Manuel Castelao

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Manuel Castelao
Manuelcastelao.jpg
Nacemento1956
 Santiago de Compostela
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor e director de cine
editar datos en Wikidata ]

Manuel Castelao Mexuto, nado en Santiago de Compostela en 1956, é un cineasta e escritor galego[1].

A súa actividade intelectual desenvólvese en tres áreas:

  • A investigación na historia da literatura galega, con particular atención ao século XX.
  • A produción cinematográfica, área onde conseguiu pór en andamento varias longametraxes. No mundo do cinema usa o pseudónimo de Raúl Veiga Rouriz.[2]
  • Unha longa actividade pedagóxica como catedrático de Lingua e Literatura Galegas nun instituto de educación secundaria da Coruña, após ter realizado estudos de Filoloxía galego-portuguesa.

Traxectoria como Raúl Veiga[editar | editar a fonte]

De formación autodidacta, na década de 1970 realizou películas en Super 8, cineclubismo e crítica cinematográfica.[3] Impartiu tamén un curso de postgrao sobre dirección cinematográfica, organizado pola Universidade da Coruña en 1997. Publicou colaboracións en La Voz de Galicia e a Revista Galega de Filoloxía.

Manuel Castelao Mexuto con parte dos integrantes da 1ª promoción de Galego-Portugués da USC: Anxo González Guerra, Luís Cambeiro Cives, Vitoria Ogando, Manuel Ferreiro Fernández, Tareixa Roca Sánchez, María dos Anxos González Refoxo, Ramona Giráldez Domínguez, María Xosé Queizán Vilas, María do Carme García Pereiro, Luís Gayoso Baqueiro, Carme Vázquez Castro, Manuel Figueiras Fernández, Francisco Salinas Portugal, César Morán Fraga. A Coruña, 09/09/2017

Deuse a coñecer escribindo o vídeo Veneno puro (1984, gañador de varios premios internacionais) e pasou á pantalla grande co guión da longametraxe Continental (1989). Fixo de axudante de dirección en 1990-1 e dedicouse xa en exclusiva a dirixir os seus propios guións a partir de A metade da vida (1994), única longametraxe rodada en galego nos anos 90. Arde amor (1999) foi a súa segunda longametraxe e mereceu múltiples premios, dous deles en festivais dos USA. Tamén ten practicado a crítica cinematográfica, a análise de filmes –da que resultou o libro Esta noite no cinema (2005), finalista do premio de ensaio da AELG– e foi membro do xurado en varios festivais internacionais. O documental El médico atento (2014) é a súa última longametraxe. Tamén escribiu e dirixiu a curtametraxe El médico seriamente enfermo (2014).

Guionista de cine[editar | editar a fonte]

Director de cine[editar | editar a fonte]

Traxectoria como Manuel Castelao[editar | editar a fonte]

Xornadas homenaxe a Anxo Rei Ballesteros. Outono de 2018. A Pobra do Caramiñal. Manuel Castelao e María Jesús Armada (viúva do homenaxeado)

Do seu traballo sobre a literatura galega, destaca a serie de libros publicados por Edicións Laiovento e que tiveron como base, ora a súa tese de doutoramento “A aula literaria. Análise crítica de seis textos galegos do Novecentos” (2010, cualificada con sobresaliente cum laude e, posteriormente, obxecto dun Premio extraordinario de doutoramento da Universidade da Coruña, 2012), ora o texto que recibiu o Premio Carvalho Calero do Concello de Ferrol, na edición do centenario do autor homenaxeado.[6] Tamén é estudoso da obra de Anxo Rei Ballesteros.[7][8]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Libros sobre literatura do século XX:

Outras publicacións relacionadas con esta área do seu traballo son:

  • “Literatura e autoconstrução da identidade da Galiza”, en Carlos Manuel Ferreira da Cunha (ed.): Escrever a nação: literatura e nacionalidade (uma antologia), Guimarães, Opera Omnia, 2011, pp. 165–181.
  • “Regreso a ‘Os eidos’”, suplemento de Cultura de La Voz de Galicia, 15 de Maio de 2010, pp. 6-7.
  • “Revisitação d’Os Eidos”, Boletín da Academia Galega da Lingua Portuguesa, nº 4, 2011, pp. 183–197.

Algúns traballos foron realizados so o pseudónimo Félix Casal.[14] Así:

  • “O habitáculo suspenso. ‘De catro a catro’: literatura galega e modernidade”, Nova Renascença, vol. XIX, inverno/primavera 1999, pp. 233–248.
  • “‘De catro a catro’: experiencia única”, en Crítica e autores I, A Coruña, La Voz de Galicia, 2002, pp. 76–77.
  • Simposio “Ramón Vilar Ponte 50 anos despois”. Conferencia “Na noite estrelecida: tópicos literarios... e políticos”, 17 de xaneiro 2003.
  • “‘Os eidos’: analoxía e poesía”, en Amastran-N-Gallar, nº 7, verán 2004, pp. 36–42.

Para os seus traballos sobre Eduardo Pondal ten utilizado o pseudónimo de Castro Romai:

  • “Pondaliana (Prefacio)”, en Extra-7 de A Nosa Terra, Eduardo Pondal. Home libre, libre terra, Promocións Culturais Galegas, Vigo, 1986, pp. 39–41.
  • “Pondaliana (Fragmento)”, en A Trabe de Ouro, nº 6, tomo II, ano II, abril-xuño 1991, pp. 205–211.

En relación coa súa actividade pedagóxica, é autor da unidade didáctica A escaleira desigual (libro e CD), sobre o filme “A Condesa rebelde”, publicada pola Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, 2012.[15]

Publicacións sobre cine co pseudónimo Raúl Veiga:

Produtor (cine)[editar | editar a fonte]

Como produtor de proxectos cinematográficos utiliza o nome de Manuel Castelao:

  • Canle aberta (1993) -curtametraxe-
  • Arde amor (1999)
  • El médico atento/O médico certo (2014)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Veiga, Raúl". BNE.ES. Consultado o 07/09/2017. 
  2. "Raúl Veiga". Culgura Galega.org. Consultado o 7/9/2017. 
  3. "Raúl Veiga Rouriz". Galicia Digital. Consultado o 07/09/2017. 
  4. "Entrevista a Raúl Veiga". Zigzag-Eirado. Consultado o 16/05/2018. 
  5. "El médico seriamente enfermo" (PDF). ficae.es. Consultado o 07/09/2017. 
  6. "Manuel Castelao". axendaalg. Arquivado dende o orixinal o 08/09/2017. Consultado o 8/9/2017. 
  7. "Manuel Castelao fala de Anxo Rei Ballesteros en 2009". www.ogalego.eu. Consultado o 2019-09-10. 
  8. Castelao, Manuel (2018). "Na nebulosa do Anxo: ‘Loaira’ revisitada". Barbantia (14): 133–153. 
  9. "Edicións Laiovento - NOVONEYRA / CELSO EMILIO". www.laiovento.com. Consultado o 2019-09-10. 
  10. "Edicións Laiovento - ELUCIDACIÓNS NA SOMBRA". www.laiovento.com. Consultado o 2019-09-10. 
  11. asociacionescritoras-es. "O sábado coñeceranse as obras gañadoras dos Premios AELG 2011 na Cea das Letras. Axenda cultural AELG". Consultado o 2019-09-10. 
  12. "Edicións Laiovento - MANOEL- ANTONIO DE CATRO A CATRO". www.laiovento.com. Consultado o 2019-09-10. 
  13. "Edicións Laiovento - ALVARO CUNQUEIRO". www.laiovento.com. Consultado o 2019-09-10. 
  14. "Pseudónimos galegos". ogalego.eu. Consultado o 8/9/2017. 
  15. "A escaleira desigual. A condesa rebelde". igualdade.xunta.gal. Consultado o 8/9/2017. 
  16. kantaronet.com. "Continental. O guión - . Ref.Rc50. Gallaecia Libros. Libros galegos antigos, libros galegos de coleccionismo, libros galegos esgotados, manuscritos, libros en galego... Tenda en liña dende Galicia". gallaecialibros.com (en Galician). Consultado o 2019-09-10. 
  17. "BIBLOS.Clube de lectores. Esta noite no cinema". www.biblosclube.com. Consultado o 2019-09-10. 
  18. novenoites (2011-07-22). "“Chega un momento en que os vellos…”". NOVENOITES. Consultado o 2019-09-10.