Jairo Noriega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jairo
Información persoal
Nome Jairo Noriega Figueroa
Nacemento 14 de agosto de 2003
Lugar de nacemento A Coruña
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Fabril
Número 10
Carreira xuvenil
2009–2011 Calasanz (fútbol sala)
2011–2022 Deportivo da Coruña
2017–2018 San Tirso
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2021– Fabril 52 (4)
2023– Deportivo da Coruña 0 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 28 de decembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Jairo Noriega Figueroa, nado na Coruña o 14 de agosto de 2003, é un futbolista galego que xoga como centrocampista no Fabril, da Segunda División RFEF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no colexio Calasanz da Coruña e comezou a xogar ao fútbol sala no equipo do propio colexio, en idade prebenxamín, ata que con 7 anos pasou ao fútbol herba, cando foi seleccionado polo Deportivo da Coruña para o seu novo equipo benxamín.[1][2][3] Alí coincidiu con xogadores como Dani Barcia, Hugo Ríos ou Brais Suárez, cos que foi subindo polas diferentes categorías inferiores do club.[1]

Co equipo xuvenil adestrado por Óscar Gilsanz, proclamouse campión da División de Honra na tempada 2020/21, na que tamén debutou co Fabril en Terceira División, e acudiu a Marbella para a disputa da Copa de Campións Xuvenil. Con todo, mentres realizaba exercicios de quecemento antes do partido de semifinais contra o Real Madrid, sufriu unha lesión que o deixou fóra do torneo que acabou conquistando o seu equipo.[1] Ao seu regresou enfermou de COVID-19, afección que o deixou dúas semanas na cama e que lle fixo perder varios quilos. A súa mala sorte estendeuse con dúas novas lesións e outro contaxio de COVID-19 durante os seguintes meses.[1]

Recuperado dos seus problemas, foi titular no histórico partido do seu equipo na Liga Xuvenil da UEFA ante o Dynamo de Kíiv celebrado nun estadio de Riazor con máis de 20.000 espectadores, onde realizou unha destacada actuación.[4][1] Xogou dous encontros máis co xuvenil e disputou o resto da tempada co Fabril, co que xogou sen éxito a promoción de ascenso á Segunda División RFEF, caendo ante o Ourense CF.[5] Na tempada 2022/23 foi xunto a Diego Gómez un titular indiscutible no centro do campo do filial dirixido por Gilsanz, que logrou o ascenso a Segunda RFEF tras proclamarse campión do seu grupo.[6]

O 1 de novembro de 2023 debutou oficialmente co primeiro equipo do Deportivo da Coruña, na vitoria por 1-3 sobre o Covadonga na Copa do Rei. O adestrador Imanol Idiakez aliñouno como titular, formando no centro do campo xunto a Diego Villares.[7]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Fabril

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Antelo, Iván (11 de febreiro de 2022). "El renacimiento de Jairo Noriega". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 28 de decembro de 2023. 
  2. "Lista la plantilla del Benjamín del Deportivo para la próxima temporada". Deportivo da Coruña (en castelán). 15 de xuño de 2011. Consultado o 28 de decembro de 2023. 
  3. "Jairo Noriega: «Ojalá pueda seguir representando al Deportivo muchos años más»". La Vanguardia (en castelán). 28 de xuño de 2023. Consultado o 28 de decembro de 2023. 
  4. "Os penaltis cortan inxustamente o soño de #ANOSACANTEIRA na UEFA Youth League (2-2)". 9 de febreiro de 2022. Consultado o 28 de decembro de 2023. 
  5. Antelo, Iván (1 de maio de 2022). "La mayor pegada del Ourense CF elimina al Fabril". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 28 de decembro de 2023. 
  6. "Campeonato y ascenso del Fabril en O Barco (0-1)". Deportivo da Coruña (en castelán). 23 de abril de 2023. Consultado o 28 de decembro de 2023. 
  7. "El orgullo de Jairo tras debutar con el Deportivo: «Los sueños se cumplen»" (en castelán). 3 de novembro de 2023. Consultado o 28 de decembro de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]