Bernardo Penabade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bernardo Penabade
Bernardo penabade.jpg
Nome completo Bernardo Penabade Rei
Nacemento 1964
Lugar Grañas do Sor, Mañón, Galicia Galicia
Nacionalidade España
Alma máter Universidade de Santiago de Compostela
Xéneros Ensaio
Estudos Filoloxía Galego-Portuguesa
Profesión Mestre
Organización AGAL
editar datos en Wikidata ]

Bernardo Penabade Rei, nado nas Grañas do Sor, Mañón, en 1964, é un mestre galego e foi presidente da AGAL, colectivo a prol do reintegracionismo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade dá clases de lingua e literatura galegas no IES Perdouro de Burela.

Dende 1983 é membro da Associaçom Galega da Língua e entre xullo de 2001 e 2007 foi o seu presidente. Co seu acceso á presidencia rompeuse unha traxectoria máis culturalista da AGAL e o grupo reintegracionista deu pasos na súa dimensión pública, como a participación na constitución da Assembleia da Língua, ensaio de plataforma de traballo conxunto de todos os grupos reintegracionistas, ou como a inauguración dun local de seu.

Obra publicada[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]