Emilio Ínsua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Emilio Ínsua
Emílio Xosé Ínsua (AELG)-1.jpg
Datos persoais
Nacemento 1967
Lugar Viveiro, Galicia Galicia
Actividade
Lingua Galego
Xéneros Poesía e ensaio
Estudos Filoloxía galego-portuguesa

Emilio Xosé Ínsua López, nado en Viveiro en 1967, é un escritor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Doutor en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela e Profesor de Lingua e Literatura no IES A Basella, de Vilanova de Arousa.

Fai parte do consello de redacción da revista Cerna, editada por ADEGA. Colaborou con relativa frecuencia cos semanarios Heraldo de Vivero, La Voz de Ortigueira e A Nosa Terra. Foi socio fundador Mesa pola Normalización Lingüística, membro do consello da editorial Letras de Cal e participou como poñente en diversos simposios, congresos e xornadas relacionadas coa lingua e a literatura galega.

Obras[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Edicións[editar | editar a fonte]

  • Entre dous abismos. Nouturnio de medo e morte, de Antón Villar Ponte, 1998, Universidade da Coruña.
  • Pasar sencillamente con un verso en los labios: obra inédita e dispersa, de Antonio Prados Ledesma, 2008, Seminario de Estudos Terra de Viveiro.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • En colaboración con Carlos Nuevo Cal. Obra premiada no XVII Certame Literario Ánxel Fole, no 2003, por O primeiro Villar Ponte: Achegamento ao período de formación do fundador das Irmandades da Fala (1881-1908).
  • IV Premio de Poesía Prados Ledesma do Concello de Viveiro no 2005, por Acontece ás veces a tenrura.
  • XXIII Premio Literario Ánxel Fole no 2009, en coautoría con Carlos Nuevo Cal, por Maruja Mallo: de prometedora pioneira a artista universal. Materiais para unha biografía exacta e completa da pintora viveirense entre 1902 e 1936.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]