Ánxel Johán
Ánxel Johán | |
---|---|
Nome completo | Ángel Juan González López |
Alcume | Ángel Johán |
Nacemento | 1901 |
Lugar de nacemento | Lugo |
Falecemento | 1965 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Causa | cancro |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor e poeta |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Ángel Juan Antonio González López, máis coñecido como Ánxel Johán ou Ánxel Xohán,[1] nado en Lugo o 28 de outubro de 1901 e finado en Madrid o 5 de marzo de 1965, foi un escritor e pintor galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Estudou bacharelato na súa cidade natal, ingresou no corpo de Telégrafos en 1918 e en 1932 foi destinado ás Canarias. Colaborou nas publicacións Ronsel e Yunque. Militante de Izquierda Republicana foi detido ao comezo da guerra civil española por cursar un telegrama informando da saída de Francisco Franco cara a Marrocos. Permaneceu no cárcere ata 1942, eses anos pásaos escribindo e traducindo a William Shakespeare. En 1948 volveu a Lugo, traballou nunha empresa da construción e máis tarde como profesor de debuxo do Círculo das Artes. Colaborou nos xornais La Noche, El Progreso e El Pueblo Gallego.
Francisco Fernández del Riego incluíuno na súa Escolma da Poesía Galega en 1955. Creou con Manuel María a Colección Xistral. Atento nos seus últimos anos ás inquedanzas dos pintores novos, incorporouse ao grupo A Gadaña na exposición que estes vangardistas realizaron en Lugo. Morreu de cancro de lingua en 1965.
Na súa etapa canaria de posguerra escribiu poesía e publicou algúns cadernos: Alba esencial (1944), Redondel sin salida (1944), Muerte siempre (1945), La agonía junta (1946). En 1991 publicouse postumamente Sonetos de vida e morte, onde se recolle a súa produción poética en galego.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Ánxel Xohán". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. 2005. ISBN 84-87804-88-8.
- Fernández del Riego, F. (1992) [1990]. Diccionario de escritores en lingua galega (2ª ed.). Do Castro. p. 193. ISBN 84-7492-465-0.
- Méndez Ferrín, Xosé Luis (1984). De Pondal a Novoneyra. Edicións Xerais de Galicia. pp. 57–58. ISBN 84-7507-139-2.