Tareixa Roca
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 22 de abril de 1956 Guitiriz, España |
| Grupo étnico | Pobo galego |
| Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
| Actividade | |
| Ocupación | tradutora, profesora |
| Familia | |
| Cónxuxe | Luís G. Soto |
Tareixa Roca Sánchez, nada en Guitiriz o 22 de abril de 1956, é unha tradutora, escritora e profesora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Estudou Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela, formando parte da Primeira Promoción. Desde 1980 reside na Coruña. Catedrática de lingua e literatura galegas en ensino secundario.
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- Veráns de misterio (2023). A Coruña: Espiral Maior. 161 páxs. ISBN 9788412734324.
- Tempo de amoras (2025). A Coruña: Espiral Maior. 144 páxs. ISBN 978-84-128932-6-7. Relatos con prólogo de Manuel Castelao Mexuto. Segundo M.A. Martínez[1]:
'Tempo de amoras' é un exercicio literario de descosido do engano posmoderno e de desenfiado meticuloso das febras polas que racha. Ten forma de libro de relatos que pode ser lido como feixe de contos ou serie de capítulos sobre unha vida humana, unhas vidas humanas. Nelas, o que atinxe e toca a todas elas é real, non é unha simulación posmoderna, unha parodia literaria...
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Carvalho sempre. Alustres de vida e obra (2020). Con Luís G. Soto. Espiral Maior. ISBN 978-84-122271-2-3.
Traducións
[editar | editar a fonte]- Fendas e áncoras no vento, de Pepe Galán, 1997, Galería de Arte Pardo Bazán, A Coruña.
- Soños nos cantís, de César Antonio Molina, 2006, Espiral Maior, A Coruña.
- Traducións colectivas
- Economía e poboación en Galicia, de Xosé Antonio López Taboada, 1979, Edicións do Rueiro, A Coruña.
- Outramente Barthes, 1988, Nova Renascença, Porto. Con Luís G. Soto.
- Os Reis Magos, de Michel Tournier, 1988, Xerais, Vigo. Con Modesto García.
- Nova enciclopedia de bioética, 2005, Universidade de Santiago de Compostela. Con Luís G. Soto.[2]
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]
Premios
[editar | editar a fonte]- Mellor libro do ano 2005 na XV edición dos premios Irmandade do Libro da Federación de Libreiros de Galicia, por Nova enciclopedia de bioética.
- Finalista, no apartado de tradución, nos Premios da AEUE (Asociación de las Editoriales Universitarias Españolas) do 2005, por Nova enciclopedia de bioética.
- Finalista, no apartado de tradución, nos Premios da Asociación de Escritores en Lingua Galega do 2006, por Nova enciclopedia de bioética.
- Finalista, no apartado de tradución, nos Premios da AELG do 2007, por Soños nos cantís, de César Antonio Molina.
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Edicións
[editar | editar a fonte]- El fin de Finisterre, de César Antonio Molina, 2010, Pre-Textos, Valencia. Edición bilingüe galego-castelán.
Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- Aventura en el castillo, 2010, Tórculo, Santiago de Compostela.
- Aventura en el molino, 2010, Tórculo, Santiago de Compostela.
Traducións
[editar | editar a fonte]- En torno a la justicia, 1999, Erís, A Coruña.
- Paz, guerra y violencia, de Luís G. Soto, 2006, Espiral Maior, A Coruña.
- Eume, de César Antonio Molina, 2008, Pre-Textos, Valencia. En colaboración co propio autor e Luís G. Soto. Edición bilingüe galego-castelán.[3] Volume 948 de Pre-textos: Poesía. Ed. Pre-Textos. 251 pp. ISBN 8481919047
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Martínez, M.A. (2025-07-19). "Tempo de amoras". El Progreso de Lugo. Consultado o 2025-08-01.
- ↑ Nova enciclopedia de bioética
- ↑ "Extracto de poemas en Eume". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2012. Consultado o 01 de xaneiro de 2012.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Inés Poupariña (6 de agosto de 2024). "Tareixa Roca: "É unha homenaxe aos meus anos de bacharelato, e unha reivindicación do tempo libre"". El Progreso.
- Ana Villares (22 de agosto de 2025). "Tareixa Roca, escritora: "A miña curiosidade é inesgotable e forma parte de min"". El Progreso.
- Chema Ríos (21 de setembro de 2025). "Tareixa Roca. Presentación da obra "Tempo de Amoras"" (Youtube).
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tareixa Roca |