Saltar ao contido

Premio Galicia en Feminino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os premios Galicia en Feminino, promovidos pola Consellaría de Familia e Promoción de Emprego, Muller e Xuventude da Xunta de Galicia, foron uns galardóns que recoñecían o labor de profesionais e colectivos a favor da igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.

Os premios foron creados no ano 2001 polo Servizo Galego de Promoción de Igualdade do Home e da Muller mediante resolución de 14 de febreiro de 2001[1]. En 2004 modificáronse as bases mediante resolución de 30 de xaneiro de 2004 para darlle unha maior significación e realce aos mesmos, destacando o labor e o esforzo das mulleres galegas na consecución da igualdade de xénero.[2]

Os premios Galicia en Feminino entregáronse anualmente o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

Así os definía Manuel Fraga:

“nos albores do século XXI, a consecución da igualdade real de oportunidades preséntase como un gran desafío para as sociedades modernas que, como a nosa, propugnan, como valores do seu ordenamento xurídico, a liberdade, a igualdade e a xustiza”. Polo tanto, a entrega destes premios “permite reflexionar sobre os avances conseguidos e fixar obxectivos para continuar avanzando na plena integración da muller en tódolos eidos da sociedade”.

Modalidades

[editar | editar a fonte]

As modalidades convocadas para os premios Galicia en Feminino, cando se creou o premio en 2001, foron:

  • Premio á participación laboral das mulleres.
  • Premio á difusión de imaxe non discriminatoria das mulleres.
  • Premio á participación artístico-cultural das mulleres.
  • Premio á participación social das mulleres.
  • Distinción honorífica pola defensa da igualdade.

A partir de 2004, as modalidades convocadas para os premios Galicia en Feminino, foron as seguintes:[2]

  • Premio Galicia en Feminino: para a figura feminina ou a entidade, asociación, etc. que realizase a actuación máis salientable na consecución da igualdade de oportunidades das mulleres galegas no ano inmediatamente anterior ó da súa convocatoria
  • Premio Galicia en Feminino de participación: para persoas individuais ou entidades, asociacións, etc., das que fora salientable o seu labor nos eidos político, social ou profesional.
  • Premio Galicia en Feminino de cooperación: para persoas individuais ou entidades, asociacións, empresas, clubs deportivos, etc. que se significasen polas súas accións a favor da igualdade de oportunidades para as mulleres galegas.
  • Premio Galicia en Feminino de creación: para unha muller ou grupo de mulleres en recoñecemento do seu labor creativo nos eidos artístico, científico, cultural e divulgador en Galicia.
  • Premio Galicia en Feminino de comunicación: para persoas individuais, colectivos ou empresas, de orixe galega, ou que desenvolvesen o seu labor na Comunidade Autónoma de Galicia.

Galardoadas

[editar | editar a fonte]
  1. ↑ "Resolución do DOG nº 38 do 22/02/2001 - Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2019-04-02.
  2. 1 2 "Disposición do Diario Oficial de Galicia- Xunta de Galicia". www.xunta.gal. Consultado o 2019-03-16.
  3. 1 2 3 4 5 "Premian a una asociación local por su lucha contra la discriminación de género". La Voz de Galicia (en castelán). 2001-03-08. Consultado o 2019-03-17.
  4. 1 2 "En femenino plural para todo el público". La Voz de Galicia (en castelán). 2002-03-08. Consultado o 2019-03-16.
  5. ↑ Palacios, Xosé María (7/3/2002). "Luz Pozo Garza, premiada como símbolo de la participación cultural de la mujer". La Voz de Galicia (en castelán).
  6. ↑ "Fallece de forma repentina María José Jove, vicepresidenta de la inmobiliaria Fadesa". La Voz de Galicia (en castelán). 2002-03-23. Consultado o 2019-03-17.
  7. ↑ "Xornal Vigo: Alfonso Zulueta y María Teresa Fernández, galardonados con el I Premio a la Solidaridad". xornal.vigo.org. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 2019-03-16.
  8. 1 2 3 4 5 E.PÉREZ/. "Ana Pastor y Kina Fernández galardonadas con los Premios Galicia en Femenino 2004 | Galicia | Galicia - Abc.es". ABC (en castelán). Consultado o 2019-03-15.
  9. 1 2 3 4 5 "Una ferrolana, mujer del año". La Voz de Galicia (en castelán). 2005-03-09. Consultado o 2019-03-17.