Saltar ao contido

Xoán Bernárdez Vilar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXoán Bernárdez Vilar

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de abril de 1936 Editar o valor en Wikidata
Marín, España Editar o valor en Wikidata
Morte25 de marzo de 2025 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
Formación profesionalMaxisterio, Xeografía, Arte e Historia
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, historiador, ensaísta Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNarrativa e ensaio
Obra
Obras destacables
Premios

BNE: XX1719941 Bitraga: 2954 BUSC: bernardez-vilar-xoan-1936 Dialnet: 1158710

Xoán Bernárdez Vilar, nado en Marín o 5 de abril de 1936 e finado en Vigo o 25 de marzo de 2025[1], foi un escritor, historiador e ensaísta galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Marín en 1936, aos sete anos trasladouse a Vigo, onde fixo o Bacharelato. Estudou Maxisterio na Escola Normal de Pontevedra. En 1957 converteuse en Auxiliar Administrativo da Caja de Ahorros y Monte de Piedad Municipal de Vigo, despois Caixanova e Abanca. Máis tarde, entre 1990 e 1995, realizou a carreira de Xeografía, Arte e Historia na Universidade de Vigo[2]. O 11 de xullo de 2011 defendeu en Ourense a súa tese de doutoramento, O extraordinario mundo da “Ora Maritima”, sobre a "Ora Maritima de Rufio Festo Avieno". Obtivo a cualificación de sobresaínte.[3]

Colaborou no programa de radio Raíz e Tempo (primeiro programa en galego despois da guerra civil) de La Voz de Vigo (1965-1975), continuou en Radio Ecca, tamén como guionista histórico. Dirixiu dúas revistas, Galicia Social e Latexo.[4]

Foi asesor histórico da serie da TVG Terras de Merlín, e publicou en múltiples revistas como a do Instituto de Estudos Miñoranos, Encrucillada, Agalia etc. Publicou tamén contos. Foi tradutor de galego, castelán, portugués, italiano, francés, inglés e latín.

O 22 de febreiro do ano 2003 foi nomeado Académico Correspondente da Real Academia Galega.[5]

Obras principais

[editar | editar a fonte]

Narrativa

[editar | editar a fonte]
  • Galicia no século VI antes de Cristo. Estudo Histórico-Xeográfico da Ora Maritima de Rufo Festo Avieno (1990). Universidade de Santiago de Compostela.
  • Xeografía do mito de Tristán e Iseu (2000).
  • Antes da invención de América. As descubertas precolombinas do século XV (2001). Universidade de Vigo.
  • A arte ó servicio do poder. Alexandre-Augusto (2001). Noia: Toxosoutos.
  • A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe Ultra Tile (2003). Vigo: Galaxia.
  • O comezo da nosa Idade Media. A Gallaecia que se emancipou de Roma (2003). Noia: Toxosoutos (Tradución ao castelán: El inicio de nuestra Edad Media. La Gallaecia que se emancipó de Roma, no 2004).
  • O rei Artur: Mito e realidade, 2005, Galaxia.
  • El mundo antiguo a través de la "Ora Maritima" de Rufio Festo Avieno, 26-l2-2012. Galaxia. Tese de Doutoramento en Xeografía, Arte e Historia, na Universidade de Vigo.
  • O extraordinario mundo da "Ora Maritima". (2013) Tórculo Artes Gráficas. Tese de Doutoramento en Xeografía, Arte e Historia, na Universidade de Vigo

Artigos en revistas

[editar | editar a fonte]
  • "Pesquisas nas origens do mito de Tristám e Iseu", 1986, Agália.
  • "Egipto, a viagem perdida de Egéria", 1990, Agália.
  • "O incógnito monte Zephiro da "Ora Maritima", 1991, Latexo.
  • "O descobridor que chegou do frío. A viagem de Cristóvao Colombo a Thule", 1992, Agália.
  • A expediçom luso-dinamarquesa ao noroeste atlántico: alcançárom América os Portugueses antes do que Colom?, 1997, Agália.
  • "Nada novo debaixo do sol: A legitimaçom do poder atravês da arte na Roma de Augusto", 1999, Agália.
  • "A cuestión da celtidade de Galicia", 2003.
  • "Os Olhos da História. A Cartografía, dos seus inícios ás decisivas contribuiçoes do português "Planisferio Cantino", de 1502", 2003, Agália.
  • "Consideracións acerca de Baiona e do Rei Afonso", 2003.
  • "A "Carta de París", considerada como de Cristóbal Colón", 2004.
  • "O Val Miñor na "Ora Maritima" de Rufius Festus Avienus", 2007.
  • "A viaxe de Colón "Ultra Tile", 2008 (Relatorio presentado no III Congreso Internacional, A Viaxe, do Concello de Palas de Rei).
  • O valedor do reino (2002). Edición dixital.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996). Xerais.
  • Estudos dedicados a Ricardo Carvalho Calero. II (2000). Parlamento de Galicia/Universidade de Santiago.
  • Dicionario Enciclopedia do Pensamento Galego (2008). Xerais (obra para o Consello da Cultura Galega).

Traducións

[editar | editar a fonte]
  • 3º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1968, por A nau do lonxano país.
  • 3º Premio do Concurso nacional de contos infantís O Facho no 1969, por O neno que soñou cunha illa.
  • Premio do Padroado da Cultura Galega de Montevideo en 1976 por Un home de Vilameán: anatomía da revolución Irmandiña.
  • Accésit do Premio Modesto R. Figueiredo do Pedrón de Ouro en 1983, por Homo sapiens.
  • Premio Galicia de Investigación da Universidade de Santiago de Compostela no 1984, por Galicia no século VI antes de Cristo. Estudo Histórico-Xeográfico da Ora Maritima de Rufo Festo Avieno.
  • Premio Casa Galicia de León en 1984, por Vento do norte, Vento do sul.
  • Premio Xerais en 1986, por No ano do cometa.
  • Premio Concello de Vilalba en 1993, por Big-Bang.
  • Premio Concello de Vilalba en 1999, por A saga da illa sen noite.
  • Premio de teatro da Universidade de Vigo no 2002, por O valedor do reino.
  • Premio Taboada Chivite do Concello de Verín no 2002, por A etapa portuguesa de Colón e a súa viaxe Ultra Tile.
  • Premio de Historia Medieval da editorial Toxosoutos de Noia e finalista do Premio Antonio Fraguas do Concello de Cotobade en 2002, por O comezo da nosa Idade Media. A Gallaecia que se emancipou de Roma.
  • Premio Ramón Piñeiro de Santiago de Compostela no 2004, pola tradución de Idacio Lémico: Chronica (379-469).
  • Premio de tradución da Universidade de Vigo no 2004, por Chronica Hermerici.
  • Finalista do Premio Ramón Piñeiro da Editorial Galaxia en 2005, por O rei Artur: Mito e realidade.
  1. "A Real Academia Galega expresa o seu fondo pesar polo pasamento de Xoán Bernárdez Vilar". Real Academia Galega. 25 de marzo de 2025. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2025. Consultado o 25 de marzo de 2025. 
  2. VV.AA. (2007). Revista de Estudos Miñoranos 5/6. Instituto de Estudos Miñoranos. p. 233. ISBN 84-8289-369-6. 
  3. "Xoán Bernárdez Vilar - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2025-03-28. 
  4. "Xoán Bernárdez Vilar Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2025-03-28. 
  5. "A Real Academia Galega expresa o seu fondo pesar polo pasamento de Xoán Bernárdez Vilar". Real Academia Galega. 2025-03-25. Arquivado dende o orixinal o 25 de marzo de 2025. Consultado o 2025-03-28. 
  6. "Un home de Vilameán - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2025-03-28. 
  7. "No ano do cometa - Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2025-03-28. 
  8. "Saga de la isla sin noche". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-27. 
  9. Idacio Lémico: Chronica (379-469)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]