Patria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A patria (do latín patria, familia ou clan > patris, terra paterna > pater, pai) adoita designar a terra natal ou adoptiva á que un individuo se sente ligado por vínculos de diversa índole, como afectivos, culturais ou históricos.

Tamén se chama patria á terra natal dos pais dunha persoa, á cal se sente ligado afectivamente aínda que non nacese nela.

O significado adoita estar unido a connotacións políticas ou ideolóxicas, e xa que logo é obxecto de diversas interpretacións así como de uso propagandístico.

Historia[editar | editar a fonte]

O vocábulo "Patria" remóntanos á cultura romana. A patria, terra dos devanceiross ou pais, tiña unha orixe mítico. Era unha doazón dos deuses. Sen embargo, o seu sentido principal non estivo relacionado nin á terra especificamente nin a priori, e coas novas conquistas romanas a patria foise estendendo.

No terreo físico que comprendía existía unha comunidade, termino este que implica unha común unidade, en particular, unidade para o fin ao que se tende, establecéndose desta maneira unha relación dese concepto co cultural. A unidade no imperio estaba dada primeiro polo idioma común e logo por outras características culturais. A decadencia romana viu coa perda dos antigos costumes, os mores maiorum, que se recuperan coa chegada a Roma de Octavio como Imperator, de aí que fose chamase Augusto. Co relatado pódese apreciar o sentido real do vocábulo Patria. Logo cabe desenvolver o seu nexo co vocábulo nación.

Seguindo a historia da península itálica, podemos apreciar que a nación italiana xurdiu a partir dunha herdanza do a historia da patria propiamente. Cando Maquiavelo chama á unión dos italianos, faino segundo esta xénese cultural. A nación viría a ser unha etapa de comunidade posterior á patria.

Cabe destacar que Patria é un concepto eminentemente latino. Por exemplo, nas culturas saxonas dábase maior importancia ao "Country", que se refire ao estritamente territorial, o que nós chamariamos país.