Xeración das Festas Minervais

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

A xeración das Festas Minervais está composta por unha serie de autores e autoras de poesía da Literatura galega do século XX. Son persoas que non viviron directamente a Guerra civil española, asistiron á universidade e participaron nas Festas Minervais (concurso literario organizado pola USC que premiaba obras poéticas e narrativas en galego) e senten grande interese pola cultura europea do momento e toman conciencia crítica coa realidade española da época. Boa parte deles fundaron o grupo Brais Pinto durante a súa estancia en Madrid, e crearon unha colección literaria co mesmo nome.

Evolución poética[editar | editar a fonte]

A xeración dos 50 protagonizou unha fonda renovación temática e formal, se ben cada un dos seus membros seguiu unha traxectoria poética propia.

Hai dúas épocas que marcan dúas tendencias ben diferenciadas. Por un lado, a poesía dos 50 na que se aprecia unha profunda influencia das idea existencialistas e do absurdo. Trátase por tanto dunha poesía de desarraigo e angustia, que recibe o nome de Escola da Tebra. Por outra banda, na década dos 60 esta poesía evolucionou cara a unha poesía social e denunciadora da falta de liberdade. É patente aquí a influencia da Longa noite de pedra de Celso Emilio Ferreiro, publicada en 1962.

Representantes[editar | editar a fonte]

  • Uxío Novoneyra. Naceu en terras do Courel e marchou a Madrid aos 19 anos, alí colaborou co grupo Brais Pinto. Na súa poesía destacan dúas vertentes:
  • A paisaxística, nela expresa a soidade da persoa en contacto coa natureza agreste da súa terra natal. Obras representativas: Os eidos, Elexias do Courel e outros poemas.
  • Poesía social, de carácter político e reivindicativo, recollida en obras como Do Courel a Compostela, Poemas caligráficos. Tamén cultivou a poesía amorosa en Muller pra lonxe.
A poesía de Novoneyra destaca formalmente polo emprego do fonosimbolismo e pola disposición espacial e tipográfica dos versos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]