Saltar ao contido

Luz Pozo Garza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLuz Pozo Garza

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de xullo de 1922 Editar o valor en Wikidata
Ribadeo, España Editar o valor en Wikidata
Morte20 de abril de 2020 Editar o valor en Wikidata (97 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Oviedo Editar o valor en Wikidata
Q89547790Códice Calixtino
Actividade
Ocupaciónpoetisa, escritora, crítica literaria Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía, ensaio
Familia
CónxuxeEduardo Moreiras (1982–1991), morte
Francisco Vázquez Ramudo (1944–década de 1980), divorcio Editar o valor en Wikidata
FillosGonzalo, Mónica e Luz Vázquez Pozo Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGran Enciclopedia Galega Silverio Cañada
Gallegos
Diccionario bio-bibliográfico de escritores Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1016600 Bitraga: 2872 AELG: 198 BUSC: pozo-garza-luz-1922-2020 Dialnet: 289980

Luz Pozo Garza, nada en Ribadeo o 21 de xullo de 1922 e finada na Coruña o 20 de abril de 2020, foi unha escritora, crítica literaria e poeta galega, unha das máis destacadas da literatura galega da segunda metade do século XX, renovadora tanto na forma como na temática abordada. Códice Calixtino (1986, Sotelo Blanco Edicións) é unha das súas obras máis destacadas. En 1995 foi recoñecida coa Medalla Castelao. Dende 1996 foi membro numerario da Real Academia Galega, ocupando o cargo de vicesecretaria de 1997 a 2001. En 2007 foi proposta pola Asociación de Escritores en Lingua Galega para o Premio Nobel de Literatura. Os seus poemas foron traducidos ao castelán, portugués, catalán, francés, inglés, alemán, húngaro, ruso e xaponés.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Filla de Gonzalo Pozo y Pozo, inspector veterinario e militante de Izquierda Republicana e Luz Garza Feijoo, mestra políglota, ata os sete anos de idade (1929) viviu en Ribadeo, onde comezou a estudar con Prieto Coussent[1], posteriormente residiu en Viveiro ata o verán de 1936.[2] Con catorce anos de idade, por mor da Guerra civil española e da persecución da que foi obxecto seu pai, cofundador en Viveiro do Partido Republicano Radical Socialista, detido e preso na cadea dos sotos do edificio da emisora local de radio de Lugo, trasladouse coa súa nai e irmáns a vivir nunha fonda da rúa Bispo Aguirre desa cidade ata finais de 1938.[a][3] Aos 15 anos de idade comezou a colaborar con Radio Lugo.[4] Xa co pai liberado, e coa axuda do tío Román del Pozo y del Pozo, funcionario de facenda en Tetuán,[5] foron a vivir a Larache (Protectorado Español de Marrocos). O seu único irmán varón, Gonzalo, mobilizado polo bando nacional, morreu no Hospital Militar de Jaca en 1939, aos vinte anos de idade.

Volveron a Viveiro en 1940. Durante eses anos de posguerra finalizou o bacharelato. Fixo estudos musicais de solfexo, piano, violín e laúde que deixaron unha singular pegada na súa poética, estudos de maxisterio e de filoloxía románica. Casou en maio de 1944 cun profesor seu da academia Minerva, Francisco Vázquez Ramudo, despois alcalde de Viveiro de 1957 a 1963,[6] e tivo un fillo, Gonzalo (1945), e dúas fillas, Mónica (1959) e Luz (1962). Foi á Universidade de Oviedo a estudar literatura, sendo alumna de Carmen Bobes e Emilio Alarcos Llorach e licenciándose en Filosofía e Letras en 1963. Iniciou a andaina literaria primeiramente en castelán, para se decantar exclusivamente polo galego na década dos oitenta.[7]

Os seus traballos foron publicados en Las Riberas del Eo, La Noche, Poesía Española, Ínsula, Vida Gallega, Ateneo Ferrolán e Galeuzca.[8] Segundo a mesma autora, Dionisio Gamallo, foi o seu mentor.[9] Frecuentou o trato cos poetas Luís Pimentel e Eduardo Moreiras, ao que coñeceu en 1948 e co que casou en segundas nupcias en 1982, tras divorciarse do seu primeiro marido.[7] O pasamento de Moreiras, en 1991, afectoulle profundamente.[10]

Desenvolveu en Badaxoz (moi pouco tempo), Corcubión (como directora), A Coruña e Vigo unha longa traxectoria de docente de lingua e literatura españolas no ensino secundario,[7] xubilándose en 1987 no Instituto de Nigrán. Entre 1975 e 1976 codirixiu Nordés: revista de poesía y crítica xunto a Tomás Barros (aínda que tivo que figurar como subdirectora pola forte discriminación de xénero do réxime franquista).[11][7] Promoveu tamén a creación da revista Clave Orión, que botou a andar en 1995.[2]

Formou parte da promoción de enlace, entre a xeración do 36 e a xeración das Festas Minervais, canda Ramón González-Alegre, Faustino Rey, Antón Tovar, Tomás Barros, Xavier Costa Clavell, Eliseo Alonso, Manuel Cuña Novás, María do Carme Kruckenberg, Xosé Neira Vilas, José Ángel Valente, Manuel Blanco Mariño e Antón Santamarina Delgado.[12]

Foi membro correspondente da Real Academia Galega dende 1950.[11] A proposta de Xesús Alonso Montero, Carlos Casares e Salvador García-Bodaño, pasou a ser membro numerario o 29 de novembro de 1996, a segunda muller en facelo (tras Olga Gallego), pronunciando o discurso titulado Diálogos con Rosalía,[13] respondido por Alonso Montero. Foi vicesecretaria da institución de 1997 a 2001,[8] a única muller que ocupou un posto de dirección durante a presidencia de Francisco Fernández del Riego.[14] Foi membro e directiva do PEN Clube de Galicia.[8]

A poesía de Luz Pozo bebeu con frecuencia na fonte de Rosalía de Castro.[11] O seu libro máis coñecido, Códice Calixtino, formado por poemas escritos basicamente na década dos oitenta, publicado por primeira vez no ano 1986 en Sotelo Blanco, na colección Leliadoura, é unha obra de plenitude na que se unen luz e sombra, paixón e melancolía, vida e morte, tradición e modernidade, mediante unha expresión intimista, unha obra para unha literatura na que Luz Pozo é confluencia de xeracións e creadora dun novo e vivo xeito de sentir a poesía.[15] O comezo do século XXI foi tamén para a escritora un momento de exploración da inspiración gaélica, unha conexión literaria á que chegou por motivos familiares, reflectida en As arpas de Iwerddon (Linteo 2005).[11]

Ten dado ao prelo numerosos traballos sobre Rosalía de Castro, Ramón Otero Pedrayo, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, Rafael Dieste, Manuel Antonio, Xosé Luís Franco Grande, Álvaro Cunqueiro, Tomás Barros, Martín Codax e Luís Seoane que viron a luz en Grial e Nordés sobre todo.[8][16]

Pronunciou conferencias nas Universidades de Berlín, Heidelberg, Tréveris e Bruxelas e participou en distintos congresos e seminarios nacionais e internacionais.[8]

Luz Pozo foi, segundo Rosario Álvarez Blanco "unha voz ilustre na nosa poesía desde a publicación do seu primeiro poemario en galego, O paxaro na boca (1952), que inaugurou a colección Xistral".[14] Na súa obra posterior Luz Pozo achega unha poesía inzada de sensualidade e profunda, na cal o amor, a inquedanza existencial, a patria, a liberdade e mesmo a morte se entrecruzan compondo textos de sublime autenticidade e madurez.[17]

Finou como decana da poesía galega, aos 97 anos de idade, o luns 20 de abril de 2020, na Coruña, a cidade na que residía dende finais dos anos oitenta.[11]

Obra en galego

[editar | editar a fonte]

Naquela cidade
onde unha rapaza escribía un diario secreto
na noite
mentres o soño desvalido semellaba finxir
silencios compartidos
nesa vella cidade do norte
o primeiro poema de amor fluctuaba
coma un blues nostálxico
na noite.

— "Far blues". Códice Calixtino.

  • A bordo de "Barco sin luces" ou o mundo poético de Luís Pimentel, 1990, Sotelo Blanco.[g]
  • Álvaro Cunqueiro e "Herba aquí ou acolá", 1991, Editorial Galaxia.[26]
  • Galicia ferida: a visión de Luís Seoane, 1994, Ediciós do Castro.
  • Diálogos con Rosalía, 1996, discurso de ingreso na RAG.[13]
  • Ondas do mar de Vigo: erotismo e conciencia mítica nas cantigas de amigo, 1996, Espiral Maior.

Antoloxías e obras colectivas

[editar | editar a fonte]
Plenario da RAG en 2013.
As súas acendidas prosas poéticas, inspiradas por Eduardo, teñen como fío argumental o itinerario sensual e sentimental de historia primeira dos amantes como presaxio e desenvolven, en dialéctica permanente, os temas da paixón erótica e da desolación sentimental, aínda que se superpoña sempre a primeira en apoteótico estalido cósmico de orxía dionisíaca.[j]

— Carmen Blanco, 2006.[29]

Compuxo a letra do Himno do Congreso Eucarístico de Viveiro, arranxado por Hernán Naval para a ocasión da homenaxe á Virxe dos Remedios feita na década dos noventa.[30]

Obra en castelán

[editar | editar a fonte]
  • Ánfora, 1949, Vigo, edición da autora. Con portada de Xosé Sesto representando a Dánae.
  • El vagabundo, 1952, Ribadeo, edición da autora.[k]
  • Cita en el viento, 1962, Viveiro, edición da autora. Dedicado a Dionisio Gamallo.
  • Últimas palabras/Verbas derradeiras, 1976. A Coruña: Nordés.
  • Sol de medianoche, 2013, Eurisaces.[l]

Premios e recoñecementos

[editar | editar a fonte]
Rúa na Pobra do Caramiñal.
Monólito homenaxe a Luz Pozo Garza en Ribadeo, xunto á capela da Virxe do Camiño.
Monólito homenaxe a Luz Pozo Garza en Ribadeo, xunto á capela da Virxe do Camiño.

En setembro de 2001 foi nomeada socia de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega (letra E),[37] celebrando con ela a «Homenaxe á Escritora na súa Terra» en Ribadeo, chantando un monólito cun poema que seleccionou do libro Vida secreta de Rosalía.[38] Ese mesmo ano, Ribadeo adicoulle unha rúa.[39] Asemade, ten rúas adicadas no Burgo de Culleredo,[40] na Coruña[41][42] e na Pobra do Caramiñal.

En 2007 a AELG acordou, na asemblea anual celebrada no Museo do Pobo Galego, propoñela á Academia Sueca, canda Xosé Luís Méndez Ferrín, como candidata ao Premio Nobel de Literatura,[43] sendo a primeira muller galega nomeada para un Premio Nobel.[44]

En 2017, co gallo do seu 95 aniversario, a RAG rendeulle unha homenaxe. No acto recitáronse versos da súa autoría por dez poetas de distintas xeracións. A escolma foi recollida no opúsculo Un pozo de luz.[28]

En 2018 déronlle o seu nome á Escola Oficial de Idiomas de Viveiro,[45] concello que a nomeou filla adoptiva.[46]

A finais de 2019 foi proposta para filla predilecta de Ribadeo, nun expediente instruído pola concelleira de Cultura, Pilar Otero Cabarcos. Foi nomeada o 18 de xaneiro de 2020.[9][47][48] Despois do seu pasamento, o concello de Ribadeo decretou poñer as bandeiras a media hasta.[49]

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]
  1. No mesmo edificio no que vivía o poeta Luís Pimentel.
  2. Versión galega autotraducida do orixinal castelán.
  3. Premio de poesía Miguel González Garcés 1992.
  4. Edición de Andrés Pociña e Aurora López.
  5. Recolle catorce poemarios de 1949 a 2004.
  6. Edición, ao coidado de Olivia Rodríguez e Henrique Alvarellos, coa colaboración de Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer, que asinan senllos poemas ao final da obra. Luz Pozo é a autora da ilustración da capa e dos debuxos interiores.
  7. Edición corrixida e ampliada no 2011, publicada por Alvarellos Editora.
  8. Con Henrique Monteagudo e Xesús Alonso Montero.
  9. Edición de Maximino Cacheiro.
  10. Tradución, de gl.wikipedia.org, do orixinal en lingua castelá:
    Sus encendidas prosas poéticas, inspiradas por Eduardo, tienen como hilo argumental el itinerario sensual y sentimental de historia primera de los amantes como presagio y desenvuelven, en dialéctica permanente, los temas de la pasión erótica y de la desolación sentimental, aunque se superponga siempre la primera en apoteósico estallido cósmico de orgía dionisíaca.
  11. Escrito en 1950 para o Premio de Poesía Adonais. Repite a portada de Sesto. Dedicado aos poetas Gerardo Diego, Gamallo, Rabanal e Moreiras. Inclúe ilustracións de Lugrís.
  12. Elexía dedicada a súa neta, Natalia Vázquez, finada en 2012 aos 39 anos de idade. Con prólogo de Ramón Loureiro e epílogo de Javier González Lamelas.
Referencias
  1. Otero Cabarcos, Pilar (18/1/2020). "Luz Pozo Garza, filla predilecta de Ribadeo". La Voz de Galicia (en castelán). 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Blanco García 2006, p. 505.
  3. Blanco García 2002, p. 29-30.
  4. Jaureguízar (2/5/2020). "A vida non hai que ferial". La Comarca del Eo (5224). 
  5. Pascual Rodríguez, Roberto (2007). "O harmónico cosmos de Luz Pozo Garza". Madrygal (10): 211–216. ISSN 1138-9664. 
  6. "Inhumados los restos de Francisco Vázquez, ex alcalde de Viveiro". La Voz de Galicia (en castelán). 7/1/2005. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Marco 2007, p. 356.
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 8,6 8,7 "Membros da Academia". Real Academia Galega. 
  9. 9,0 9,1 "Luz Pozo Garza - Novas". Concello de Ribadeo. 15/1/2020. Arquivado dende o orixinal o 01/06/2020. Consultado o 18/01/2020. 
  10. Blanco García 2006, p. 511.
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 "A Real Academia Galega lamenta o pasamento de Luz Pozo Garza". RAG. 20/4/2020. 
  12. Méndez Ferrín 1984, p. 239–241.
  13. 13,0 13,1 Pozo Garza, Luz (29/11/1996). "Diálogos con Rosalía". Real Academia Galega. ISBN 84-89652-30-9. 
  14. 14,0 14,1 Álvarez Blanco, Rosario (2008). "As mulleres na Real Academia Galega". 
  15. Velasco 1998, p. 268.
  16. 16,0 16,1 16,2 Marco 2007, p. 357.
  17. "95 anos de luz" Editorial Galaxia, 21/7/2017.
  18. Vilavedra 2000, p. 93.
  19. Velasco 1998.
  20. "[Vida secreta de Rosalía. Xaponés]". bibliotraducion.uvigo.es. Consultado o 2022-01-27. 
  21. Rodríguez, Olivia (2007). "Luz Pozo Garza: Ángeles con patines blancos en la plaza de O Grove". Cien años de poesía, 53 poemas en catalán, gallego y vasco: estructuras poéticas, pautas críticas (en castelán). Bern: Peter Lang. pp. 303–315. ISBN 978-3-03910-765-0. 
  22. "Deter o día cunha flor". Baía Edicións. ISBN 978-84-96893-79-5. 
  23. "Rosa tántrica". Alvarellos. ISBN 978-84-16460-08-3. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 26 de abril de 2020. 
  24. "Luz Pozo Garza visita as raíces da memoria familiar en 'Pazo de Tor'" RAG, 8/2/2019.
  25. "A Xunta colabora na tradución ao inglés dunha antoloxía poética de Luz Pozo Garza". Xunta de Galicia. 5/10/2021. Arquivado dende o orixinal o 06/10/2021. Consultado o 6/10/2021. 
  26. Álvaro Cunqueiro e Herba aquí ou acolá vista previa en Google Books.
  27. Tres poetas medievais da ría de Vigo vista previa en Google Books.
  28. 28,0 28,1 Rodríguez, Olivia, ed. (2017). Un pozo de Luz. RAG. ISBN 978-84-946005-6-2. 
  29. Blanco García 2006, p. 507.
  30. Ínsua, Emilio Xosé (9/9/2016). "Da tradición musical de Viveiro (II)" (blog). A ínsua do Insua. 
  31. "Corrección de erros. Decreto 167/1995, do 16 de xuño, polo que se concede a Medalla Castelao no ano 1995" DOG 118, 21/6/1995.
  32. Palacios, Xosé María (7/3/2002). "Luz Pozo Garza, premiada como símbolo de la participación cultural de la mujer". La Voz de Galicia (en castelán). 
  33. "Luz Pozo recibe o Premio Letras de Bretaña" Vieiros, 28/2/2008.
  34. "Laxeiro 2014: Luz Pozo" Arquivado 06 de abril de 2019 en Wayback Machine. Fundación Laxeiro.
  35. Santos, Ágatha de (22/2/2014). "Luz Pozo se convierte en la segunda mujer que recibe el Premio Laxeiro". Faro de Vigo (en castelán). 
  36. "A Fundación Otero Pedrayo premia a Luz Pozo Garza, 'a máis sublime das poetas galegas'". Cultura Galega. 4/4/2019. Consultado o 8/4/2019. 
  37. Asociación de Escritores en Lingua Galega
  38. "A escritora na súa terra: Luz Pozo Garza. Ribadeo, 2001" AELG, 22/9/2001.
  39. "Luz Pozo Garza, Filla Predilecta de Ribadeo". La Voz de Galicia (en castelán). 18/1/2020. Consultado o 19/1/2020. 
  40. "Rúa Poeta Luz Pozo". callejero.net. 
  41. "La poetisa Luz Pozo Garza ya tiene su propia calle". 20 minutos (en castelán). 7/3/2007. 
  42. Plano da Coruña Concello da Coruña.
  43. "Luz Pozo Garza e Méndez Ferrín, candidatos galegos ao Premio Nobel de Literatura". Faro de Vigo. 23/1/2007. 
  44. Franco, Camilo (24/12/2007). "«Hai moitos libros de poesía e non todos chegan a un nivel aceptable»". La Voz de Galicia. 
  45. "Luz Pozo Garza xa dá nome á Escola Oficial de Idiomas de Viveiro". Praza.gal. 4/6/2018. Consultado o 4/6/2018. 
  46. Nuevo Cal, Carlos (30/11/2018). "A voz poética de Luz Pozo resoará con máis forza en Viveiro". La Voz de Galicia. 
  47. "Sede Electrónica de Ribadeo - Acta de pleno dec. 2019". Concello de Ribadeo. Consultado o 29/1/2020. 
  48. "Pleno extraordinario o 30 de decembro". Concello de Ribadeo. 25/12/2019. Arquivado dende o orixinal o 01/06/2020. Consultado o 26/12/2019. 
  49. "Pasamento de Luz Pozo". Concello de Ribadeo. 20/4/2020. Arquivado dende o orixinal o 21/04/2020. Consultado o 24/04/2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Vídeos externos
Rexistro de Nós X. M. Álvarez Cáccamo, UVigo, 2013.


Predecesor:
  —  
 
  Vicesecretaria da Real Academia Galega  
 
1997 — 2001
Sucesor:
Salvador García-Bodaño