Enrique Alvarellos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Enrique Alvarellos
Datos persoais
Enrique Alvarellos Iglesias
Nacemento 30 de abril de 1931
Lugar Coruña
Falecemento 2 de xuño de 2004 (73 anos)
Lugar Lugo
Cónxuxe Concepción Casas Dávila
Fillos Cecilia e Henrique
Actividade
Estudos Filosofía, Humanidades e Música
Non confundir con Henrique Alvarellos, o seu fillo

Enrique Antonio Alvarellos Iglesias, coñecido como Enrique Alvarellos, nado na Coruña o 30 de abril de 1931 e finado en Lugo o 2 de xuño de 2004, foi un músico, escritor e editor galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Ligado ao mundo da música fundou en 1961 o coro Entre silveiras e en 1981 o orfeón Xoán Montes e compuxo arredor de 50 pezas musicais. En 1963 organizou a Academia Alvarellos para o ensino da mecanografía seguindo un método propio. En xuño de 1977 fundou a Editorial Alvarellos.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Narrativa
  • Botei 40 anos, 1977, Alvarellos.
Poesía
  • Cen anacos, 1977.
Ensaio
  • Agrupacións corais de Galicia, 1992.
  • Mulleres destacadas de Galicia, con 1.225 entradas, 1993, Alvarellos, ISBN 84-85311-96-5.
  • 70 anos en clave de fa, 2001.
Humor
  • Cen caras de españois, 1983.

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio
  • Bandas de Música de Galicia, 1986.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]