Ateneo Ferrolán
Ateneo Ferrolán | |
---|---|
Tipo | asociación cultural |
Data de fundación | 1879 |
Sede | Ferrol |
País | Galicia |
43°28′55″N 8°14′23″O / 43.4819596, -8.2396515 | |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Ateneo Ferrolán foi fundado en 1879, persistindo até o seu peche durante a ditadura franquista, e refundado en 1976. Desde entón converteuse nun punto de referencia e consulta dentro do mundo cultural de Ferrol e en xeral de Galicia. Organiza actividades culturais de diversos eidos (debates, cine, conferencias, mesas redondas, exposicións, concertos...), acadando unha gran capacidade de convocatoria, sendo unha entidade que ofrece o seu espazo ás diversas entidades e asociacións que queiran dispoñer das súas instalacións.
Descrición
[editar | editar a fonte]O ateneo, como entidade sen fin de lucro, ocupa un dos primeiros lugares como dinamizador da cultura en Ferrol, desenvolvendo as súas actividades a través das Vocalías de Música, Cine, Teatro, Ciencias e Humanidades, Artes Plásticas, Ambiente, Muller, Arqueoloxía, Xuventude, Publicacións..., tentando dar resposta cultural ás necesidades da cidade e da comarca de Ferrol. As súas actividades desenvólvense en función dunha demanda social concreta ó servizo da cal orientamos os seus esforzos.
Polas características propias de promoción e defensa da cultura galega, tódalas súas manifestacións, ben orais ou escritas, realízanse dun xeito único en lingua galega, o mesmo que toda a súa administración está elaborada, de sempre, en galego.
Todo este esforzo cultural e os seus fins, non lucrativos, fan que as súas programacións sexan na súa maior parte abertas ó público e de xeito gratuíto, cun gran contido e interese social, polo cal teñen unha grande aceptación cidadán.
A sede está situada nun edificio histórico[1] do século XVIII, restaurado polos arquitectos Alfredo Alcalá e Francisco Iglesias, enclavado no tamén histórico barrio da Magdalena, preto do Mercado Central.
Na planta baixa sitúase o Salón de Actos con capacidade para 100 persoas. Na primeira planta está a Secretaría, sala de xuntas, sala exposicións, sala de socios e cafetería. Na segunda planta está a sala de exposicións, e na terceira planta está a Biblioteca e a única hemeroteca da comarca, que conta con prensa diaria local e estatal.
Dende hai anos lévanse facendo actividades permanentes, algunhas incluso de renome internacional:
- Certame Atenea de Teatro Infantil e Xuvenil.
- Certame Fotográfico sobre o Ambiente.
- Concurso Internacional de Gaita Galega Constantino Bellón.
- Xornadas da Gaita.
- Xornadas de Curtametraxes.
Tamén se fan outras estables como:
- Publicación da revista trimestral Atenea.
- Publicación anual do Caderno, orientado fundamentalmente á recuperación histórica do patrimonio cultural de Ferrolterra.
- Edición do CD das finais do Concurso de Gaita Galega Constantino Bellón.
- Cine, excursións e exposicións.
E a posibilidade, segundo coñecen asociacións culturais, A.VV., partidos políticos ou entidades, de facer calquera outro acto que se propoña, posto que o Ateneo é unha entidade sen ánimo de lucro aberta a calquera iniciativa.
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ateneo Ferrolán |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Ateneo Ferrolán". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- "Ateneo Ferrolán". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.