Saltar ao contido

Lingua húngara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lingua húngara
magyar nyelv Editar o valor en Wikidata
LL-Q5885%20%28tam%29-Sriveenkat-%E0%AE%85%E0%AE%99%E0%AF%8D%E0%AE%95%E0%AF%87%E0%AE%B0%E0%AE%BF%E0%AE%AF%20%E0%AE%AE%E0%AF%8A%E0%AE%B4%E0%AE%BF.wav pronuncia
Representación esquemática
Imaxe
 Subclase de
 Lista do elemento
 Nome orixinal
magyar nyelv
magyar Editar o valor en Wikidata
 Caracterizado por
 Historia
Propiedades
 Número de falantes
12600000 (2019) Editar o valor en Wikidata
 Institución de normalización
 Tempo gramatical
 Estado de lingua da UNESCO
segura
Clasificación lingüística
Localización
Identificadores
Freebase/m/02ztjwg Editar o valor en Wikidata
ISO 639-1hu Editar o valor en Wikidata
ISO 639-2hun Editar o valor en Wikidata
ISO 639-3hun Editar o valor en Wikidata
ISO 639-5hun Editar o valor en Wikidata
IETFhu Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
BNE: XX530477
Wikidata C:Commons

O húngaro[1] e unha lingua da familia fino-úgrica. Fálase en Hungría e áreas adxacentes de Romanía, Serbia, Eslovaquia, Croacia, Austria e Eslovenia. O nome da lingua en húngaro e Magyar. Dos 14,5 millóns de falantes, uns 10 millóns viven na Hungría. O pobo que orixinou a lingua, os maxiares, emigraron dos Montes Urais no século IX para o oeste, fixándose na actual Hungría.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

O húngaro pertence ao grupo das linguas ugrofinesas da familia das linguas urálicas, máis especificamente, dentro do subgrupo das linguas ugrias. Xunto co estoniano, o éuscaro e o finés, pertence ao grupo das linguas europeas que non son da familia das linguas indoeuropeas, coas que tamén comparte o trazo tipolóxico de ser unha lingua aglutinante.

Esta é a teoría aceptada entre os lingüistas profesionais, se ben existen outras que pretenden emparenta-lo co turco polas semellanzas que comparten, ou co huno; porén, a maioría desas teorías alternativas non ten fundamento lingüístico algún, polo tanto non son aceptadas pola Academia Húngara de Ciencias, sendo consideradas pseudocientíficas.

Status oficial

[editar | editar a fonte]
Lingua húngara en Voivodina, Serbia (censo do 2002)

O húngaro é a lingua oficial de Hungría, polo que posúe un status de lingua oficial da Unión Europea.

O húngaro tamén é lingua oficial da rexión serbia de Voivodina e en tres concellos de Eslovenia: Hodoš, Dobrovnik e Lendava.

A lingua húngara é considerada unha lingua minoritaria ou lingua rexional en Austria, Croacia, Romanía, Bucovina e Zakarpattia na Ucraína, e en Eslovaquia.

Na Romanía e na Eslovaquia, a lingua húngara ten status oficial naquelas vilas e concellos cunha poboación de etnia húngara maior do 20% da poboación total.

Distribución xeográfica

[editar | editar a fonte]

O húngaro fálase como lingua materna nos seguintes países:

País Falantes
Hungría 10 millóns(censo do 2001 Arquivado 27 de setembro de 2007 en Wayback Machine.)
Romanía
(principalmente na Transilvania)
1 443 970 (censo do 2002)
Eslovaquia 520.528 (censo do 2001)
Serbia
(principalmente en Vojvodina)
293.299 (censo do 2002)
Ucraína
(principlamente no óblast de Zakarpattia)
149,400 (censo do 2001)
Estados Unidos 117.973 (censo do 2000)
Canadá 75.555 (censo do 2001 Arquivado 13 de febreiro de 2008 en Wayback Machine.)
Israel 70.000
Austria
(principalmente no estado de Burgenland)
22.000
Croacia 16.500
Eslovenia 9.240
Total 12-13 millóns
Fonte: Censos nacionais, Ethnologue

No mundo viven arredor de nove millóns de falantes de húngaro, salientando, ademais dos países mencionados ao comezo do artigo, a Arxentina, Australia, Bélxica, Brasil, Canadá, na República Checa, Finlandia, Francia, Alemaña, nos Países Baixos, Italia, Suíza, no Reino Unido, nos Estados Unidos e en Venezuela.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para húngaro.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.