Saltar ao contido

Diocese católica latina de Mondoñedo-Ferrol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Diocese de Mondoñedo-Ferrol»)
Modelo:Xeografía políticaDiocese católica latina de Mondoñedo-Ferrol
Dioecesis Mindoniensis-Ferrolensis (la) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°25′41″N 7°21′46″O / 43.4281, -7.3628
Escindido deArquidiocese católica latina de Oviedo
diocese de Lugo Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación265.415 (2019) Editar o valor en Wikidata (58,67 hab./km²)
Lingua usadalingua castelá
lingua galega Editar o valor en Wikidata
Relixióncatolicismo Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie4.524 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación19 de marzo de 1959 Editar o valor en Wikidata
Catedralcatedral de Mondoñedo
concatedral de San Xiao de Ferrol Editar o valor en Wikidata

Sitio webmondonedoferrol.org Editar o valor en Wikidata
Facebook: mondonedoferrol Twitter: mondonedoferrol Enciclopedia Galega Universal: 203940 Editar o valor en Wikidata

A diocese de Mondoñedo-Ferrol (en latín: Dioecesis Mindoniensis-Ferrolensis) é unha sé territorial galega da igrexa católica latina sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. No 2004 contaba con 286.097 bautizados sobre 288.998 habitantes.

Territorio

[editar | editar a fonte]

A diocese está situada na parte máis setentrional de Galicia. O seu territorio ten 4.425 km² e subdivídese en 424 parroquias agrupadas en 7 arciprestados, pertencentes a 27 concellos da provincia de Lugo e 13 da provincia da Coruña. A sé episcopal sitúase na cidade de Mondoñedo, onde está a catedral-basílica da Asunción. Na cidade de Ferrol encóntrase a segunda sé episcopal (Domus Ecclesiae), atopándose tamén a concatedral de San Xiao.

Mapa da diocese de 1764 realizado por Joseph Cornide.
Domus Ecclesiae de Ferrol.

A diocese de Bretoña ou Britonia fundouse no século VII, ocupando parte do territorio da arquidiocese de Lugo, da que foi sufragánea ao principio. Tras a chamada Reconquista, no século IX, a sé foi restablecida e levada a San Martiño de Mondoñedo.

En 1071 pasou a ser sufragánea da arquidiocese de Braga e o 27 de febreiro de 1120 convértese en sufragánea da arquidiocese de Santiago de Compostela. No século XII a sé cambiou a Vilamaior e a finais do mesmo século pasou a Ribadeo, para volver, definitivamente de novo a Mondoñedo en 1219.

Os límites da diocese foron modificados co decreto da Sagrada Congregación Consistorial de 1954, executado en marzo do ano seguinte. Por unha banda, Mondoñedo perdeu tódolos exclaves, isto é, todo o arciprestado de Melide, incorporado ao bispado de Lugo, e as parroquias de Buría (ou Camariñas), Miño e Xornes, incorporadas ao de Santiago; por outra, gañou cinco parroquias procedentes do bispado de Oviedo mais que pertencían á provincia de Lugo (Vilaoudriz, Conforto, Bogo, Vilaboa e Vilarmide) e seis parroquias con cinco anexas procedentes da diocese lucense (Baamonde con San Martiño de Pacios, Carral con Uriz, O Castro con Bóveda, Santalla de Pena con Donalbai, San Vicente de Pena, e Virís con San Fiz de Cerdeiras).[1][2]

O 19 de marzo de 1959 toma o nome actual.

Estatísticas

[editar | editar a fonte]

A finais de 2004 a diocese tiña 286.097 bautizados nunha poboación de 288.998 persoas, o que supón o 99 % do total.

ano poboación sacerdotes diáconos relixiosos parroquias
bautizados total % total clero
secular
clero
regular
bautizados por
sacerdote
homes mulleres
1950320.750321.40099,83873454282866174401
1970348.0003122743853540420
1980325.900327.00099,7319294251.02133476421
1990340.000342.00099,4244217271.39335406424
1999355.000360.00098,6227209181.56323302424
2000357.000362.00098,6222205171.60822287424
2001358.000364.00098,4223209141.60521296420
2002360.000366.00098,4225214111.60019225424
2003298.073301.09599,0200183171.49035258426
2004286.097288.99899,0204181231.40229303426

Bispos da diocese

[editar | editar a fonte]
División eclesiástica de Galicia. Moitos dos seus arciprestados fan referencia a entidades étnicas prerromanas, como Nemancos, Céltigos, Entíns ou Posmarcos.

Ao longo da súa historia, estes foron os bispos que tivo a diocese nas súas diferentes sedes:

Sé de Vilamaior

[editar | editar a fonte]

Sé de Mondoñedo-Ferrol

[editar | editar a fonte]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Entre outras publicacións, a diocese edita a revista anual Estudios Mindonienses.[8]

  1. "Historia". Diócesis de Mondoñedo-Ferrol (en castelán).
  2. Cal Pardo 2007, pp. 117-118.
  3. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 mondonedoferrol.org (ed.). "Episcopoloxio da Sé de San Martiño". Consultado o 23 de agosto de 2025.
  4. Montero Santalha, José-Martinho (1989). "A diocese de Mondonhedo no tombo medieval do mosteiro de Samos". Estudios Mindonienses (5): 883–891.
  5. Cal Pardo 2003, p. 87.
  6. En varias fontes nomeado Nuno Afonso, Nuño Adefonsiades e mesmo Nuño Alfonso.
  7. Luis Ángel de las Heras, nuevo obispo de Mondoñedo-Ferrol
  8. "Estudios mindonienses" (en castelán). Consultado o 9.03.2026.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]