Berna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 46°57′3.89″N 7°26′19.09″E / 46.9510806°N 7.4386361°E / 46.9510806; 7.4386361

Berna
Bern (en alemán)
Berna (en italiano)
Berne (en francés)
Flag of Canton of Bern.svg Berne-coat of arms.svg
City of Berne.jpg
Berna
Situación xeográfica
Berna en Suíza
Berna
Berna
País Suíza Suíza
Cantón Berna
Xeografía
Altitude 542 msnm
Superficie 51,60 km² km²
Poboación
Poboación 123.466 hab
Densidade 2.392 hab/km²
Xentilicio Bernés
Información
Código postal 3000
Alcalde Alexander Tschäppät (SPS)
Páxina web www.bern.ch

A cidade de Berna[1] (en alemán e oficialmente: Bern) é o Bundesstadt (cidade federal, de facto capital) de Suíza. Con 123.466 habitantes (344.000 na súa aglomeración e 660.000 na súa área metropolitana) é a quinta cidade máis poboada da Confederación (despois de Zúric, Xenebra, Basilea e Lausana).

O idioma oficial da cidade é o alemán, e o dialecto local alemán é o alemán bernés, falado pola maioría dos habitantes. Debido á presenza dunha gran parte da administración federal, varias embaixadas e un bo número de inmigrantes, os outros idiomas nacionais e moitos outros poden ser escoitados con facilidade polas rúas.

Ademais Berna tamén é a capital do cantón de Berna, o segundo máis poboado dos cantóns de Suíza. Cómpre destacar como curiosidade que o físico de orixe alemá Albert Einstein elaborou a súa teoría da relatividade mentres traballaba nunha oficina de patentes da cidade.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Río Aar en Berna.

Berna atópase na meseta suíza no cantón de Berna, un pouco ao oeste do centro de Suíza e 20 km ao norte dos Alpes Berneses. A paisaxe ao redor da cidade formouse polos glaciares de finais da Glaciación. As dúas montañas máis próximas a Berna son o Gurten cunha altura de 858 metros e a Bantiger cunha altura de 947 metros. O sitio do antigo observatorio de Berna é o punto de orixe do sistema de coordenadas Suízo. A cidade, até 1834, estaba limitada ao seu centro histórico, pechado entre un meandro do Aar. Coa apertura dos muros e a construción de pontes para atravesar o río, a cidade expandiuse en todas direccións.

A cidade limita ao norte coas comunas de Frauenkappelen, Wohlen bei Bern, Kirchlindach, Bremgarten bei Bern, Zollikofen e Ittigen, ao leste con Ostermundigen e Muri bei Bern, ao sur con Köniz e Neuenegg, e ao oeste con Mühleberg.

Historia[editar | editar a fonte]

Segundo a lenda, o duque Bertoldo V de Zähringen, fundador da cidade, deulle o nome de Berna tras vencer un oso (Bär en alemán). É preciso destacar que na zona houbo osos durante séculos, que de feito aínda hoxe se poden ver mais de xeito testemuñal na fosa dos osos (Bärengraben) cerca do Nydeggbrücke (Ponte de Nidegg).

O territorio da comuna, situado na beira da baixa meseta suíza, onde o Aar describe varios meandros, atopábase xa dende a época prehistórica sobre o eixo de comunicación norte-sur, que dende Alsacia cara aos pasos alpinos polo Xura e o Oberland. Mais a transversal este-oeste, moito máis importante, ía polo pé do Xura e os lagos, ao norte do país, deixando de lado a rexión bernesa.

Na época galo-romana, a cidade tampouco se atopaba na vía que unía o Léman a Vindonissa, vía Aveticum e Petinesca, mais si sobre o camiño, bastante frecuentado, que seguía o Aar cara o Oberland.

Idade Media[editar | editar a fonte]

Extensión máxima da cidade-estado de Berna

As máis antigas fontes que evocan a fundación da cidade en 1191 son a Cronica de Berno (primeira mitade do século XIV) e a crónica de Honrade Justinger (despois de 1420). Berna debe a súa existencia á Casa do Zähringen que querían reforzar a súa posición no espazo prealpino, de cara aos Hohenstaufen e ás familias nobres locais.

A mediados do século XII, a poboación era densa, mais aínda se ignora se existía xunto ao castelo de Nydegg construído por Bertoldo IV, anterior á fundación do burgo.

Máis tarde o duque Bertoldo V de Zähringen fundou a cidade sobre terras do Imperio, outorgándolle dereitos sobre o modelo de Friburgo de Brisgovia. Coa morte do duque en 1218, a cidade pasou a mans do imperio, obtendo de Federico II do Sacro Imperio Romano unha carta chamada Goldene Handfeste. Este diploma enumeraba os dereitos de Berna, confirmados en 1274 por Rodolfo I. A Constitución foi modificada máis tarde, en 1294: o pobo elixe aos Dez e Seis, que designan o novo Consello dos Douscentos ou Gran Consello. Os Dez e Seis e os Douscentos controlan o Pequeno Consello e ao representante ante o Imperio. E en 1353, Berna convértese no oitavo cantón da Confederación Helvética.

Restauración[editar | editar a fonte]

Pazo federal, sede do goberno da Confederacón

A confusión entre a cidade e o cantón baixo o plan administrativo e financeiro cesa co Antigo Réxime. Unha comisión federal procede en 1803 á repartición da fortuna, o dote atribuído á cidade xerou durante a rexeneración algunhas disputas co cantón, que durarían até 1841. Baixo a Mediación, as autoridades municipais estaban compostas dun Gran e dun Pequeno Consello, as corporacións servían como órganos electorais. A Restauración logrou conservar un Gran Consello de cidade de 200 membros, que xunto coas trece corporacións elixía unha administración de 35 membros.

A Constitución de 1831, quita toda preponderancia á cidade de Berna sobre o cantón. Unha comuna política foi erixida en 1832, onde todo cidadán domiciliado e que posuíse unha certa fortuna tiña dereito a votar. O número de electores foi crecendo grazas á forte inmigración e ás leis federais e cantonais promulgadas en 1852, 1859 e 1861, que estendían o dereito ao voto. As mulleres obtiveron a igualdade política en 1968 e a maioría do consello Comunal de 1993 a 1996. A idade de dereito ao voto pasou de 20 a 18 en 1988.

Contrariamente a Zúric, Berna incorporou unha soa comuna, Bümpliz en 1919. As negociacións con outras como Ostermundigen e Bolligen foron todas en balde. Berna converteuse en capital federal en 1834.

Subidivisións[editar | editar a fonte]

Distritos
Barrios

A comuna divídese en seis Stadtteil ('zonas de cidade'), á súa vez subdivididas en Quartiere ('barrios'). Entre algúns dos barrios máis coñecidos atópanse: Bethlehem bei Bern, Bümpliz, Eymatt, Felsenau, Gäbelbach, Matzenried, Neubrück, Niederbottigen, Oberbottigen, Riedbach, Riedern bei Bern, Tiefenau e Waldau. Das fortes concentracións de poboación dos barrios centrais e de Bümpliz-Bethlehem, oponse ao oeste do territorio comunal, con zonas de campo e grandes superficies forestais (fragas de Bremgarten e de Könizberg). Berna é centro dunha aglomeración en pleno crecemento, conformada por 34 comunas (1990). É un centro rexional de educación, cultura e sanidade (once hospitais).

Distrito
Barrios
Superficie (km2)
Poboación[2] (2008)
Distrito I
Cidade Vella
Gelbes, Grünes, Rotes, Schwarzes, Weisses 0,85 3.861
Distrito II
Länggasse-Felsenau
Engeried, Felsenau, Länggasse, Muesmatt, Neufeld, Stadtbach 11,31 18.128
Distrito III
Mattenhof-Weissenbühl
Holligen, Mattenhof, Monbijou, Sandrain, Weissenbühl, Weissenstein, 6,98 28.054
Distrito IV
Kirchenfeld-Schosshalde
Beundenfeld, Brunnadern, Gryphenhübeli, Kirchenfeld, Murifeld, Schosshalde 8,47 23.485
Distrito V
Breitenrain-Lorraine
Altenberg, Breitenrain, Breitfeld, Lorraine, Spitalacker 3,82 24.235
Distrito VI
Bümpliz-Oberbottigen
Bethlehem, Bümpliz, Oberbottigen, Stöckacker 20,18 31.655

Administración[editar | editar a fonte]

Casa do Concello de Berna

Berna réxese por un consello lexislativo de oitenta membros (Stadtrat) e consello executivo de cinco (Gemeinderat).

A partir de 2005, os representantes do Partido Socialdemócrata Suízo e dos tres partidos Verde obtiveron a maioría en ambos consellos (3 a 2 e 43 a 37, respectivamente). Por esta razón, refírense colectivamente como "Centro-Verde-Mermello" (Rot-Grün-Mitte), aínda que non existe un acordo formal de coalición e, no marco do sistema de democracia directa que impera en Suíza, a maioría das cuestións importantes resólvense por referendo xeral. Os outros partidos políticos importantes de Berna son o Partido Liberal Democrático (FDP, liberais) e o Partido Popular Suízo (SVP, nacionalista conservador).

Cultura[editar | editar a fonte]

O Zytglogge, a torre do reloxo e rúas medievais con paseos cubertos con tendas (Lauben)

O centro histórico de Berna conserva a estrutura da Idade Media, o que lle valeu o recoñecemento por parte da UNESCO de Patrimonio da Humanidade. O seu elemento máis característico quizais sexa o Zytglogge, unha torre de reloxio medieval con bonecos en movemento. Tamén acolle a Catedral de Berna (Berner Münster), de estilo gótico e do século XV. Posúe unha das avenidas comerciais cubertas máis longas de Europa, con 6 km. de lonxitude.

Lugares de interese[editar | editar a fonte]

A Berner Münster vista dende a ponte de Kirchenfeld, que mostra a torre campanario e unha ampla terraza

Ademais do xa citado casco vello, Berna presenta estoutros atractivos:

  • A Einsteinhaus, a casa na que Albert Einstein viviu entre 1903 e 1905, en Kramgrasse, 49, acolle hoxe en día unha exposición permanente sobre o sonado físico no mesmo lugar onde desenvolveu a súa teoría da relatividade.
  • O Museo de Historia de Berna é o segundo museo destas características de Suíza en tamaño tras o de Zúric. Foi construido en 1894 e contén pezas relacionadas coa historia de Berna dende a prehistoria ata os nosos días, así como outras de Asia e Exipto.
Vista da cidade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega (aquí) e no Portal das Palabras (aquí) para bernés.
  2. Monatsbericht Januar 2009 (en alemán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Berna

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Listaxe Cidade Cantón Pob. Listaxe Cidade Cantón Listaxe
Pano-Zurich-CityScape-FromGrossMunster-RiverSide.jpg
Zúric
Geneve 2005 001 Ork.ch.jpg
Xenebra
Panorama basel.jpg
Basilea
1 Zúric Zúric 372.047 11 Thun Berna 42.330
2 Xenebra Xenebra 191.415 12 Köniz Berna 38.793
3 Basilea Basilea-Cidade 169.019 13 La Chaux-de-Fonds Neuchâtel 37.523
4 Lausana Vaud 133.280 14 Schaffhausen Schaffhausen 34.587
5 Berna Berna 123.466 14 Friburgo Friburgo 34.490
6 Winterthur Zúric 101.203 16 Vernier Xenebra 33.517
7 San Galo San Galo 72.642 17 Coira Grisóns 33.377
8 Lucerna Lucerna 59.509 18 Neuchâtel Neuchâtel 32.770
9 Lugano Tesino 55.060 19 Uster Zúric 32.285
10 Biel/Bienne Berna 50.455 20 Sion Valais 29.718
Censo 2010

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]