Cadernos Ramón Piñeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cadernos Ramón Piñeiro
PaísEspaña
Linguagalega
Fundación2003
Primeira edición2003
editar datos en Wikidata ]

Os Cadernos Ramón Piñeiro constitúen unha publicación de periodicidade variable editada polo Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades como unha contribución ó estudo e á análise do pensamento do filósofo do que collen o nome. Están dirixidos por Armando Requeixo Cuba.

Co subtítulo de Cadernos galegos de pensamento e cultura, márcanse como obxectivo servir de canle de publicación de ensaios breves, investigacións e estudos encadrados dentro das Humanidades, con especial atención ó pensamento filosófico. En distintos números recolleu parte da correspondencia de Ramón Piñeiro con diferentes personalidades.

Naceron o 22 de novembro de 2003[1] co gallo do décimo aniversario da fundación do Centro, e van[cando?] polo número XXXVII, dedicado a Carlos Casares.

Os números están accesibles na páxina web do Centro Ramón Piñeiro[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Cadernos Ramón Piñeiro (I)" 2003. ISBN 84-453-3678-9.
  2. "Páxina web do Centro Ramón Piñeiro". Arquivado dende o orixinal o 05 de novembro de 2017. Consultado o 07 de novembro de 2017.