Henrique Alvarellos
Non confundir con Enrique Alvarellos, o seu pai
Henrique Alvarellos | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 10 de outubro de 1968 (51 anos) |
Lugo, ![]() | |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade de Santiago de Compostela |
Ocupación | escritor |
Xéneros | Ensaio |
Estudos | Filoloxía Hispánica |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Henrique Alvarellos Casas, nado en Lugo o 10 de outubro de 1968, é un editor e escritor galego.
Índice
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Enrique Alvarellos Iglesias e Concepción Casas Dávila, colaborou co diario El Progreso a mediados dos oitenta, facendo artigos de crítica musical. Licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela en 1991, fixo posteriormente o máster en Medios de Comunicación da Universidade da Coruña e La Voz de Galicia en 1993. Posteriormente foi fotógrafo e redactor en La Voz de Galicia, cronista de sociedade en El Progreso, guionista de documentais para El Progreso TV, redactor do Telexornal comarcal da TVG na súa delegación de Lugo, correspondente para Galicia da revista Cambio 16, fundador e director da revista Beiramiño de Lugo, responsable de Prensa da Consellería de Obras Públicas, asesor de Comunicación do Xacobeo, de Turgalicia, redactor xefe do Atlántico Diario de Vigo e columnista para a Axencia Galega de Noticias.
Desde xuño de 2004 é o editor e director de Alvarellos Editora.
Obra en galego[editar | editar a fonte]
Ensaio[editar | editar a fonte]
- Territorio auroral. 36 memorias vivas de Compostela, 1997, Consorcio de Santiago de Compostela.
- Galicia en cen prodixios, 2004, Xerais.
- Teoría de Lugo, 2004, A Nosa Terra.
- Descubrir Lugo, 2006, Edicións do Cumio, editada en tres linguas.
- Diario dun pai acabado de nacer, 2008, Xerais.
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- De profesión, periodista. Homenaxe a Diego Bernal, 2001.
- A Coruña á luz das letras, 2008, Editorial Trifolium.
- Marcos Valcárcel. O valor da xenerosidade, 2009, Difusora.
Obra en castelán[editar | editar a fonte]
Obras colectivas[editar | editar a fonte]
- Caminos de Santiago-Caminos de Concordia, 2004, coordinador e coautor.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Henrique Alvarellos na páxina web da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
|