La Comarca del Eo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Comarca del Eo
Lingualingua castelá
LocalidadeRibadeo
editar datos en Wikidata ]

La Comarca del Eo é unha publicación semanal carácter informativo e cultural de Ribadeo.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Fundada por Francisco Lanza co nome de La Comarca. Semanario Popular Independiente, o primeiro número foi editado o 5 de outubro de 1919 reivindicando o obxectivo de 'defender con absoluta independencia de criterio os intereses da comarca astur-galaica".[1] Cando Lanza emigrou a Arxentina en 1929 fixéronse cargo da publicación Ramón Fernández de Soto (director 1929-1959) e Juan Agustín Mejeras (director 1959-1991), quedando desde 1959 este último coa propiedade. En 1989 mercouno El Progreso de Lugo, pasando a imprimirse nos seus talleres e depender totalmente da infraestrutura da empresa 'El Progreso de Lugo S.L.'. Tras ser director Juan Soto Rodríguez (1991-2008), na actualidade (2019) ten como director a Javier Rivera Ponte[2] e unha difusión arredor do milleiro de exemplares.[1]

Entre outras cousas, no semanario publicouse o primeiro eloxio público a Castelao en Galicia tras o estoupido da guerra civil española, nun artigo de Dionisio Gamallo, ou se mantivo a publicación semanal dos datos meteorolóxicos da estación situada na actual 'Granxa-Escola Pedro Murias'

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 La Comarca del Eo (5/10/2019). "La comarca cumple hoy cien años y lo celebrará con un libro". La Comarca del Eo (5194): 1. 
  2. La Comarca (5/1/2019). "La comarca inicia su centenario fiel a su compromiso con los pueblos de la ría". La Comarca del Eo (5155): 1. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]