Xosé María Álvarez Cáccamo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xosé María Álvarez Cáccamo
Xosé María Álvarez Cáccamo (AELG)-3.jpg
Nome completoJosé María Álvarez Cáccamo.
Nacemento6 de xullo de 1950
Lugar de nacementoVigo
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupacióncrítico literario, especialista en literatura, escritor e profesor universitario
PaiXosé María Álvarez Blázquez
IrmánsCelso Álvarez Cáccamo, Alfonso Álvarez Cáccamo e Berta Álvarez Cáccamo
Xénerospoesía, narrativa, literatura infanto-xuvenil, teatro, ensaio
Na rede
Bitraga: 1313 AELG: 247 Dialnet: 3300092 Discogs: 5146822 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Xosé María Álvarez Cáccamo, tamén coñecido como Pepe Cáccamo, nado en Vigo o 6 de xullo de 1950, é un escritor galego, crítico literario e profesor de lingua e literatura.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela. Desde 1973 foi profesor de ensino secundario. Reside en Santa Cristina de Cobres, Vilaboa.[2]

Ademais de poesía, ten publicados relatos breves, teatro e literatura infantil. A súa obra traduciuse ao catalán, castelán, éuscaro e italiano. Obtivo os premios Esquío, González Garcés e Arume e os Premios da Crítica de Galiza e de España.[3]

Fixo parte do consello editorial das coleccións de Poesía "Mogor" (1976-1980) e "Pero Meogo" (1980) e dos consellos de redacción dos suplementos "Galicia Literaria" de Diario 16 de Galicia (1990-1992) e "Faro das Letras" de Faro de Vigo (1993-1996). Entre 1984 e 2002 formou parte do equipo directivo da Asociación de Escritores en Lingua Galega, da que foi presidente interino tras a dimisión de Carlos Mella (2001) e a elección de Bernardino Graña (2002), e foi coordenador das súas revistas "Nó" e "Contemporánea". Foi membro fundador do "Foro da Cultura" e de "Esculca Observatorio para a defensa dos direitos e as liberdades". Formou parte entre 2003 e 2010 do consello de redacción da revista Grial. Formou parte do colectivo Burla Negra.[4][5]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

É fillo de Xosé María Álvarez Blázquez e mais de María Luisa Cáccamo Frieben, e irmán de Alfonso, Celso e Berta Álvarez Cáccamo.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Culturgal 2010
Xosé María Álvarez Cáccamo na libraría Chan da Pólvora, de Compostela

Poesía[editar | editar a fonte]

Narrativa[editar | editar a fonte]

Literatura infanto-xuvenil[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

Álvarez Cáccamo en Moaña

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Escolma de poesía galega (1976-1984) (1984). Sotelo Blanco
  • Desde a palabra, doce voces (1986). Sotelo Blanco
  • Monólogos (1987) .Sotelo Blanco, teatro
  • Sis poetes gallecs (1990). Editorial Columna. Edición bilingüe galego-catalán
  • Literatura galega século XX (1992). Galaxia
  • Magritte x 3 (1993). Laiovento
  • Los caminos de la voz: seis poetas gallegos de hoy (1995). Deputación de Granada. Edición bilingüe galego-castelán a cargo de Luciano Rodríguez Gómez
  • Desde mil novecentos trinta e seis: homenaxe da poesía e da plástica galega aos que loitaron pola liberdade (1995). Ediciós do Castro
  • Berra liberdade (Escritores galegos por Amnistía Internacional) (1996). Galaxia
  • Novo do trinque (1997). BNG
  • Clásicos e modernos: tres leituras poéticas (1999). Universidade da Coruña
  • Antoloxía consultada da poesía galega 1976-2000 (2000). Tris Tram
  • Escolma de familia (2000). Xerais, poesía
  • Alma de beiramar (2003). Asociación de Escritores en Lingua Galega
  • Carlos Casares: a semente aquecida da palabra (2003). Consello da Cultura Galega)
  • Negra sombra. Intervención poética contra a marea negra (2003). Espiral Maior
  • Raiceiras e vento. A obra poética de Antón Avilés de Taramancos (2003). Laiovento
  • XVIII Festival da Poesía do Condado (2004). S. C. D. Condado
  • Xela Arias, quedas en nós (2004). Xerais, poesía
  • X. Espazo para un signo (2005). Xerais
  • Cartafol poético para Alexandre Bóveda (2006). Espiral Maior
  • Poemas pola memoria (1936-2006) (2006). Xunta de Galicia
  • Poética da casa (2006). Xunta de Galicia
  • Presenza do poema (2006). Espiral Maior
  • Bernardino Graña. Homenaxe no 75 aniversario (2007). Xerais
  • Dix-sept poètes galiciens 1975-2000. Dezasete poetas galegos 1975-2000 (2008). Universidade da Coruña
  • O Miño, unha corrente de memoria. Actas das xornadas sobre a represión franquista no Baixo Miño (2008). Alén Miño, Ponteareas
  • Poemas ao pai (2008). Espiral Maior
  • Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade (2009). Difusora
  • En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova (2010). Toxosoutos
  • Pel con pel (2010). Galaxia
  • 15-M: O pobo indignado (2011). Laiovento
  • XXV Festival da Poesía no Condado. Sem as mulheres nom há revoluçom (2011). S. C. D. Condado
  • Á beira de Beiras. Homenaxe nacional (2011). Galaxia
  • Cociñando ao pé da letra (2011). Galaxia. Colaboración con varios autores sobre poesía e cociña
  • Preludios para Miguel Anxo Fernán-Vello (2011). Laiovento
  • Tamén navegar (2011). Toxosoutos
  • Urbano. Homenaxe a Urbano Lugrís (2011). A Nave das Ideas
  • Banqueiros (2012). Laiovento
  • Cartafol de soños, homenaxe a Celso Emilio Ferreiro no seu centenario (1912-2012) (2012).
  • A cidade na poesía galega do século XXI (2012). Toxosoutos
  • Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto (2013). A. C. Caldeirón
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro (2015). Libro electrónico)
  • De Cantares Hoxe. Os Cantares Gallegos de Rosalía de Castro no século XXI (2015). Fundación Rosalía de Castro/Radio Galega
  • 6 poemas 6. Homenaxe a Federico García Lorca (2015). Biblos Clube de Lectores. Poesía
  • Os aforismos do riso futurista (2016). Xerais. Aforismos

Edicións[editar | editar a fonte]

  • Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro, 1985, Ediciós do Castro.
  • Poesía galega completa, de Xosé María Álvarez Blázquez, 1987, Xerais.
  • Onde o mundo se chama Celanova, de Celso Emilio Ferreiro, 1991, Xerais.
  • 50 anos de poesía galega. A Xeración do 36, 1994, Editorial Penta. Con Xosé Carlos López Bernárdez.
  • Obra poética. Antoloxía. Antón Avilés de Taramancos, 1998, A Nosa Terra e AS-PG.
  • O libro dos cen poemas. Antoloxía da poesía infantil galega, 2002, Espiral Maior. Con Marisa Núñez.
Entrega dos Premios da Cultura Galega 2018.

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Laberinto el clavicornio (1977). Editorial Castrelos

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. asescollaselectivas (2012-01-13). "Xosé María Álvarez Cáccamo". As Escollas Electivas. Consultado o 2022-11-16. 
  2. "Editorial Galaxia Xosé María Álvarez Cáccamo". Editorial Galaxia. Consultado o 2022-11-16. 
  3. "Xosé María Álvarez Cáccamo Galegos Gallegos". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 2022-11-16. 
  4. "Xosé María Álvarez Cáccamo". www.aelg.gal. Consultado o 2022-11-16. 
  5. "Edicións Laiovento - Xosé María Álvarez Cáccamo". laiovento.gal. Consultado o 2022-11-16. 
  6. "Foc blanc". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-26. 
  7. "Le feu blanc". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-26. 
  8. "La llum dels extraviats". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-26. 
  9. "A cazar palabras". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-26. 
  10. ""Ganapán das palabras" de Pepe Cáccamo CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2022-11-16. 
  11. "Dinosaurio Belisario". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-26. 
  12. "Dinosauri Belisari". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-26. 
  13. "Zerribarne dinosaurioa". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-26. 
  14. "Dinossáurio Belisário". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 05 de xuño de 2020. Consultado o 2019-10-26. 
  15. "Memoria de poeta Galaxia LG3 O soportal da Literatura Galega". culturagalega.org. Consultado o 2022-11-16. 
  16. "Edicións Laiovento - AS ARTES DA VIDA DE ÁNXEL HUETE". laiovento.gal. Consultado o 2022-11-16. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]