Luís G. Soto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLuís G. Soto

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de febreiro de 1956 Editar o valor em Wikidata (68 anos)
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade Autónoma de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor , Profesor titular de universidade Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
DoutorandoÓscar Horta Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeTareixa Roca

AELG: 151 Dialnet: 79223

Luís Modesto García Soto, nado na Coruña o 13 de febreiro de 1956, é un filósofo e escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciado en Dereito (1978) e en Filosofía (1979) pola Universidade de Santiago de Compostela.[1] Doutorouse en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela en 1986 (coa tese Unha lectura de Barthes), e é doutor en Dereito pola Universidade Autónoma de Madrid desde 2010 (tese: Teoría de la justicia e idea del derecho en Aristóteles). Desde 1989 é profesor titular de Filosofía Moral na Facultade de Filosofía da Universidade de Santiago de Compostela, da que foi decano (2005-2013).[2] Foi redactor do Código Ético da USC (2007).[3]

Ten colaborado en Agora Papeles de Filosofía, Anuario de Literatura, Boletim da Academia Galega da Língua Portuguesa, Encrucillada, Agália, Astrolabio, Daimón, Grial etc.[4]

Coordinou os números monográficos internacionais das revistas Nova Renascença (1994) con José Augusto Seabra, e Agora Papeles de Filosofía (2005) sobre Roland Barthes. Estudou as relacións entre filosofía e literatura, centrándose na literatura galega (Pondal, Otero Pedrayo, Carvalho Calero). Tamén se ocupou, no ámbito da ética e a política, de autores clásicos (Aristóteles) e contemporáneos (Foucault), así como do pensamento político galego (Castelao, Ramón Vilar Ponte etc). Os seus campos de interese son os Paradigmas da Filosofía Moral, Posestruturalismo e Posmodernidade, Filosofía e Literatura, Filosofía e Paz, Xustiza Política, Filosofía Moral e Política en Galiza e Bioética.[5]

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Outramente Barthes (1988). Edições da Nova Renascença, Fundação Eng. António de Almeida, Porto, Portugal. 125 páxs.
  • Aristóteles (2003). Baía Edicións, A Coruña. 137 páxs.
  • Paz, guerra e violencia (2003). Espiral Maior, A Coruña. Traducido para o castelán en 2006 na mesma editorial.[6] 177 páxs.
  • O felo ou ..., (2007). Amastra-N-Gallar, Santiago de Compostela. Minilibros. 12 páxs.
  • O espírito da letra. Nove achegas filosóficas a textos literarios (2008). Espiral Maior, A Coruña. 261 páxs.
  • Os boteiros e ... (2011). Amastra-N-Gallar, Santiago de Compostela. Minilibros. 13 páxs.
  • O labirinto da saudade (2012). Laiovento, Santiago de Compostela. 141 páxs. Versión actualizada en portugués, baixo o título Meditação sobre a saudade, 2014, Zéfiro, Sintra, 139 páxs.
  • Barthes filósofo (2015). Galaxia, Vigo, 144 páxs.[7]
  • Outros e novos queixumes. De filosofía e literatura en Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal (2020). USC.[8][9]
  • Carvalho sempre. Alustres de vida e obra (2020). Con Tareixa Roca. Espiral Maior. ISBN 978-84-122271-2-3.
  • O camiño dos faros. Diario de viaxe (2023). A Coruña: Espiral Maior. ISBN 9788412734331.[10]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Europa: mito e razón (2001). José Luís Barreiro & Luís G. Soto (Coords). Universidade de Santiago. 214 páxs. Cap. Arredor de si ao fio de Europa, páxs. 89-110.
  • A Coruña á luz das letras (2008). Trifolium, Iñás-Oleiros (A Coruña).
  • Preludios para Miguel Anxo Fernán-Vello (2011). X. R. Baixeras, F. Vidal, Xulio L. Valcárcel, T. Seara, E. Veiga, Luís G. Soto, M. Forcadela, X. Seoane, L. Rodríguez, A. López-Casanova, X.M. Ávarez Cáccamo, I. Pintado, Luciano Rodríguez (ed.). Laiovento, Santiago de Compostela. 129 páxs. Cap. Entre phýsis e práxis, entre agua e fogo, páxs. 61-74.

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Os Reis Magos (1988). M. Tournier, Edicións Xerais de Galicia, Vigo. 119 p. (Tradución do francés ao galego, en colaboración con M. Sánchez).
  • Nova enciclopedia de bioética (2005). Universidade de Santiago de Compostela. Con Tareixa Roca. Do francés para o galego.[11]
  • Dez teses sobre a ética (2009). Alain Badiou. Amastra-N-Gallar, Santiago de Compostela. Do francés para o galego.
  • O Mar do Norte (2015). Heinrich Heine. Espiral Maior. 168 páxs. Do alemán para o galego, con estudo introdutorio.

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Teoría de la justicia e idea del derecho en Aristóteles (2011). Marcial Pons, Madrid-Barcelona-Buenos Aires. 477 páxs.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Discurso, Poder, Sujeto. Lecturas de Michel Foucault (1987). Universidade de Santiago de Compostela. En colaboración con: R. Máiz, F. Álvarez Uría, J. C. Bermejo, M. Morey, J. L. Pintos, P. Casanovas, A. Serrano e J. Varela. Cap. A la orilla del mar un rostro de arena, páxs. 55-67.
  • En torno a la justicia. Las aportaciones de Aristóteles, el pensamiento español del XVI, J. S. Mill, la fenomenología y Rawls (1999). Erís, A Coruña, 322 páxs. En colaboración con: M. X. Agra Romero, B. Fernández Herrero, C. Caruncho Michinel e M. L. Pintos Peñaranda. Cap. La justicia en Aristóteles, páxs.19-86.
  • Ética de la paz. Valor, ideal y derecho humano (2007). G. González Arnáiz (ed.), J. Conill Sancho, R. Junquera de Estéfani, J.M. Marinas Herrera, E. Martínez Navarro, P. Sáez Ortega, Luís G. Soto e J. De La Torre Díaz. Biblioteca Nueva, Madrid. 231 páxs. Cap. La paz, alternativa a la violencia, páxs. 53- 70.

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Eume (2008). César Antonio Molina Pre-Textos, Valencia. Con Tareixa Roca e César Antonio Molina. Do galego para o castelán.[12]. Ed. Pre-Textos. 251 páxs.

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Edicións Laiovento - Luís G. Soto". www.laiovento.com. Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2020. Consultado o 2020-04-02. 
  2. "Luís G. Soto". Editorial Galaxia. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2020-04-02. 
  3. "Código Ético da USC - Observatorio do Código Ético - USC". www.usc.es. Consultado o 2020-04-02. 
  4. "Luis G. Soto". Dialnet (en castelán). Consultado o 2020-04-02. 
  5. "Autores - García Soto, Luís". baiaedicions.gal. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2020-04-02. 
  6. "Paz, guerra y violencia". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-13. 
  7. "Barthes filósofo". Editorial Galaxia. Consultado o 2020-04-02. 
  8. "Outros e novos queixumes". www.usc.es. Consultado o 2020-04-02. 
  9. "Paseando con Pondal". La Voz de Galicia. 2021-03-28. Consultado o 2023-12-21. 
  10. "«O Camiño dos Faros é unha inmersión forte na natureza da Costa da Morte»". La Voz de Galicia. 2023-12-20. Consultado o 2023-12-20. 
  11. Nova enciclopedia de bioética
  12. "Extracto de poemas en Eume". Arquivado dende o orixinal o 08 de febreiro de 2012. Consultado o 01 de xaneiro de 2012. 
  13. "Luís García Soto reinterpreta a obra de Barthes e gaña o premio Ramón Piñeiro". La Voz de Galicia. 2015-01-20. Consultado o 2020-04-02. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]