Xavier Costa Clavell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Xavier Costa Clavell
Nacemento 30 de maio de 1923
  Chantada
Falecemento 10 de maio de 2006
Nacionalidade España
Ocupación escritor e xornalista
editar datos en Wikidata ]

Xavier Costa Clavell, nado en Chantada o 30 de maio de 1923 e finado en Barcelona o 10 de maio de 2006, foi un escritor e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do xornalista e escritor José Costa Figueiras, el mesmo estudou xornalismo en Barcelona. Participou na fundación do grupo Brais Pinto en Madrid. En 1957 publicou nesa mesma cidade Literatura gallega actual e en 1963 deu ao prelo a súa primeira obra en galego, A rouca gorxa do meu ser, un poemario que foi editado en Buenos Aires e no que se pon de relevo a lingua galega e Galicia como patria dos galegos. En 1977 publicou Os anos do vougo e outros poemas, cun ton socialrealista e Las dos caras de Galicia bajo el franquismo.

Publicou dúas novelas en galego, O conde Villaoíde en 1985 e A Monchiña en 1987;Lume esmorecido publicado en 1999 é un libro de relatos. Traduciu Aires da Miña Terra de Manuel Curros Enríquez ao castelán en 1989. Foi articulista para diversos xornais galegos como La Voz de Galicia, Faro de Vigo, O Correo Galego e Galicia Hoxe e cataláns como La Vanguardia e El Periódico. En 1991 publicou a escolma de artigos xornalísticos Sempre Galicia no meu corazón.

Obra en galego[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • A rouca gorxa do meu ser, 1963, Edicións Tempo Novo, Bos Aires.
  • Os anos do vougo e outros poemas, 1977, Edicións do Castro.

Narrativa[editar | editar a fonte]

  • O conde de Viloíde, 1985, Sotelo Blanco. Novela.
  • A Monchiña, 1987, Edicións do Castro. Novela.
  • Agora que vou morrer axiña..., 1993, Edicións do Castro. Relatos.
  • Lume esmorecido, 1999, Ir Indo. Relatos.

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Perfil conflictivo de Galicia, 1976, Galba.
  • Sempre Galicia no meu corazón, 1991, Sotelo Blanco.
  • A cociña galega en España, 2006, Sotelo Blanco.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Os animais e a tartaruga, de Colette, 1983, Argos Vergara.
  • Unha estoria de botóns, de Roser Capdevila, 1983, Argos Vergara.
  • Historia do parágoas, de Mauricio Montagut e Mercé Company, 1983, Argos Vergara.
  • A pasteleira Adelaida, de Montserrat Ginesta, 1983, Argos Vergara.
  • Os nenos voadores, de Pere Calders, 1984, Argos Vergara.

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Ensaio[editar | editar a fonte]

  • Literatura gallega actual, 1957.
  • Rosalía de Castro, 1967, Plaza & Janés. 2ª edición de 1985, Edicións do Castro.
  • Los Gallegos, 1970, Nós, Bos Aires.
  • Perfil conflictivo de Galicia, 1976, Galba.
  • Las dos caras de Galicia bajo el franquismo, 1977, Cambio 16.
  • Bandolerismo, romerías y jergas gallegas, 1980, La Voz de Galicia.
  • Castelao: entre la realidad y el mito, 1986, Plaza & Janés.
  • Restaurantes gallegos de Barcelona, 1987.
  • La pintura de Patiño, 1990, Sotelo Blanco.

Traducións[editar | editar a fonte]

  • Aires da Miña Terra, de Manuel Curros Enríquez, 1989, Edicions 29. Do galego ao castelán.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Patronato do Pedrón de Ouro de Honra no 1991, polo seu labor en pro da difusión en ampla temática da cultura galega no exterior.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]