Manuel Remuñán Ferro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaManuel Remuñán Ferro
Biografía
Nacemento17 de novembro de 1921 Editar o valor em Wikidata
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Morte1 de febreiro de 2014 Editar o valor em Wikidata (92 anos)
Santiago de Compostela, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxurista , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Premios

Dialnet: 920319

Manuel Remuñán Ferro, nado o 17 de novembro de 1921 na Casa da Concha, actual sede do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela na rúa da Conga en Santiago de Compostela e finado o 1 de febreiro de 2014 con 92 anos de idade, tamén en Santiago, foi profesor Doutor de Dereito Público e Privado e de Relacións Internacionais na Universidade de Santiago de Compostela durante máis de 40 anos, até que se xubilou.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi xerente da empresa Fraga durante 25 anos, cargo que herdou do seu pai, profesor de Literatura na USC, que xestionaba o Teatro Principal e o Salón Teatro en Santiago.

Adicouse, de xeito altruísta, a defensa do patrimonio histórico compostelán ao longo de máis de 50 anos polo que foi membro do comité español do ICOMOS, da Comisión de Defensa do Patrimonio Histórico Artístico de Santiago de Compostela e da Comisión Asesora da Cidade Histórica do Concello e asesor cultural da Xunta de Galicia na Comisión do Patrimonio Histórico da Cidade.

Concelleiro de Unión de Centro Democrático, como independente, na primeira corporación democrática en Santiago de Compostela.

Tivo un papel destacado nas medidas de rehabilitación para acadar que Santiago de Compostela fora declarada pola UNESCO coma Patrimonio da Humanidade, xunto con Xerardo Estévez, daquela alcalde de Santiago.

O 11 de decembro de 1983, ingresou coma Académico Correspondente da Real Academia Galega.[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]