Saltar ao contido

Borja Golán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBorja Golán

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento6 de xaneiro de 1983 Editar o valor en Wikidata (43 anos)
Santiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
ResidenciaSantiago de Compostela Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxogador de squash Editar o valor en Wikidata
Deportesquash Editar o valor en Wikidata
Premios

Borja Golán Santín, nado no Milladoiro o 6 de xaneiro de 1983, é un ex xogador profesional de squash galego. Proclamouse 17 veces campión de España e está considerado o mellor xogador español de squash da historia.[1][2][3]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
Nunha entrevista en 2017. Nós Televisión.

Comezou a súa carreira profesional no ano 2002 gañando ese mesmo ano o Open de Italia e proclamándose campión de España en Palma de Mallorca.[4] Dende ese momento e ata 2019 gañou todos os partidos que disputou en España, ata que perdeu un partido por primeira vez en 17 anos fronte a Edmon López.[5] Nese período gañou o campionato de España en 16 ocasións, todas excepto a edición de 2010,[6] que non puido disputar pola rotura do ligamento cruzado anterior que sufriu en Bogotá, no Aberto de Colombia, xusto despois de colocarse como número 10 da clasificación mundial ao acadar a final de dito torneo.[7][8]

En 2006 proclamouse subcampión de Europa tras xogar a final contra o francés Grégory Gaultier, posto que repetiu en 2012, cando perdeu na final contra o finés Olli Tuominen.[9] En 2014 alcanzou o posto número 5 do mundo[10] e ao ano seguinte quedou de novo subcampión europeo perdendo na final de novo contra Gaultier.[11] Finalmente en 2016, en Praga, converteuse por primeira vez en campión de Europa, ao gañar na final do torneo ao mesmo Gaultier por 3-2.[12] Tras quedar terceiro en 2017,[13] gañou de novo o título continental en 2018, ao vencer na final ao británico George Parker por 3-2.[14][15] En 2019 alcanzou de novo a final europea, mais non puido gañar ao alemán Raphael Kandra.[16]

En febreiro de 2022 proclamouse por 17ª vez campión de España, tras derrotar na final do campionato ao catalán Iker Pajares, contra o que perdera as dúas anteriores finais.[17]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Foi elixido varias veces mellor deportista de Ames[18][19] e a pista de squash de Bertamiráns leva o seu nome.[20]

En 2024 foi Medalla Castelao.[21]

Palmarés

[editar | editar a fonte]
  • Campión de Europa en 2016 e 2018.[22]
  • 17 campionatos de España.[23]
  • 32 campionatos do circuíto mundial de squash.[23]
  1. "Borja Golán cede la corona de campeón de Europa de squash". Marca (en castelán). 7 de setembro de 2019. Consultado o 15 de xaneiro de 2020.
  2. "Borja Golán, subcampeón de Europa de squash: «Me gusta ir siempre de cara»". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de outubro de 2019. Consultado o 15 de xaneiro de 2020.
  3. "Entrevista a Borja Golán" (en castelán). 16 de maio de 2016. Consultado o 15 de xaneiro de 2020.
  4. "A golpe de raquetazos". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de maio de 2002. Consultado o 15 de xaneiro de 2020.
  5. "Borja Golán perde un partido en España 17 anos despois". TVG. 11 de febreiro de 2019. Consultado o 15 de xaneiro de 2020.
  6. "No diga squash español, diga Borja Golán". El Correo Gallego (en castelán). 13 de febreiro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2020. Consultado o 15 de xaneiro de 2020.
  7. "Borja Golán, del 'top ten' al quirófano". Marca (en castelán). 15 de outubro de 2009. Consultado o 15 de xaneiro de 2020.
  8. "El gallego que manda en el squash español". La Voz de Galicia. 8 de outubro de 2011. Consultado o 15 de xaneiro de 2020.
  9. "Borja Golán se proclama subcampeón de Europa de squash en Helsinki". El Correo Gallego (en castelán). 29 de maio de 2012. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2020. Consultado o 15 de xaneiro de 2020.
  10. "Borja Golán ya es el número 5". La Voz de Galicia (en castelán). 1 de abril de 2014. Consultado o 15 de xaneiro de 2020.
  11. "Resultados Europeo 2015" (en inglés). Consultado o 15 de xaneiro de 2020.
  12. "Borja Golán, primer español campeón de Europa" (en castelán). 10 de outubro de 2016. Consultado o 15 de xaneiro de 2020.
  13. "O amesán Borja Golán consegue o terceiro posto no Europeo de squash celebrado en Nottingham". 28 de agosto de 2017. Consultado o 15 de xaneiro de 2020.
  14. "Borja Golán, un campión de Europa con 35 anos". TVG. 4 de setembro de 2018. Consultado o 15 de xaneiro de 2020.
  15. "O amesán Borja Golán proclámase bicampión de Europa de squash". 3 de setembro de 2018. Consultado o 15 de xaneiro de 2020.
  16. "Borja Golán cede la corona de campeón de Europa de squash". Marca (en castelán). 7 de setembro de 2019. Consultado o 15 de xaneiro de 2020.
  17. "Borja Golán, campeón de España por decimoséptima vez". Marca (en castelán). 5 de novembro de 2022. Consultado o 5 de novembro de 2024.
  18. "O Concello de Ames premia ao seus mellores deportistas e clubs na VIII Gala do Deporte". 30 de novembro de 2013. Consultado o 15 de xaneiro de 2020.
  19. "Blanca Millán e Borja Golán foron elixidos como os deportistas máis destacados do 2018 na XIII Gala do Deporte de Ames". 26 de xaneiro de 2019. Consultado o 15 de xaneiro de 2020.
  20. "Borja Golán, profeta en su tierra antes de competir en la Grasshopper Cup". El Correo Gallego (en castelán). 2019-03-25. Consultado o 2025-03-09.
  21. Diario, Nós (2024-06-17). "Medallas Castelao 2024: Asociación de Médicos Galegos, Leilía, Maite Isla, López Seijas e Borja Golán". Nós Diario. Consultado o 2024-06-17.
  22. Borja Golán, campeón de Europa por segunda vez (en castelán)
  23. 1 2 Borja Golán gana en Montreal su título 32 del Circuito Mundial de Squash Arquivado 02 de setembro de 2018 en Wayback Machine. (en castelán)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]