Adrián Estévez
Adrián Estévez | |
---|---|
![]() | |
Alcume | Estevoaei |
Nacemento | 26 de outubro de 1983 |
Lugar de nacemento | Pontevedra |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo e IES Sánchez Cantón |
Ocupación | wikimedista e filólogo |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Adrián Estévez Iglesias, nado en Pontevedra o 26 de outubro de 1983, é un filólogo, escritor e wikimedista galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Cursou o bacharelato no IES Sánchez Cantón de Pontevedra. Estudou un ciclo superior de artes gráficas no IES Montecelo, a diplomatura de Maxisterio de educación primaria na Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte de Pontevedra e o grao en Lingua e literatura galegas na Universidade de Santiago de Compostela.[1] Colaborou entre 2016 e 2018 en Pontevedra Viva facendo crítica literaria semanal na sección "Lecturas desde O Alcouce".[1][2] É autor de relatos e traduciu, entre outros títulos, a novela A irmandade da uva (The Brotherhood of the Grape), de John Fante, publicada por Hugin e Munin en 2013.[3]
Edita habitualmente na Galipedia desde 2007.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Adrián Estévez Iglesias". Pontevedra Viva. Arquivado dende o orixinal o 04 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019.
- ↑ "Lecturas desde O Alcouce: 'O curioso incidente do can á media noite'". Pontevedra Viva. 6 de xaneiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 4 de xuño de 2019. Consultado o 4 de xuño de 2019.
- ↑ "A irmandade da uva". Rede de bibliotecas de Galicia. Consultado o 31 de agosto de 2021.