Violín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Violín
Violino
Violín
Violín feito segundo un exemplar
de Jakob Stainer, século XVIII
Clasificación
Tesitura
Range violin.png
Instrumentos relacionados
Músicos
Fabricantes

Luthier

Caixa con violín

O violín (Etimoloxía: do italiano Violino, diminutivo de viola) é un instrumento cordófono de corda fretada, o máis agudo e pequeno da súa familia. Componse de catro cordas afinadas a unha distancia de quinta xusta. Na orquestra o primeiro violín é chamado de spalla, despois do rexente, el é o comandante da orquestra. O primeiro violín sitúase á esquerda do mestre.

A palabra violín procede do termo do latín medieval vitula, que significa instrumento de corda. O violín, aínda que ten orixes antigas, adquiriu a meirande parte das súas características modernas na Italia do século XVI, realizándoselle algunhas modificacións nos séculos XVIII e XIX. O violín moderno debe moito ás melloras técnicas dos mestres de Cremona do século XVIII coma Stradivarius e Guarnerius. Tamén son moi valorados os instrumentos fabricados por Gasparo da Salò ou Giovanni Paolo Maggini e a familia Amati en Brescia e Cremona, e os de Jacob Stainer en Austria.

Técnicas do violín[editar | editar a fonte]

  • Pizzicato: non sempre os violinistas utilizan o arco. De vez en cando beliscan as cordas, iso é chamado pizzicato (lese pitci-cato).
  • Surdina: fíxase un grampo de madeira sobre o cabalete do violín, facendo que o seu son saia abafado.
  • Sul ponticello: o violinista debe pasar o arco preto do cabalete, xerando un son de timbre agudo.
  • Col legno (coa madeira): o arco é asegurado de lado, de forma que nas notas tocadas a madeira do arco bata nas cordas.
  • Vibrato: un dos dedos que toca a corda vibra levemente, producindo unha flutuación no ton e enriquecendo o son.
  • Corda dupla: significa tocar dúas cordas, e consecuentemente dúas notas, dunha soa vez.
  • Harmónicos: notas suaves producidas polo toque moi leve sobre a corda.
  • Glissando. o violinista escorrega o dedo sobre a corda, dunha nota á outra

Stradivarius[editar | editar a fonte]

Os violíns Stradivarius son os máis valorados do mundo, é tanto que adoitan ter nomes propios, que acostuman vir dados polos anteriores propietarios. Foron feitos apenas 250 polo mestre Antonio Stradivari (1643-1737). O seu valor vai en alza; un Stradivarius de 1720 foi comprado nunha poxa en novembro de 1990 por 1,7 millóns de dólares, no 2010 foi vendido o 'Molitor' por 3.6 millóns de dólares e pouco despois, nunha poxa benéfica en prol das vítimas do tsunami do ano 2011, os xaponeses venderon o 'Lady Blunt' por 15.9 millóns de dólares.[1]

Un dos segredos da calidade dos violíns Stradivarius reside en que o seu construtor os construía en simetría perfecta segundo o número de ouro (phi: 1,618). A isto súmase a súa idade, xa que os instrumentos de madeira co tempo collen mellor son. Outra característica que fai extraordinarios a estes instrumentos son os vernices de gran calidade que usaron para rematalos, así como as madeiras alpinas secas e curadas co paso dos anos. As súas tapas e fondos caracterízanse pola extrema finura dos seus espesores.

Violín - detalles
Harmónicos

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Violín

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]