Discriminación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Un negro afroamericano nunha fonte segregada en Carolina do Norte no 1938.

A discriminación[1] (do latín discriminare que alude a seleccionar algo ou a alguén excluíndo aos demais) consiste en dar trato de inferioridade a unha persoa por causas inxustificadas. Por outra banda, a discriminación positiva é un neoloxismo que se refire á protección de carácter extraordinario ou aos privilexios que se dan a un grupo discriminado historicamente (especialmente por razón de raza, sexo, lingua e relixión) para lograr a súa plena integración na sociedade.

Segundo a RAG, discriminar é "dar trato discriminatorio a [unha persoa, un grupo humano] por razóns de sexo, raza, relixión etc."[2]

Cabe dicir que a discriminación non implica ,estrictamente, sufrimento por parte do grupo ou persoa que se esté a discriminar. Pois a discriminación é un termo comparativo no que se dá, ou se intenta dar, un trato diferente a uns individuos con respecto ó que se lle dá a outros. Se un individuo pertencente a un grupo distinto de X está a ser discriminado, non implica que esa entidade vaia a sufrir un desvalor, senon que de facto está a recibir, comparaticamente, unha discriminación de consideración con respecto ós membros de X. Fálase de consideración, pois en todo tipo de discriminación subxace un desigualdade en canto ó que se refire á consideración moral, ou consideración de intereses dos individuos. Esta desigualdade sempre se dá de xeito arbitrario e inxustificado. Esta idea da igualdade como igualdade de consideración, aplicada ós distintos tipos de discriminación, pode verse en autores como Peter Singer.

A esencia do principio de igual consideración de intereses é que nas nosas deliberacións morais damos a mesma importancia aos intereses parecidos de todos aqueles a quen afectan as nosas accións.[3]

Dar un trato privilexiado ós intereses duns por riba doutros é incorrer na desigualdade de consideración e polo tanto nun tipo de discriminación inxustificada. Singer trata os distintos tipos de discriminación (racismo, discriminación de xénero etc.) até chegar ó axima central de toda de toda desigualdade e discriminación que é a inxustificación e arbitrariedade. Non hai criterios morais consistentes para dar un trato diferenciado a outros individuos, toda discriminación carece de argumentos que a fagan xustificable.

Así definirase a discriminación como a consideración, trato, ou intención de trato desfavorable dun individuo ou ente con respecto a outros por motivos inxustificados e/ou arbitrarios.

Se toda discriminación é inxustificable, podemos dicir que o trato desfaborable a alguén por criterios que o fagan xustificable non sería como tal unha discriminación. Así se un individuo lle dá diñeiro a alguén que está enfermo e o precisa para curarse, pero non lle dá diñeiro a calquera outra persoa, iso non sería unha discriminación pois está xustificado o trato desfavorable con respecto a quen non lle está dando os cartos.

Unha vez delimitado o ámbito da discriminación, é convinte falar dun novo termo que se refire á protección de carácter extraordinario ou aos privilexios que se dan a un grupo discriminado historicamente (especialmente por razón de raza, sexo, lingua e relixión) para lograr a súa plena integración na sociedade. Isto é a denominada discriminación positiva ou acción positiva. A través dun vocabulario claramente ideolóxico tratou de impugnarse este tipo de medidas, como co fenónmeno da discriminación inversa aparecido en EEUU e que pretendía delimitar aquel tipo de acción positiva inconstitucional, pero non podemos aceptar isto, ou en certo modo isto non é exacto, tendo en conta que o fenómeno de inxustiza sufrido por un individuo pertencente a un grupo socialmente subordinado (aqueles que recibirían historiccamente unha discriminación e os cales son beneficiarios da acción positiva) diverxe do fenómeno de inxustiza que sofre un individuo pola súa pertenza a un grupo dominante.[4] Vemos así que a discriminación positiva trata de paliar un tipo de discriminación estructural e xerarquizada que se extende no tempo. Así a xustificación desta acción positiva estaría en intentar paliar os efectos dunha discriminación historica. Exemplos de discriminación positiva poden ser as leis de cuotas que se tentan implantar nos postos de poder (parlamentos, postos en empresas etc.) para que haxa unha equidade de número de postos entre mulleres e homes, para suplir a falta de presenza historica de mulleres nestes ámbitos debido a unha discriminación sexista prolongada no tempo.[5]

Tipos de discriminación[editar | editar a fonte]

Dependendo de se o/a axente pertence a un certo grupo[editar | editar a fonte]

  • Discriminación directa: entendemos por discriminación directa a discriminación cara aqueles que non pertencen a un certo grupo Z polo feito mesmo de non pertencer a ese grupo ou por non ter certo atributo que se considera moralmente relevante e que se asimila co grupo Z. Os animais non humanos son constantemente discriminados por motivos deste tipo. Moitas veces alégase que non posúen razón (intelixencia), linguaxe ou incluso alma con respecto ós humanos, e por ende no son considerados moralmente e, consecuentemente, son discriminados. Trátane dun tipo de criterios claramente arbitrarios e non xustifican dita discriminación.
  • Discriminación indirecta: entendemos por discriminación indirecta como aquela que se dá a aqueles individuos que non pertencen a Z por motivos distintos ós da discriminación directa. Hai moitos exemplos de discriminación indirecta, como o daquela xente que non se considera racista pero actua de xeito racista por non ser rexeitado por un grupo ó que el pertence e si é racista. Ou por exemplo o feito de considerar uns productos médicos como prioritarios e por ende ser subsidiados e outros non, como poden ser os productos contra as dores menstruais, isto é unha discriminación de xénero indirecta.[6]

Dependendo da actitude cara o/a axente discriminado/a[editar | editar a fonte]

  • Discriminación cognitiva: entendemos por discriminación cognitiva á discriminación de quen non pertence a un grupo X en base á crenza de que un certo criterio moralmente relevante non é satisfeito por quen non pertence a X. Un exemplo sería unha discriminación sería impedir a educación a unha persoa con síndrome de down polo feito de que cremos que non cumpre un criterio C como un aprendizaxe tan versátil coma o de quen non ten tal síndrome. A discriminación cognitiva pode darse en casos de discriminación directa e indirecta.
  • Discriminación non cognitiva: entendemos por discriminación non cognitiva a aquela discriminación de quen non pertencen a un grupo X debido a unha mera actitude non cognitiva contraria a quen non pertence a X. Un exemplo sería a discriminación cara quen lle desexamos mal. A discriminación non cognitiva sempre é directa.

Dependendo de se o/a axente pertence ó grupo discriminado/a[editar | editar a fonte]

  • Discriminación xerárquica: a discriminación de quen non pertence a un certo grupo X que implica que algúns ou tódolos intereses de quen non pertencen a X conten menos que os que si pertencen a X. O exemplo máis claro é o caso do especismo, que superpón os intereses humanos sobre os do resto do reino animal, afirmando que estes son entes carecen de certos criterios C relevantes para a consideración moral.
  • Discriminación reflexiva: a discriminación de quen pertencen a un grupo concreto no que se atopa quen discrimina. Por exemplo, aquelas mulleres que responden con discursos misóxinos. Un exemplo de discriminación reflexiva podémolo ver neste fragmento da obra de Pilar de Primo de Rivera que di literalmente:

Nunca te queixes se chega tarde, ou se sae a cear ou a outros lugares de diversión sen ti. Tenta, en cambio, comprender o seu mundo de tensión e as súas necesidades reais. Feixe que senta a gusto, que repouse nunha cadeira de brazos cómoda, ou que se deite na recámara. Ten preparada unha bebida fría ou quente para el. Non lle pidas explicacións acerca das súas accións ou cuestións o seu xuízo ou integridade. Lembra que é el amo da casa.[7]

Dependendo da posición do/a axente respecto á discriminación[editar | editar a fonte]

  • Discriminación de segunda orde: temos como discriminación de segundo orde aquel membro dun grupo Z discriminado por opoñerse a un tipo de discriminación. Por exemplo un varón que se opoña á discriminación cara as mulleres e que sexa discriminado á súa vez por outros varóns que o minusvaloren por porse de lado da vítima de primeira orde.
  • Discriminación de primiera orde: temos como discriminación de primeira orde é aquela que é cara un individuo ou entidade por razóns distintas á crencia ou feito de que ese individuo se opoña a unha discriminación de primeiro orde. A discriminación sexista, a discriminación especista, a racista etc. son discriminacións de primeira orde.[8]

A discriminación epistémica[editar | editar a fonte]

Na discriminación epistémica a opinión dunha axente X é considerada menos fiable epistémicamente que a doutros axentes polos mesmos motivos polos que ten lugar algunha outra forma de discriminación. Por exemplo, alguén que ve un debate pode ter en maior consideración as opinións dunha persoa maior á dun xoven ou incluso as de un varón fronte á dunha muller. Isto semella claramente unha discriminación, pois os motivos apelados son os mesmos que para a discriminación sexista en xeral, con respecto á consideración como máis fiable das palabras do varón que da muller que están a debatir. Non lle xera dano directo á muller que está a debatir, pero si está a discriminar e a perpetuar unha situación discriminatoria.[9]

A incorreción da discriminación[editar | editar a fonte]

Malia que moita xente tenta xustificar que algunhas formas de parcialidade son correctas, como as que procuran un maior beneficio cara os seus máis achegados, ou cara aqueles axentes con cales se teñen fins achegados, si que existen persoas que defenden que a discriminación é inxustificable e mala de por si.

  • A discriminación é incorrecta en función do estado mental consistente en discriminar. Aqueles que defenden esta posición, afírman que a incorreción da discriminación radica na clase de disposicion psicolóxica de quen provoca a discriminación. Aínda que non fose danado ninguén, quen defende esta postura considera a discriminación como un erro da moral do axente.
  • A discriminación é incorrecta en virtude de certas facetas obxectivas. Segundo esta posición, sufrir unha discriminación causa un feito incorrecto. Como exemplo, podemos ver que dende esta postura que actos como pensar nalguén mal porque non cumpre un criterio C efectúase un feito incorrecto en si.
  • A discriminación é incorrecta se causa un dano. Segundo esta posición, unha discriminación unicamente é incorrecta se provoca un desvalor. Por exemplo, se pensamos en que unha persoa polo feito de non cumprir un criterio C, este unicamente produce un desvalor se o axente provoca unha privación dun beneficio (dano extrínseco) ou un sofremento (dano intrínseco). O feito de pensar non provoca o dano de por si.

Un problema desta última podición é que se consideramos que a definición de discriminación é que esta é sempre inxustificada, esta sempre sería incorrecta. Se isto é certo, non tería sentido falar de discriminación se non provoca un desvalor, polo que si podería existir certos tipos de discriminacións que non serían incorrectos.

Exemplos de discriminacións[editar | editar a fonte]

Discriminación racial[editar | editar a fonte]

Escultura de Rosa Parks sentada nun dos autobuses públicos onde as leis de segregación racial podían obrigar a un afroamericano a ter que ceder o seu asento a calquera home branco. Museo Nacional de Dereitos Civís, Memphis.[10]

A discriminación racial ou étnica ten lugar cando unha persoa ou grupo de persoas é tratada con inferioridade por pertencer a unha determinada raza ou etnia.

Ó longo da historia existen multitudinarias referencias á unha desvalorización dos caracteres de culturas non occidentais. Un dos grandes exemplos racistas cara as persoas de cor escura era o apartheid en Suráfrica, un réxime segundo o cal os brancos tiñan o poder e os pobos restantes eran obrigados a vivir separadamente, de acordo con regras que lles impedían ser verdadeiros cidadáns. Tamén en países coma EE.UU., no cal estivo aplicada unha segregación racial, ata o punto de haber o dobre de aseos en institucións públicas coma o Pentágono[11], e que desembocaron en confrontacións xurídicas e políticas como a producida por Rosa Parks, activista estadounidense que no ano 1955 sentouse nun asento do autobús destinado a persoas de cor branca.[10] Malia cada vez unha maior parte da sociedade busca eliminar tales xuízos irracionais, si que permanece a presenza en España de racismo cara persoas con trazos diferentes.[12]

Tamén podemos incluir dentro deste discriminacións indirectas como a segregación sexual entre ambos sexos que aínda permanece. Si que existe a unha maior tendencia a unha convivencia "igualitaria", pero prosigue a segregación no aspecto reproductorio, e moitas outras variacións.

Outro dos exemplos máis típicos de racismo é contra as poboacións xudías e xitanas, quen aínda hoxe seguen baixo unha posición pexorativas por razóns ideolóxicas, e que conlevan á discrimininación de individuos por pertencer a tales cominidades ou provir delas, e xustificando tales actos a través de coñecemento pseudocienfífico como o darwinismo social. As súas consecuencias máis notables prodúcense durante o periodo do nazismo en Alemaña, que desenvocou no holocausto.

Discriminación sexual[editar | editar a fonte]

A discriminación sexual ou sexismo é un tipo de discriminación que se deu ao longo da historia especialmente coas mulleres pero que tamén é debido a que os varóns crían que eran superiores ás mulleres e que elas non tiñan capacidade intelectual nin forza física para traballar, o que provocaba que quedaran relegadas ao ámbito doméstico. Hoxe en día tamén se extende por ende a colectivos que varían do modelo binario naturalista. Un dos exemplos máis recurrentes de discriminación foi a negación do sufraxio femenino ata finais do século XIX e se extende ata os nosos días, como é no caso de Arabia Saudita e a Cidade do Vaticano.[13]

Podemos distinguir polo menos tres tipos de sexismo:

  • Discriminación polo xénero: a forma máis visible de sexismo é contra as mulleres. Esta varía dende unha discriminación directa, como a dada por grupos patriarcais e misóxinos, ou indirecta, como en casos de "chistes" con carácter sexista, e que prolongan a perpetuación de estereotipos de xénero. Por exemplo, os principais datos sobre a violencia machista afirman que, dos 186 millóns de mulleres adultas que viven en Europa, unha de cada tres experimentou violencia física ou sexual na madurez (62 millóns de mulleres) ou, o que é o mesmo, foron golpeadas, pataleadas ou obrigadas a manter relacións sexuais á forza ou contra a súa vontade. De feito, segundo esta estatística, unha de cada 20 mulleres foi violada (uns 10 millóns en total).[14] Tamén, en España, en 2016, o home gañou de media 1,25 veces o que gañou a muller. Á discriminación salarial que sofren as mulleres respecto dun home polo mesmo traballo súmase o feito de que as mulleres están infrarrepresentadas nos postos de traballo de maior responsabilidade e salario, ocupando, por exemplo, tan só un 22% dos postos directivos das empresas do IBEX 35. Ademais, están sobrerrepresentadas nos sectores e postos de traballo con salarios máis baixos e maiores niveis de precariedade laboral como, por exemplo, na hostalería ou os traballos domésticos. [15]
  • Discriminación pola identidade de xénero:
    Expresión de homofobia cunha cartel que di "Deus odia ós maricas".
    outro tipo de discriminación son as percibidad por axentes que non se axustan ao modelo binario home-muller, Persoas transxénero son actualmente atacadas por unha actitude "antinatural" e "anticientificista" ao non axustarse ao que di a normatividade. Un exemplo é o caso de mulleres-trans que son agredidas pola rúa, e mesmo son pormenorizadas polas autoridades competentes.[16] En España existe unha política débil cara as persoas transexuais, o que conleva á moitas dificultades para aquelas persoas que son trans. Deben pasar por moi rigurosos exames médicos e psicolóxicos para seren aceptados, e aínda persiste a idea de que a identidade de xénero diferente do sexo biolóxico é unha "enfermidade psicolóxica".[17] Incluso tamén dentro do colectivo LGTBIQ existen diversencias sobre se incluir a aquelas persoas que se contemplen fóra do modelo tetrárquico (cis home e muller; trans home e muller), aqueles que son asexuais, ou os intersexuais, ou demisexuais, ....[18][19]
  • Discriminación pola orientación sexual: existen en moitos paises actitudes contrarias á tolerancia de persoas con diferentes orientacions sexuais. Non foi ata 2005 cando en España se aproba a lei de matrimonio homosexual, polo que aínda se trata dun tema recente[17]. Existen discriminacións en moitos dos sentidos coitás. Por exemplo, as versións máis tradicionalistas ven na homosexualidade unha enfermidade. Outros, malia tolera-la en axentes externos, se se tratan de parentes, contan a comunicación. Existe un alto porcentaxe de fillos expulsados das casas por "saír do armario" en EE.UU. e Brasil. [20] Tamén se contempla a demonización de quen trata de non discriminar (discriminación de segunda orde) como por grupos ultracatólicos como Hazte Oír alegando que vai contra a natureza.

Discriminación lingüística[editar | editar a fonte]

A discriminación lingüística é aquela que atangue ao idioma. A situación na que prevalece unha lingua sobre outra denomínase diglosia, na que unha comunidade de fala utiliza dúas variedades dunha lingua (diglosia en sentido estrito) ou dúas linguas distintas (diglosia en sentido amplo) en ámbitos e para funcións sociais diferentes. Cando interveñen tres ou máis variedades ou linguas fálase de poliglosia.[21] En Galicia acontece dende hai séculos este estado, considerando á lingua castelá a culta, a intelectual, mentres que a lingua galega como a do fogar, a do campo. Esta situación vese actualmente no decrecemento de usuarios máis xoves que empregan o galego, por razóns intrumentais, por influencias dos novos espazos de comunicacións no cal o galego é case inexistente, ou outros motivos.[22]

Contra a lingua galega na historia hai moitos exemplos e testemuñas de discriminación e ataques cara aqueles que empregan este idioma. Por exemplo, a afirmación de Lope de Vega de "si a la lengua la ciencia no acompaña, lo mismo es saber griego que gallego"[23]. Tamén é coñecido o panfleto que dicía "Hable bien. Sea Patriota. No sea Bárbaro. Es de cumplido caballero que Usted hable nuestro idioma oficial, o sea, el castellano. Es ser patriota. Viva España y la disciplina y nuestro idioma cervantino ¡¡Arriba España!!" editado pola Imprenta Sindical da Coruña en 1941 e 1955.[24]

No noso século tamén é coñecida a inttervención de George Steiner en 2008 respecto o uso do galego na quen tivo a seguinte agarrada en 2008 respecto do uso da lingua galega:

(Steiner):me han dicho que hay una universidad en España en la que es obligatorio hablar en gallego.

(entrevistador): Igual que es obligatorio en Cataluña compartir el catalán con el castellano.

(Steiner): ¡Pero no me compare el catalán con el gallego! El catalán es un idioma importante, con una literatura impresionante. Pero el gallego ¿por qué ha de ser obligatorio en una universidad?[25]

Discriminación relixiosa[editar | editar a fonte]

A discriminación relixiosa dáse cando unha persoa ou grupo de persoas recibe un trato desfavorable por non practicar as crenzas relixiosas maioritarias da sociedade na que vive ou por non ter ningunha crenza. Isto é facilmente contemplable no estado español, no cal a Igrexa ten unha prioridade sobre outras comunidades relixiosas como o xudaísmo, o islá ou o budismo por ser minoritaria ou por razóns históricas. Estas

Tamén se dá esta discriminación se unha persoa é discriminada por pertencer a unha comunidade relixiosa concreta. Por exemplo, nestas décadas estase a fomentar a islamofobia derivado de ataques terroristas a occidente, e así demonizando toda a comunidade. En Estados Unidos contrólase cada vez máis a circulación de musulmáns no seu territorio[26].

Discriminación política e xudicial[editar | editar a fonte]

A discriminación política ten lugar cando unha persoa non pode expresar libremente as súas ideas políticas debido a que está baixo un goberno totalitario ou ditatorial. Ten lugar cando unha persoa non pode expresar libremente as súas ideas políticas debido a que está baixo un goberno totalitario ou ditatorial. Así como o propio feito de ser discriminado dentro dun propio grupo por ter ideas diferentes. As discriminación xuridicas implican a distinción de trato ante a lei. No Estado español a casa real non ten as mismas obrigas ante a lei que o resto de cidadáns. Isto considerase tamén unha discriminación, pois o feito de pertencer á casareal é meramente arbitrario, o cal implica que a distinción ante a lei por parte dos membros desta familia está inxustificada.[27]

Discriminación sociocultural[editar | editar a fonte]

A discriminación debido ó nivel cultural e económico prodúcese cando unhas persoas consideran a outras inferiores porque non tiveron o acceso a formación ou por non desfrutar dunha boa situación económica. Por exemplo, existe unha maior consideración cara esas persoas que acadaron un beneficio econñomico maior respecto aquelas que non, e que priorizan as súas opinión como intelectivas. Un exemplo transcorre no Quixote, obra na cal, malia ser o Quixote o máis sabedor da parella, Sancho representa a sabedoría popular e que, moitas veces, é a verdadeira voz intelixente.

Discriminación estética[editar | editar a fonte]

A discriminación estética prodúcese cando unha persoa é tratada de forma inferior porque a súa imaxe persoal non encaixa cos ideais de beleza establecidos na sociedade na que vive. Por exemplo, existe unha gran presión respecto á vestimenta e maquillaxe entre o xénero femenino, e existe unha discriminación moi abismal cara aquelas mulleres que decidiron non respetar os modelos que se estaban a seguir cortando o cabelo e deixando medrar o vello corporal.

Discriminación por idade[editar | editar a fonte]

A discriminación por idade (ageism en inglés) ten lugar cando se trata con inferioridade ou menosprezo ás persoas que non teñen unha determinada idade. Este tipo de discriminación está fundamentado nun conxunto de crenzas, normas e valores que serven para xustificar a discriminación ou a subordinación dunha persoa que pertencen a un grupo de idade Y. Os máis frecuentes padecedores deste tipo de discriminación son as persoas octoxenarias e os adolescentes e nenos.[28]

A discriminación por idade en canto á contratación demostrouse que existe nos Estados Unidos. Por exemplo, Joanna Lahey, profesora da Bush School of Goverment and public Service at Texas A&M, descubriu que as empresas teñen máis de 40% de probabilidades de entrevistar a un solicitante de emprego para adultos novos que un solicitante de emprego máis antigo. En Europa, Stijn Baert, Jennifer Norga, Yannick Thuy e Marieke van Hecke, investigadores da Universiteit Gent, mediron cocientes comparables en Bélxica. Curiosamente, descubriron que a discriminación por idade é heteroxénea pola actividade que os candidatos máis antigos emprenderon durante os seus anos adicionais post-educativos. En Bélxica, só se lles discrimina se teñen máis anos de inactividade ou de emprego irrelevante.[29]

Nunha enquisa para a University of Kent, Inglaterra, o 29% dos enquisados declararon que sufriran discriminación por idade. Increiblemente, esta proporción é maior que a discriminación de xénero ou racial. Dominic Abrams, profesor de psicoloxía social da mesma universidade, concluíu que este tipo de discriminación é a forma máis xeneralizada de prexuízos experimentados na poboación británica.

Discriminación por enfermindade[editar | editar a fonte]

A discriminación por enfermidade prodúcese cando algunhas persoas son tratadas con certo receo ou desprezo polo feito de estar enfermas. Por exemplo, moitas persoas con VIH son dadas de lado por temor a ser contaxiados, infundidas estas crenzas en falsos rumores. Isto leva aos axentes a unha situación desvantaxosa en canto queren acceder a un emprego ou establecer unha relación con calquera outra persoa.

Discriminación por discapacidade[editar | editar a fonte]

A discriminación por discapacidade ou capacitismo maniféstase cando unha persoa é menosprezada ou infravalorada por sufrir algún tipo de discapacidade, ben sexa física ou mental. Por exemplo, moitos edificios e servizos públicos non permiten o seu uso para persoas tetrapléxicas que precisas de cadeira de rodas, ou de persoas con problemas mentais que precisan de maior axuda. Moitas destas persoas son desprezadas, indirecta ou directamente, por non teren as capacidades intelectivas ou motrices comúns e proboca actos de violencia psicolóxica. Un exemplo de superación é Nick Vujicic, un predicador australiano que naceu sen brazos nin pernas que actualmente dá conferencias arredor do mundo.[30]

Discriminación por especie[editar | editar a fonte]

A discriminación por especio ou especismo trátase de discriminar a un conxunto de seres por non pertencer á mesma especie. Especismo: É a discriminación de quen non pertence a unha certa especie. Así o especismo é un trato desfavorable cara membros doutras especies polo feito de selo, amparandose en motivos arbitrarios e inxustificables.[31]

Na propia verba comprobamos a analoxía entre o sexismo, o racismo, e outro tipos de discriminacións que son consideradas inxustificables. No caso dos animais, o axioma que subxace á devandita discriminación, e a mesma que nos demais tipo, un trato que implica a non consideración dos seus intereses por criterios arbitrarios. Así, se analizamos concienzudamente, os mesmos motivos que nos levan a rexeitar as anteriores discriminacións citadas, deberían levarnos a rexeitar o especismo. Non hai criterio xustificable polo cal poder defender o especismo, o cal nos da a clave de que se trata dunha discriminación e por ende tan erronea como os demais tipos concretos que xa foron mencionados.[31]

O relevante non é a linguaxe, non é a intelixencia, non é a posesión de alma, non é o ter relación de empatía etc. Pois estes criterios implicarían a eliminación de certos humanos do circulo de consideración moral. É dicir, teríamos que deixar de considerar a certos humanos de ampararnos en calquera dos criterios que se ofrecen para a defesa do especismo. P.Singer ofrece un exemplo que ilustra esta idea, imaxinemos un lugar onde se impoña unha dictadura que estableza que para ser cidadán se require dun certo cociente intelectual, vemos aquí claramente a idea da arbitrariedade e como o establecer un criterio de intelixencia como argumento válido para a defensa do especismo nos leva a unha non consideración de certos seres humanos, porque os bebés, non son máis intelixentes que os cabalos, como di Bentham[32], ou incluso xente que por desgracia sufra unha certa enfermidade pode ter un cociente intelectual inferior e non por iso a deixamos de considerar moralmente. Por iso o relevante ten que ser a consideración moral, a consideración dos intereses.[33]

O primeiro interese é o interese de desfrutar e non sufrir, é dicir, a sintiencia. E vemos que evolutivamente esta sintiencia non só a posúen os seres humanos, e se consideramos como relevante nos humanos a consideración da sientiencia, dos seus intereses, o mesmo debe ser extrapolado para aqueles animais que posúan a mesma capacidade de desfrutar e sufrir. Recoñecemos esta en animais que posúen un cerebro complexo e incluso noutros con cerebros máis simples. Sabemos que a sintiencia depende así do sistema nervioso.[31]

Historia[editar | editar a fonte]

Ao longo da historia da humanidade desde que os colonizadores europeos chegaron a terras descoñecidas, apareceu a discriminación contra os indíxenas. Nas sociedades desenvolvidas tamén apareceu a discriminación sexual contra as mulleres que durou ata case mediados do século XX, cando comezaron a ter máis dereitos, ata acadar a igualdade de dereitos actual.

A mediados do século XX tamén podemos ver exemplos de discriminación relixiosa e racial como a que se deu na Alemaña Nazi onde se internaron en campos de traballo e gasearon a millóns de xudeus. En España durante o franquismo tamén houbo discriminación política xa que morreron miles de persoas só por estar a favor da República; os que puideron escapar tiveron que exiliarse a Sudamérica ou a Europa.

Nas sociedades actuais hai leis para abolir este fenómeno.

Lexislación española[editar | editar a fonte]

En España, segundo está estipulado na Constitución nos seus artigos 14 e 23.2, todos os españois son iguais ante a lei, sen que poida prevalecer ningunha discriminación por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social. Así mesmo todos os cidadáns teñen dereito a acceder en condicións de igualdade ás funcións e cargos públicos cos requisitos que sinalan as leis. O incumprimento destas normas pode levar a longas penas de cácere.

Loitadores contra a discriminación[editar | editar a fonte]

Ao longo da historia numerosas persoas loitaron contra a discriminación. Un deses loitadores foi Nelson Mandela que loitou toda a súa vida para que os negros tiveran os mesmos dereitos que os brancos en Suráfrica e para que todos viviran en harmonía e con igualdade de oportunidades. Martin Luther King defendeu os dereitos civís e a non violencia e tamén desenvolveu unha tarefa crucial para acabar coa discriminación racial en Estados Unidos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Discriminación.
  2. http://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/discriminación.  Falta o |title= (Axuda)
  3. Singer, Peter (1984). Ética práctica (PDF). Cambridge University Press. pp. 25–26. ISBN 9788483233450. 
  4. Barrére, María Ángeles. Igualdad y "discriminación positiva": un esbozo de análisis teórico-conceptual. (PDF). Universidad del País Vasco. 
  5. Cármen Sánchez-Silva (17/01/2016). "Las cuotas obligatorias es lo que da el poder a las mujeres en las empresas.". Consultado o 19/12/2017. 
  6. "Direct discriminations en "Discriminations"". https://plato.stanford.edu/entries/discrimination/#DirDis. Consultado o 19/12/2017.  Ligazón externa en |páxina-web= (Axuda)
  7. "La mujer ideal, Pilar Primo de Rivera". mariadubon. Consultado o 20/12/2017. 
  8. Iñesta Ribes, Emilio (2015). "Discriminación condicional de segundo orde: efectos del reconocimiento retrospectivo de la ejecución de resultados" (PDF). Revista mexicana del análises de la conducta 41 (3): 88 – 112. 
  9. Fricker, Miranda (2007). Epistemic Injustice: Power and the Ethics of Knowing. Oxford University Press. ISBN 9780198237907. 
  10. 10,0 10,1 "Rosa Parks, la mujer negra que no cedió su asiento a un blanco en el autobús". 01/12/2015. Consultado o 20/12/2017. 
  11. "El Pentágono tiene el doble de baños de los necesarios. La ley requería un baño para negros y otro para blancos.". curiosidadsq.com. Consultado o 20/12/2017. 
  12. Gabriela Sanchez (20/03/2017). ""En España la gente no se considera racista, pero lo es"". Consultado o 20/12/2017. 
  13. Lyse Doucet (12/12/2015). "Las históricas elecciones en Arabia Saudita en las que las mujeres votan por primera vez". Consultado o 20/12/2017. 
  14. Rocío Ovalle (04/03/2014). "Más de la mitad de las mujeres europeas han sufrido acoso sexual". Consultado o 20/12/2017. 
  15. Álex Prats (13/12/2017). "La desigualdad comienza en el salario". Consultado o 20/12/2017. 
  16. "Comisaría no aceptó denuncia de mujer trans agredida". 13/10/2017. Consultado o 20/12/2017. 
  17. 17,0 17,1 Ruth Toledano (3/04/2017). "España discrimina por orientación sexual y por identidad de género". Consultado o 20/12/2017. 
  18. "Orientación sexual y identidad de género". American Psychological Association. Consultado o 20/12/2017. 
  19. "¿Qué son los estereotipos de rol de género?". Consultado o 20/12/2017. 
  20. Gloria Moreno (13/02/2017). "Brasil abre la primera casa de acogida para jóvenes LGTB expulsados por sus familias". Consultado o 20/12/2017. 
  21. "Diglosia". Consultado o 20/12/2017. 
  22. Xosé Manuel Pereiro (07/02/2015). "Los jóvenes ‘falan’ poco ‘galego’". Consultado o 20/12/2017. 
  23. "Descalificaciones hacia Galicia, su gente y su cultura". Consultado o 20/12/2017. 
  24. Imaxe. 
  25. "A AELG achaca as declaracións de Steiner ao seu "descoñecemento temerario" da nosa cultura". 27/08/2008. 
  26. Marc Bassets, Joan Faus (27/04/2017). "Trump veta la entrada de refugiados e inmigrantes de varios países musulmanes". Consultado o 20/12/2017. 
  27. Rodrigo Tena Arregui (08/06/2014). "La inviolabilidad y el aforamiento de don Juan Carlos de Borbón (o el Rey como excusa)". Consultado o 19/12/2017. 
  28. "Young and Oppressed". Consultado o 19/12/2017. 
  29. Baert, S., Norga, J., Thuy, Y., Van Hecke, M. "Getting Grey Hairs in the Labour Market: An Alternative Experiment on Age Discrimination" (PDF). 
  30. Nick Vujicic en español. 
  31. 31,0 31,1 31,2 Horta, Óscar (2017). Un paso adelante en defensa de los animales. Plaza & Valdés. p. 22; 45-51. ISBN 9788417121044. 
  32. Bentham, Jeremy. Introduction to the principles of moral (PDF). 
  33. Singer, Peter (1999). "Todos los animales son iguales". Liberación animal (PDF). Santillana. p. 37 - 59. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]