Saltar ao contido

Provérbios otomanos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Provérbios otomanos "De Selim a Solimám"
Título orixinalProvérbios otomanos "De Selim a Solimám"
Autor/aRicardo Carballo Calero
OrixeGalicia
LinguaGalega
Xénero(s)Narrativa
EditorialAgália
Data de pub.1985
editar datos en Wikidata ]

Provérbios otomanos "De Selim a Solimám" é un relato de Ricardo Carvalho Calero publicado en 1985 no nº 4 da revista Agália (páxs. 475-476).[1] Publicouno baixo o pseudónimo Namiq Ziyá.[2]

Segundo Henrique Rabuñal o relato conta como no reinado de Selim I, sultán dos turcos otomanos e Comendador dos Crentes, entrou no seu harén unha adolescente xeorxiana e cristiá, dona de “encantos arrebatadores” e influencia política no sultán. Esa muller acaba representando unha “proteica capacidade de adaptaçom” e unha probada fidelidade aos seus señores. Coa morte de Selim e a proclamación califal do seu fillo Solimán, este fica engaiolado polos saberes políticos da Bela Xeorxiana quen mantén o seu poder e o seu status así como os seus ministros de confianza. A Bela Xeorxiana pasou do pacifismo de Selim ao belicismo de Solimán.[3].

  1. Ziyá, Namiq (1985). "Provérbios otomanos "De Selim a Solimám"". Agália: Publicaçom internacional da Associaçom Galega da Lingua (4): 475–476. ISSN 1130-3557. 
  2. "Carvalho Calero". academiagalega.org. Arquivado dende o orixinal o 06/06/2016. Consultado o 30/01/2020. 
  3. Rabuñal, Henrique (2020). Ricardo Carvalho Calero. O anxo da terra. Galaxia. p. 143. ISBN 978-84-9151-436-7.