A Universidade de Oviedo (en asturiano: Universidá d'Uviéu) é unha universidade pública situada en Oviedo, Principado de Asturias (España), con campus en Oviedo, Xixón e Mieres. É a única universidade da comunidade autónoma, onde non existen universidades privadas. O orzamento para o ano 2010 é de 210 millóns de euros .[1]
Foi unha das dez universidades de España durante o século XIX. No curso 2009-10 conta con 27.284 alumnos e 2.154 profesores.[2]
A Universidade de Oviedo é membro fundador do Grupo 9 de Universidades (G9) españolas, creado en 1997 co obxectivo de promover a colaboración entre as institucións universitarias que o integran, tanto no que respecta ás actividades docentes e investigadoras como ás de xestión e servizos.