Ramón Loureiro
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 3 de xuño de 1965 (59 anos) Sillobre, España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista, escritor |
Xénero artístico | Narrativa e ensaio |
Xosé Ramón Loureiro Calvo, nado en Sillobre (Fene) o 3 de xuño de 1965, é un xornalista e escritor galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Xornalista, compaxina o seu labor periodístico en La Voz de Galicia coa literatura.
No ano 2001 recibiu da Universidades do Minho o Premio Caminhos da Memória polo seu ensaio fotográfico A escura terra de Escandoi, no que se reflicte, a través de imaxes en branco e negro, o seu particular universo literario.
Obra en galego
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- Morgado, 1997, Ediciós do Castro.
- O corazón portugués, 2000, Galaxia (despois na Biblioteca Galega 120).
- As galeras de Normandía, 2005, Xerais. Traducido ao castelán no 2007, co título Las galeras de Normandía en Edaf.
- A oca de Leonardo: última noticia da grande máquina voadora, tamén chamada a verdadeira oca de Leonardo da Vinci, tripulada pola súa excelencia o señor Vizconde de Chateaubriand..., 2006, Biblos Clube de Lectores.
- A saga de San Ferreol, 2007, Biblos Clube.
- Principes de Bretaña, estrelas de Compostela, 2009, Biblos Clube.
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Aceiro sobre a auga, 1992, ensaio fotográfico.
- Carlos Casares: nove retratos e unha conversa inacabada, 2002, Fundación Carlos Casares.
- Carlos Casares, 2003, A Nosa Terra.
- As Pontes, 2003, ensaio fotográfico.
- Jofre, o teatro que soñou unha cidade, 2005, La Voz de Galicia.
- A Torre de Hércules. A lámpada do mundo, 2016, Trifolium.
- Casares, 2017, Editorial Trifolium.
Literatura infanto-xuvenil
[editar | editar a fonte]- O peixe de pedra, 2005, A Nosa Terra.
- A oca de Leonardo, 2006, Biblos Clube.
Traducións
[editar | editar a fonte]- Un tranvia cara a SP, de Unai Elorriaga, 2002, Galaxia.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Carlos Gurméndez: vida e sentimiento. Cartas e fotografías, 1997, Concello de Pontedeume. Coordinador con Luís Mera.
- Materia prima: relatos contemporáneos, 2002, Xerais. Narrativa.
- Carlos Casares: a semente aquecida da palabra, 2003, Consello da Cultura Galega.
- Seis ferroláns, 2003, narrativa, Edicións Embora.
- Poetas e Narradores nas súas voces. II, 2006, Consello da Cultura Galega.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
Premios
[editar | editar a fonte]- Finalista do Premio Eixo Atlántico no 2000, con O corazón portugués.
Obra en castelán
[editar | editar a fonte]Narrativa
[editar | editar a fonte]- León de Bretaña, 2009, Edaf (Madrid).
Ensaio
[editar | editar a fonte]- Acero sobre el agua, 1991, Liceo Rubia Barcia.