Bandeira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Unha bandeira é unha peza de tea, normalmente rectangular, aínda que pode adoptar formas moi variadas, que se suxeita por un dos seus lados a unha hasta, ou se pendura dunha driza, e que se emprega para identificar unha persoa (guión, estandarte, bandeira persoal, bandeira de rango etc.), ou grupo de persoas (bandeira nacional, Nacións Unidas, a Unión Europea, a OTAN e a Cruz Vermella, por citar uns exemplos).

Bandeiras na sede da ONU en Xenebra.

Tamén se emprega para transmitir sinais (como un semáforo), especialmente na navegación marítima. O estudo das bandeiras coñécese como vexiloloxía.

Varias bandeiras.

Curiosidades[editar | editar a fonte]

  • O primeiro país en ter bandeira oficial foi Dinamarca co Dannebrog.
  • A única bandeiras nacionais non rectangulares son a do Nepal (cuxo contorno é de dous triángulos un enriba do outro), e as de Suíza e a Cidade do Vaticano (cadradas).
  • As bandeiras de Venezuela, Colombia e Ecuador son moi parecidas, seguindo as tres o mesmo patrón de tres bandas horizontais amarelo-azul-vermello.
  • As bandeiras con máis cores son as de Suráfrica e Sudán do Sur, que teñen seis (vermello, azul, branco, negro, verde e amarelo).
  • Até o ano 2011, a bandeira nacional de Libia era a única cunha soa cor (verde).
  • Xapón, Bangladesh e Palau presentan un círculo nas súas respectivas bandeiras nacionais.
  • As bandeiras de Mónaco e Indonesia son idénticas, diferindo só nas proporcións.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Bandeira Modificar a ligazón no Wikidata

Outros artigos[editar | editar a fonte]