Colexio Fingoi
| Colexio Fingoi | |||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Lugo | |||||||||
|
Instancia de
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| |||||||||
| Wikidata C:Commons |
O Colexio Fingoi é un centro de ensino privado da cidade de Lugo, cuxo primeiro director foi Ricardo Carvalho Calero.
Historia
[editar | editar a fonte]Foi fundado no ano 1950 polo empresario Antonio Fernández López, acolléndose á Lei de Centros Experimentais que permitía poñer en marcha unha serie de reformas de tipo pedagóxico.[1] Nos Estatutos deixa deseñado un Modelo Pedagóxico centrado nos Ciclos da Natureza, científico, de coeducación, de ensino globalizado e personalizado, natural, experimental e experiencial que require dun profesorado implicado e comprometido coa reflexión sobre a práctica para ir dando resposta ás diferenzas individuais e ás novas necesidades e retos educativos de cada momento con afán innovador.[1]
Tivo como primeiro director a Ricardo Carvalho Calero, e como profesores a Anxel Xeán, José Cabanillas, Vicente Devesa, Chicha Fernández, Ana María Pardo Múgica, Luís Gómez Pacios, Carlos Varela Veiga, María Luisa Pumariño Vilela e tamén a Xosé Luís Méndez Ferrín, Bernardino Graña, Arcadio López Casanova.[1]
O colexio formaba parte dun proxecto cultural máis amplo, o denominado "Centro de Estudos Fingoi", onde se concedían bolsas para investigación e estudo da cultura galega. Para dignificar a cultura galega e introducila na escola, desde os anos corenta organizou Cursos de Formación para mestres rurais.[1]
No mes de xuño de 2010 tiveron lugar os actos de celebración do 60 aniversario da fundación do colexio.
Arquitectura
[editar | editar a fonte]O edificio principal foi deseñado polo arquitecto galego Manuel Gómez Román.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 "Colexio Fingoi, Historia". Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2016. Consultado o 4 de febreiro de 2016.
- ↑ Víctor F. Freixanes. «Manuel Gómez Román» La Voz de Galicia, 23/11/2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Colexio Fingoi |
