Larache
- Véxase tamén: Larache, Santa Cristina de Cobres, Vilaboa.
Coordenadas: 35°11′00″N 06°09′00″O / 35.18333, -6.15000
Larache | |
---|---|
Leɛrayec العرايش | |
![]() | |
Localización | |
País | ![]() |
Provincia | Larache |
Demografía | |
Poboación | 125 008 hab. (2014) |
Xentilicio | Larachense |
Outros datos | |
Código postal | 92000 |
Alcalde | Mohamed Aït Si Mbarek |
Larache (en bérber: Lleɛrayec, en árabe: العرايش) é unha cidade portuaria localizada no noroeste de Marrocos. É capital da provincia homónima. Situada na rexión Tánxer-Tetuán, dista uns 85 quilómetros de Tánxer e 105 de Tetuán. Atópase situada no litoral atlántico, na marxe esquerda do estuario do río Lucus.
Ten unha poboación de 125 008 habitantes.[1] Nas súas inmediacións (na beira esquerda do estuario do Lucus) atópanse as ruínas de Lixus, un asentamento fenicio e posteriormente cartaxinés que se converteu máis tarde en colonia romana e parte da provincia romana de Mauritania Tinxitana.
Clima[editar | editar a fonte]
Larache ten un clima mediterráneo con abundantes choivas. Os veráns son moderadamente cálidos e soleados, e os invernos húmidos e fríos. A cidade ten de media entre 700 e 800 milímetros de choiva ao ano. En canto ás temperaturas, entre 6 °C e 10 °C no inverno, e entre 27 °C e 35 °C no verán.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Citypopulation.de" (en (en inglés).). Consultado o 26 de setembro de 2017.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Larache ![]() |
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Fereres de Moryussef, Sara: Larache, crónica nostálgica. AIV, Caracas: AIV, 1996.
- López Enamorado, María Dolores. Larache a través de los textos: Un viaje por la literatura y la historia. Sevilla: Junta de Andalucía-Consejería de Obras Públicas y Transportes, 2004. ISBN 84-8095-372-1.