Biblioteca Nacional da Dieta
Aparencia
A Biblioteca Nacional da Dieta (国立国会図書館 Kokuritsu Kokkai Toshokan?) estableceuse no Xapón en 1948 como parte da Dieta do Xapón para labores de administración pública. Esta biblioteca é a única biblioteca nacional do país, e conta con dúas instalacións principais en Toquio e Kyoto, xunto con outras sucursais menores noutras cidades do país. Inaugurouse en xuño de 1948 cunha colección inicial de 100 000 volumes. O primeiro encargado desta organización foi o político Tokujirō Kanamori, mentres que o filósofo Masakazu Nakai serviu como segundo ao cargo. En 1949 a biblioteca fusionouse coa Biblioteca Nacional, previamente denominada Biblioteca Imperial, converténdose na única biblioteca nacional do Xapón.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Kokuritsu Kokkai Toshokan shōshi" (en xaponés). Kokuritsu Kokkai Toshokan. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2011. Consultado o 13 de xaneiro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Biblioteca Nacional da Dieta ![]() |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina web oficial (en xaponés) (en inglés)
![]() |
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|