-5

Edicións críticas de obras do P. Sarmiento[editar | editar a fonte]

Unha relación maior pódese ver no artigo adicado a frei Martín Sarmiento.

  • Catálogo de voces y frases de la lengua gallega. Salamanca. Universidade de Salmanca. 1973, 620 páxs ISBN 64-600-5838-7
  • Viaje a Galicia, 1745. Pontevedra. El Museo de Pontevedra. 1975, 217 páxs ISBN 84-600-1878-4
  • La educación de la juventud. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia. 1984, 168 páxs ISBN 84-505-0138-5
  • Catálogo de voces vulgares y en especial de voces gallegas de diferentes vegetables. Salamanca. Universidad de Salamanca. 1986, 588 páxs ISBN 84-7481-374-3
  • Elementos etimológicos según el método de Euclides. A Coruña. Fundación Pedro Barrié de la Maza. 1998 ISBN 84-89748-50-0
  • Onomástico etimológico de la lengua gallega, 2 vols. A Coruña. Fundación Pedro Barrié de la Maza. 1998, 531 + 345 páxs ISBN 84-89748-51-9

Sarmiento e Sobreira[editar | editar a fonte]

  • Opúsculos lingüísticos gallegos del siglo XVIII. Vigo. Galaxia. 1974, 267 páxs ISBN 84-7154-218-8

Edicións de obras do P. Sobreira[editar | editar a fonte]

  • Papeletas de un diccionario gallego. Tono I. Texto. Ourense. Intituto de Estudios Orensanos "Padre Feijoo". 1979, 517 páxs ISBN 84-600-1469-X

Estudos de lexicografía galega[editar | editar a fonte]

  • Estudios etimológicos galaico-portugueses. Salamanca. Universidad de Salamanca. 1965, 94 páxs.
  • Contribución a la crítica de la lexicografía gallega. I. El diccionario gallego-castellano de F. J. Rodríguez y su repercusión en la lexicografía gallega. Salamanca. Universidad de Salamanca. 1976, 413 páxs ISBN 84-600-0715-4

Estudos de filoloxía galega[editar | editar a fonte]

  • Interferencias estructurales castellano-gallegas: el problema de la geada y sus causas, in Revista de Filología Española, Madrid, t. 53, fasc. 1-4, 1970, páxs. 27-44.
  • en colaboración con C. Pensado Ruíz, Gueada y geada gallegas, Anexo 21 da revista Verba, Santiago de Compostela, 1983, 130 páxs.

Estudos de lexicografía astur-leonesa[editar | editar a fonte]

  • Estudios de lexicografía asturiana, I e II, in rev. Archivum, Oviedo, X (1960), páxs. 53-120 e XI(1961), páxs. 17-64.
  • Adiciones al léxico asturiano, in rev. Archivum, Oviedo, XIII (1963), páxs. 67-78.
  • Contribución al estudio del léxico leonés, in Philologica Hispaniensia in Honorem M. Alvar, t. I. Madrid. Gredos, páxs. 523-529.

Filoloxía astur-leonesa[editar | editar a fonte]

  • Textos asturianos diociochescos, I, in Lletres Asturianes, Oviedo, 21, páxs. 83-107.
  • Textos asturianos diociochescos, II, in Lletres Asturianes, Oviedo, 22, páxs. 83-88.
  • Estudios asturianos. Oviedo. Academia de la Llingua Asturiana. 1999, 413 páxs ISBN 84-8168-180-6

Varia[editar | editar a fonte]

  • El gallego, Galicia y los gallegos a través de los tiempos: ensayos. A Coruña. La Voz de Galicia 1985. ISBN 84-85287-41-X
  • Galicia en su lengua y sus gentes: ensayos. A Coruña. La Voz de Galicia. 1991 ISBN 84-85287-86-X

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]