Manuel Comellas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Comellas
Manuel Comellas Coimbra.jpg
Nacemento 30 de abril de 1853
  Ferrol
Falecemento 3 de xuño de 1925
  Ferrol
Nacionalidade España
Ocupación xornalista, escritor, dramaturgo e pedagogo
editar datos en Wikidata ]

Manuel Comellas Coímbra, nado en Ferrol o 30 de abril de 1853 e finado na mesma cidade, na parroquia de Mandiá, o 3 de xuño de 1925, foi un escritor galego en castelán e galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dirixiu o colexio do Sagrado Corazón de Ferrol e foi profesor e fundador do colexio Comellas, onde estudou Ricardo Carballo Calero.[1][2] Dirixiu La Resurrección de Galicia (1876), colaborou en La Semana Literaria e El Heraldo Gallego[3], e foi director do semanario católico El Propagador e do xornal ferrolán El Correo Gallego.[4] Tamén fundou o semanario El Canta Claro (1912) e colaborou en La Voz de la Liga.[5]

Manuel Comellas é un autor do Rexurdimento estudado por Couceiro Freijomil, Carballo Calero,[1] Francisco Fernández del Riego[6] e Dolores Vilavedra,[7] entre outros. Literariamente dedicouse ao teatro coa obra Pilara ou Grandezas d'os humildes (1920)[8], un drama en prosa, en seis actos, de ambiente mariñeiro, no que se critican os asoballamentos dos poderosos, exemplificados por medio dun intento de abuso sexual. Estreouse no teatro Jofre o 18 de agosto de 1919 e repúxose o 6 de novembro. Tamén cultivou o ensaio, como un comentario que publicou en 1905 sobre a encíclica Rerum Novarum (1891) do papa León XIII, ou unha colección de artigos titulados Redencións científicas, sobre o emprego da lingua galega na ciencia.[9] Estivo ligado ás Irmandades da Fala durante unha época breve.[10]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Liga de contribuyentes del Ferrol, 1883.
  • Catecismo Social según las enseñanzas de la inmortal Encíclica de la Santidad de León XIII "Rerum Novarum" extractadas y expuestas conforme al plan y método de la obra "Socialismo y Anarquismo" del P. Vicent S.J, 1905.
  • Escuelas-talleres parroquiales y gratuitas. Cómo se sostendrían en Ferrol, 1912.
  • Pilara ou Grandezas d'os humildes : fantesía dramáteca en tres partes, 1920.
  • Redención de amor, 1920.[10]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Placa.

Un ano despois da súa morte, en 1926, o alcalde de Ferrol, Antonio Usero Torrente pediu facer unha restauración da casa da rúa Sánchez Barcáiztegui onde naceu Comellas, traballos que remataron en 1929[5]. Na casa figura unha placa cunha descrición da súa vida e unha escultura deseñada por Pedro López Mirás, e feita en mármore por Andrés Torrente. O concello de Ferrol deulle o seu nome a unha rúa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Carballo Calero (1975) [1963].
  2. R. Calvo, Cristina (1996). Comellas, la renovación pedagógica de la enseñanza ferrolana. El Ideal Gallego, 26/6/1996.
  3. Vilavedra (1997). p. 260.
  4. Editorial Compostela Asociación Galega de Editores.
  5. 5,0 5,1 "El homenaje a don Manuel Comellas Coímbra", El Pueblo Gallego, 4/6/1929, 4.
  6. Fernández del Riego, 1992, p. 93.
  7. Vilavedra (1995). p. 141.
  8. Catálogo da Biblioteca da USC
  9. González Ucha, Xosé Luís e Rey López, Alfonso, Guía do alumno. 1º de bacharelato. Lingua e literatura galega,[cando?] Xunta de Galicia, en Centro EPA “Eduardo Pondal”[Ligazón morta]
  10. 10,0 10,1 Ínsua, Emilio, O teatro das Irmandades da Fala, in Historia da Literatura Galega, vol. 20., Vigo: AS-PG - A Nosa Terra, 1996-98.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]