Tempada 2014/15 do Deportivo da Coruña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Deportivo da Coruña
Tempada 2014–15
PresidenteConstantino Fernández
AdestradorVíctor Fernández
(ata o 8 de abril)
Víctor Sánchez del Amo
(desde o 9 de abril)
EstadioRiazor
Primeira División16.º
Copa do Rei1/16 de final
GoleadorLucas Pérez (6 goles)
Na casa
Fóra
Alternativa

Durante a tempada 2014–15 o Deportivo da Coruña competiu na Primeira División (afrontando a súa 43ª campaña na máxima categoría), logrando o 16º posto na clasificación. Na Copa do Rei alcanzou os 1/16 de final.

Resumo da tempada[editar | editar a fonte]

Xuño[editar | editar a fonte]

O 13 de xuño anunciouse a renovación do defensa Albert Lopo, por dúas tempadas.[1]

O 18 de xuño o club ofreceulle continuar un ano máis como xogador a Manuel Pablo, afrontando así a súa 17ª tempada como xogador do Deportivo.[2]

O 25 de xuño foi a quenda para Germán Lux, que finalizaba contrato, quen renovou por dúas tempadas máis.[3]

O 27 de xuño anunciouse a primeira incorporación no mercado de fichaxes. Trátase de Roberto Canella, cedido polo Sporting de Gijón por unha tempada.[4]

Xullo[editar | editar a fonte]

O 2 de xullo o club anunciou que abrirá unha nova tenda oficial no centro comercial Marineda City.[5]

O 4 de xullo presentouse a campaña de abonos para a tempada 2014–15.[6] Ese mesmo día, a LFP anunciou un amigable que xogará o Deportivo o 20 de xullo contra o Gimnasia y Esgrima de La Plata na Arxentina, no eido do LFP World Challenge.[7]

O 8 de xullo o club destituíu a Fernando Vázquez como adestrador, logo dunhas polémicas declaracións.[8]

O 10 de xullo o club presentou a Víctor Fernández como novo adestrador branquiazul.[9] Ademais, anunciou a incorporación de Isaac Cuenca, atacante procedente do Barcelona.[10]

O 11 de xullo a LFP anunciou cambios na programación da xira LFP World Challenge, cancelando o encontro que enfrontaría ao club coruñés co Gimnasia y Esgrima de La Plata arxentino e anunciando dous partidos amigables en Colombia, contra o Independiente Santa Fe (en Bogotá) e Deportivo Cali (en Cali), os días 22 e 24 de xullo, respectivamente.[11]

O 14 de xullo púxose a andar o Deportivo da tempada 2014–15, estando citados para o primeiro adestramento da pretempada en Abegondo: Germán Lux, Manuel Pablo, Álex Bergantiños, Borja Bastón, Juan Domínguez, Arizmendi, Fabricio, Laure, Luisinho, Toché, Wilk, Seoane, Albert Lopo, Luis Fernández, Juan Carlos, Insua, Canella, Rudy e Isaac Cuenca.[12] Ese mesmo día, o xogador do filial Bicho foi cedido por dúas tempadas ao Barcelona.[13]

O 17 de xullo deuse a coñecer que o Deportivo percibirá 36 millóns de euros polos dereitos televisivos das tempadas 2014–15 e 2015–16.[14] Igualmente, o xuíz declarou culpable o concurso de acredores de Ediciones Deportivas Gallegas, editora do xornal do club Dépor Sport (editado entre 2005 e 2013). Así, o club está obrigado a pagar o 50% dos créditos pendentes aos acredores tras a liquidación da entidade.[15]

O 18 de xullo anunciouse a incorporación do atacante coruñés Lucas Pérez, cedido polo PAOK por unha tempada con opción de compra.[16] Pola contra, o atacante Luis Fernández marchou cedido ao Lugo por unha campaña.[17] Esa tarde o club presentou os equipamentos para a nova tempada, nun acto público.[18]

O 20 de xullo Víctor Fernández anunciou a lista de 20 convocados para a xira americana: Lux, Manuel Pablo, Canella, Álex Bergantiños, Insua, Rudy, Borja Bastón, Juan Domínguez, Arizmendi, Fabricio, Cuenca, Laure, Luisinho, Toché, Seoane, Lopo, Juan Carlos, Queijeiro, Deak e David.[19]

O 21 de xullo o club cedeu ao centrocampista Álvaro Lemos ao Compostela, de Segunda División B.[20]

O 22 de xullo presentouse ao centrocampista José Rodríguez, cedido polo Real Madrid Castilla por unha tempada.[21] O primeiro partido da precampaña saldouse con derrota, fronte ao Independiente Santa Fe (1–0), no que resultou mancado o meta Germán Lux.[22][23]

O 23 de xullo o club confirmou a incorporación do portugués Diogo Salomão, que afronta así a súa cuarta etapa como deportivista.[24]

O 24 de xullo quedou definido o calendario da Primeira División da tempada 2014–15.[25] Na madrugada do 24 ao 25 de xullo (hora galega) o Deportivo xogou o seu segundo partido de pretempada, contra o Deportivo Cali, e que se saldou con derrota (3–1).[26]

O 28 de xullo confirmouse a localización do encontro contra o Celta de Vigo en favor do fútbol base galego, sendo o estadio de Pasarón o recinto elixido.[27] Ademais, o club confirmou a incorporación do centrocampista arxentino Luis Fariña, cedido unha campaña polo Benfica.[28]

Agosto[editar | editar a fonte]

O 8 de agosto deuse a coñecer que a firma lucense Enfíos Texgroup será a encargada de relanzar a marca de roupa oficial do club, RCD Sport, nas vindeiras datas.[29] Tamén anunciouse a incorporación da sétima fichaxe da pretempada, o dianteiro portugués Ivan Cavaleiro, cedido por unha tempada polo Benfica.[30]

O 13 de agosto o Celta de Vigo levouse o derbi galego amigable (0–2), conquistando o I Trofeo Federación Galega de Fútbol, no estadio de Pasarón.[31]

O 14 de agosto presentouse a oitava incorporación no mercado estival, o mediocampista bosníaco Haris Medunjanin, que firmou por tres campañas.[32]

O 22 de agosto rescindiron os seus contratos Rudy e Javier Arizmendi.[33][34]

O 23 de agosto iniciouse o campionato de Liga, caendo fronte o Granada a domicilio (2–1), no que anotou Ivan Cavaleiro o seu primeiro tanto.[35]

O 27 de agosto o club decidiu non prorrogar a cesión de Borja Bastón, quedando así desvinculado.[36] Igualmente, rescindiron o seu contrato co club Stefan Deak, Oumar Sidibé e Felipe Ramos.[37]

Setembro[editar | editar a fonte]

O 1 de setembro, derradeiro día do mercado de fichaxes, firmaron polo Deportivo Hélder Postiga (chegando libre),[38] Juanfran Moreno (cedido polo Real Betis)[39] e Sidnei Rechel (cedido polo Benfica).[40] Esa mesma noite anunciouse a lista de dorsais dos xogadores.[41]

O 2 de setembro anunciouse a derradeira incorporación, o central francés Modibo Diakité, que pechou o mercado de fichaxes do club para a tempada 2014–15.[42]

O 11 de setembro firmouse un acordo co hospital HM Modelo para ser o centro médico oficial do club para as próximas tres campañas.[43]

O 12 de setembro anunciouse que o presidente do Deportivo recibirá o premio Taiwan Experience o día 14.[44] Ademais, esa mañá firmouse un acordo coa cadea hoteleira Meliá Hotels para albergar o Deportivo nos seus desprazamentos.[45]

O 18 de setembro, o club, dentro do eido de redución da débeda, anunciou un acordo cun "prestixioso grupo hostaleiro coruñés" para a explotación da Sala de Eventos e Sala Boite do complexo hostaleiro Playa Club, a partir de xaneiro de 2015, deixando así de estar presente o Deportivo na actividade hostaleira.[46]

O 29 de setembro, o ex asesor xurídico do club e candidato á presidencia Germán Rodríguez Conchado, dirixiuse ao presidente do Deportivo para reclamarlle 2.759.416,17 euros en concepto de honorarios polos seus servizos na fase común do concurso de acredores e en diferentes incidentes.[47]

Outubro[editar | editar a fonte]

O 1 de outubro o club informou que conta cunha masa social de 23.745 abonados, superior á dos dous anos anteriores nas mesmas datas.[48] Ademais, ese día anunciouse un nove amigable, que será o xoves 9 de outubro coincidindo co parón ligueiro, fronte o Ordes (de Terceira División) no campo de Vista Alegre.[49] Días máis tarde foi adiado até nova data, por mor da cantidade de baixas de xogadores.[50]

O 2 de outubro informouse dun novo acordo co grupo hostaleiro Meliá Hotels para que os socios do Deportivo puidesen obter un 7% de desconto nas súas reservas.[51]

O 15 de outubro o club informou de que liquidou a débeda concursal con carácter de privilexio especial, máis intereses, que mantiña coa Tesorería General de la Seguridad Social, sendo a suma liquidada de 158.553,18 euros.[52] Ese mesmo día firmouse un acordo de colaboración co Club Básquet Coruña, contemplando descontos para os socios de ambas entidades que desexen ver os partidos do outro, así como abonarse.[53]

O 19 de outubro o equipo logrou unha vitoria fronte o Valencia CF (3–0) logo de catro xornadas sen vencer, facendo a súa primeira aparición nesta campaña Fabricio, Juan Carlos Real e Lucas Pérez, que ademais anotou un gol.[54]

O 21 de outubro o club puxo a disposición do Club Básquet Coruña parte das dependencias do estadio de Riazor para a súa xestión diaria, logo de sufrir un incendio na súa sede.[55]

O 22 de outubro anunciouse a convocatoria a Xunta Xeral de Accionistas, con carácter ordinario e extraordinario, para o 24 ou 25 de novembro, na que, entre outros puntos, se votará unha proposta de ampliación do capital social da entidade.[56] Ao día seguinte, o presidente Tino Fernández explicou en rolda de prensa que a ampliación de capital nace como un compromiso coa AEAT en marzo de 2014, que se desenvolvería en 5 fases ao longo de 25 meses, cuxa operación máxima é de 7.819.971,60 euros (se se cobre nas dúas primeiras fases), sendo esta a cifra idéntica ao capital social actual, divido en 150.118 accións de 60,10 euros cada unha; ou 6.000.000 de euros no caso de chegar ás fases 3, 4 ou 5.[57]

Novembro[editar | editar a fonte]

O 5 de novembro anunciouse un novo patrocinador, esta vez para as medias dos uniformes. Trátase da empresa asiática Sockatyes.[58]

O 6 de novembro o club informou que anticipou o pago da cota do mes de xaneiro de 2015 do acordo firmado coa Agencia Tributaria, ingreso de 2 millóns de euros, máis intereses. Así, o Deportivo atópase ao día de todas as súas obrigas fiscais.[59]

O 25 de novembro celebrouse a Xunta Xeral de Accionistas, con carácter ordinario e extraordinario, na que se aprobaron por ampla maioría todas as propostas do Consello de Administración, incluída a ampliación de capital.[60]

O 30 de novembro, horas antes do encontro da 13ª xornada ante o Atlético de Madrid no estadio Vicente Calderón, faleceu un seareiro do Deportivo logo dunha liorta entre ultras dos dous equipos, no que 12 persoas resultaron feridas.[61] O club emitiu un comunicado rexeitando "de forma contundente calquera tipo de violencia que prexudica ao deporte, ao fútbol e á Liga", así como enviou a súa solidariedade aos familiares e amigos da vítima.[62]

Decembro[editar | editar a fonte]

O 2 de decembro o club anunciou que pechaba a bancada de Maratón Inferior do estadio de Riazor durante dous partidos, en repulsa aos acontecementos violentos ocorridos en Madrid, así como ofrece prezos populares para o partido da 14ª xornada en Riazor fronte o Málaga CF, ao prezo dun euro.[63][64]

O 3 de decembro o equipo xogou o seu primeiro partido na edición 2014–15 da Copa do Rei, nun partido en Riazor con pouca afluencia de público e coa bancada de Maratón Inferior pechada, que acabou en empate (1–1) e no que se gardou un minuto de silenzo polo seareiro asasinado en Madrid. Neste partido debutou co primeiro equipo o mediapunta coruñés Marcos Remeseiro.[65][66] Ese mesmo día, o presidente da LFP, Javier Tebas, destituíu a Augusto César Lendoiro como embaixador da Liga logo de asistir ao enterro do seareiro asasinado, cargo que lle fora concedido ao remate da pasada tempada.[67]

O 4 de decembro a directiva da Federeación de Peñas Deportivistas presentou a súa "dimisión irrevogábel", que se fará efectiva a final de temporada, alegando falta de confianza no Consello de Administración do Club e aclarando que non vendeu ou puxo en disposición de Riazor Blues entradas para o partido contra o Atlético de Madrid.[68] Horas máis tarde o club publicou un comunicado aclarando que transmitiu "toda a información dispoñible proporcionada polos responsables da xestión de venda de entradas" para o partido contra o Atlético de Madrid, así como pide que se solucionen os feitos.[69]

O 13 de decembro medio centenar de peñas deportivistas emitiron un comunicado respaldando á peña Riazor Blues, pedindo que se "deixe de criminalizar, desde os medios de comunicación, á afección de Riazor", así como critican a actitude do Consello de Administración.[70]

O 14 de decembro o club emitiu un novo comunicado ante a situación de malestar e desunión entre os afeccionados, pedindo desculpas polas medidas levadas a cabo polo Consello de Administración que puideran molestar aos seareiros, e alentando á unión para afrontar os seguintes partidos.[71]

O 15 de decembro o equipo logrou a súa terceira vitoria da temporada, 7 xornadas despois da anterior, ante o Elche CF en Riazor (1–0).[72]

0 18 de decembro o equipo caeu no partido de volta dos 1/16 de final da Copa do Rei ante o Málaga CF (4–1), quedando eliminado da competición polo resultado global (5–2). Neste partido debutou en partido oficial esta tempada o centrocampista portugués Diogo Salomão.[73]

O 23 de decembro o club anunciou que se persoará no procedemento penal aberto polo suposto amaño do partido entre o Levante UD e o Real Zaragoza da tempada 2010–11.[74]

O 29 de decembro o club anunciou a primeira incorporación para a tempada 2015–16. Trátase do defensa lateral cántabro Saúl García, que firmou por catro tempadas, xogando cedido o que resta da actual campaña no seu club de procedencia, o Racing de Santander.[75]

O 31 de decembro Modibo Diakité rematou contrato deixando unha ficha libre.[76]

Xaneiro[editar | editar a fonte]

O 5 de xaneiro pasou reconoñecemento médico e firmou contrato até o remate da tempada o dianteiro catalán Oriol Riera, converténdose así na primeira fichaxe invernal para reforzar o cadro de xogadores.[77]

O 14 de xaneiro anunciouse a incorporación do mediocampista costarriqueño Celso Borges, cedido polo AIK Fotboll até o final da tempada.[78] Igualmente, o club anunciou a cesión do lateral Diego Seoane ao Lugo, tamén até o final da tempada.[79]

O 20 de xaneiro firmou polo Deportivo o atacante portugués Hélder Costa, cedido até o final da tempada polo Benfica.[80]

O 26 de xaneiro o club e Juan Carlos Real firmaron a resolución do contrato do xogador, que remataba o 30 de xuño, saíndo cedido ao CD Tenerife e gardando o Deportivo unha opción de repesca ao remate da campaña.[81]

O 29 de xaneiro anunciouse a contratación do defensa Borja López, cedido polo AS Monaco até o final da tempada, sen opción de compra. Días máis tarde pasou recoñecemento médico.[82]

Febreiro[editar | editar a fonte]

O 21 de febreiro disputouse a volta do Derbi galego, caendo novamente o Deportivo ante o Celta de Vigo, esta vez en Riazor (0–2).[83]

Marzo[editar | editar a fonte]

O 18 de marzo o centrocampista polaco Cezary Wilk sufriu unha fractura nun pé durante un adestramento que lle obrigará a pasar polo quirófano.[84] Días máis tarde anunciouse que sería operado o 24 de marzo.[85]

O 22 de marzo produiuse o debut en liga do portugués Diogo Salomão, nun empate en Riazor entre o Deportivo e o RCD Espanyol (0–0).[86] Ese mesmo día faleceu o ex deportivista Miche, defensa na tempada 1962–63, anunciado polo club días despois.[87]

Abril[editar | editar a fonte]

O 8 de abril anunciouse o cesamento do adestrador Víctor Fernández, debido aos malos resultados, aínda que deixando o equipo fóra do descenso.[88] O seu substituto foi o ex xogador branquiazul Víctor Sánchez del Amo, anunciado un día despois.[89]

O 12 de abril o club comunicou un novo acordo de patrocinio para as medias do uniforme, lucindo o logotipo do videoxogo Pro Evolution Soccer 2015.[90]

O 20 de abril o club anunciou que recoñecía unha débeda co adestrador José Luis Oltra e o seu segundo, Chema Sanz, cuantificada en 670.000 euros e que chegaban a un acordo de pagamento, retirando estes as denuncias interpostas contra o club.[91]

Maio[editar | editar a fonte]

O 9 de maio no partido entre o Athletic Club e o Deportivo que acabou en empate (1–1), Albert Lopo igualou o número de cartóns amarelos en Primeira División que tiña Fernando Hierro (156), superándoo no seguinte encontro.[92]

O 10 de maio faleceu o ex deportivista Juan Emery, porteiro do equipo entre as tempadas 1959–60 e 1961–62, todas elas en Segunda División, aínda que logrando o ascenso na última.[93]

O 17 de maio o Deportivo coñeceu de novo a vitoria (100 días despois da última) na xornada 36, fronte o Levante UD en Riazor (2–0).[94] Levaba 14 xornadas sen gañar, igualando o seu peor rexistro na máxima categoría, na tempada 1965–66.[95]

O 23 de maio o equipo certificou a permanencia en Primeira División, no derradeiro encontro da campaña, logo de empatar fronte o FC Barcelona no Camp Nou (2–2) tras ir perdendo por dous tantos.[96] O tanto que valeu a permanencia obrouno Diogo Salomão, que estreou o seu marcador nesta campaña.[97]

Material deportivo[editar | editar a fonte]

O equipamento do Deportivo foi proporcionado por Lotto e os patrocinadores foron Estrella Galicia e Abanca.

Xogadores[editar | editar a fonte]

No. Pos. Nac. Nome Liga Copa Total Disciplina
Apps Goles Apps Goles Apps Goles
1 POR Germán Lux 7 0 2 0 9 0 1
2 DEF España Manuel Pablo 5 0 2 0 7 0 1
3 DEF España Roberto Canella 9 0 1 0 10 0
4 MED Galicia Álex Bergantiños 33 0 1 0 34 0 5
5 DEF Galicia Pablo Insua 17 0 1 0 18 0 6
6 MED España José Rodríguez 25 2 2 0 27 2 6
7 MED Galicia Lucas Pérez 21 6 0 0 21 6 6
8 MED Bosnia e Hercegovina Haris Medunjanin 24 2 1 0 25 2 5
9 DIA Hélder Postiga 14 1 2 1 16 2 4 1
10 MED Galicia Juan Domínguez 22 1 2 0 24 1 3
11 MED España Juanfran Moreno 34 1 0 0 34 1 4
12 DEF Sidnei Rechel 32 0 0 0 32 0 10
13 POR España Fabricio Agosto 31 0 0 0 31 0 3
14 MED España Isaac Cuenca 27 2 2 0 29 2 1
15 DEF España Laure Sanabria 19 0 2 0 21 0 5
16 DEF Portugal Luisinho Correia 34 0 1 0 35 0 11 1
17 MED Portugal Diogo Salomão 6 1 1 0 7 1
18 DIA España Toché 25 4 1 1 26 5 6
19 DIA Portugal Ivan Cavaleiro 34 3 0 0 34 3 6
20 MED Polonia Cezary Wilk 11 0 1 0 12 0 2
21 DIA España Oriol Riera 21 4 0 0 21 4 3
22 MED Celso Borges 17 3 0 0 17 3 6
23 DEF España Albert Lopo 30 2 2 0 32 2 16 1
24 MED Luis Fariña 21 1 0 0 21 1 1 1
25 DEF España Borja López 0 0 0 0 0 0
28 MED Galicia Marcos Remeseiro 0 0 1 0 1 0
32 DIA Portugal Hélder Costa 6 0 0 0 6 0

Deixaron o equipo durante a tempada[editar | editar a fonte]

No. Pos. Nac. Nome Liga Copa Total Disciplina
Apps Goles Apps Goles Apps Goles
21 DEF Francia Modibo Diakité 2 0 1 0 3 0 1
22 DEF Galicia Diego Seoane 0 0 0 0 0 0
25 MED Galicia Juan Carlos Real 2 0 2 0 4 0

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos
Equipo
X
G
E
P
GF
GC
DG
Pts
Clasificación ou descenso
12 Real Sociedad 38 11 13 14 44 51 −7 46
13 Elche (D) 38 11 8 19 35 62 −27 41 Descenso á Segunda División 2015–16
14 Levante 38 9 10 19 34 67 −33 37
15 Getafe 38 10 7 21 33 64 −31 37
16 Deportivo da Coruña 38 7 14 17 35 60 −25 35
17 Granada 38 7 14 17 29 64 −35 35
18 Eibar 38 9 8 21 34 55 −21 35
19 Almería (D) 38 8 8 22 35 64 −29 32 Descenso á Segunda División 2015–16
20 Córdoba (D) 38 3 11 24 22 68 −46 20

Fonte: [1]
Regras de clasificación: 1) puntos; 2) puntos do cara a cara; 3) diferenza de goles do cara a cara; 4) goles marcados no cara a cara; 5) diferenza de goles; 6) número de goles marcados.
(C) = Campión; (D) = Descendido; (P) = Promocionado; (E) = Eliminado; (O) = Campión do play-off; (A) = Avanza de rolda.
Só aplicable mentres a tempada non está rematada:
(Q) = Clasificado para o torneo indicado; (TQ) = Clasificado para o torneo, pero non aínda para a fase específica indicada; (DQ) = Descualificado do torneo.
Cara a cara: usado cando o resultado do enfrontamento cara a cara é usado para clasificar os equipos empatados.

Partidos[editar | editar a fonte]

      Vitoria       Empate       Derrota       Aprazado

Pretempada e amigables[editar | editar a fonte]

Primeira División[editar | editar a fonte]

Copa do Rei[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Copa do Rei de fútbol 2014/15.

1/16 de final[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Lopo renueva hasta el 2016". As. 13 de xuño de 2014. 
  2. "El Deportivo ofrece a Manuel Pablo seguir una temporada más". Marca. 18 de xuño de 2014. 
  3. "Lux renueva rechazando ofertas de la Premier". Marca. 25 de xuño de 2014. 
  4. "Canella, refuerzo para la defensa". Marca. 27 de xuño de 2014. 
  5. "Marineda City acogerá una nueva Deportienda". Deportivo da Coruña. 2 de xullo de 2014. 
  6. "Campaña de abonos R. C. Deportivo 2014 - 2015". Deportivo da Coruña. 4 de xullo de 2014. 
  7. "La LFP anuncia un amistoso del Deportivo en Argentina ante Gimnasia y Esgrima de La Plata". Deportivo da Coruña. 4 de xullo de 2014. 
  8. "El Real Club Deportivo prescinde de los servicios de Fernando Vázquez". Deportivo da Coruña. 8 de xullo de 2014. 
  9. "Víctor Fernández, nuevo entrenador del Deportivo". Marca. 10 de xullo de 2014. 
  10. "Isaac Cuenca, nuevo jugador del Deportivo". Marca. 10 de xullo de 2014. 
  11. "El Deportivo afrontará dos amistosos en Colombia". Marca. 11 de xullo de 2014. 
  12. "El primer entrenamiento del equipo será mañana las 18:30 horas". Deportivo da Coruña. 14 de xullo de 2014. 
  13. "Javier Fernández llega cedido al Barça B". FC Barcelona. 14 de xullo de 2014. 
  14. "El Deportivo cobrará 36 millones de televisión por los 2 próximos años". La Voz de Galicia. 17 de xullo de 2014. 
  15. "El juez declara culpable el concurso del Dépor Sport, el periódico de Lendoiro". La Voz de Galicia. 17 de xullo de 2014.  (en castelán)
  16. "Lucas Pérez firma su contrato y se entrenará mañana sábado en Abegondo". Deportivo da Coruña. 18 de xullo de 2014.  (en castelán)
  17. "Luis Fernández, a punto de cerrar su cesión al Lugo, se ausenta del entrenamiento de por la tarde". Deportivo da Coruña. 18 de xullo de 2014.  (en castelán)
  18. "Presentadas las equipaciones del Dépor 2014-2015". Deportivo da Coruña. 19 de xullo de 2014.  (en castelán)
  19. "Víctor Fernández se lleva a 20 futbolistas a la gira de Colombia". Deportivo da Coruña. 20 de xullo de 2014.  (en castelán)
  20. "El Deportivo cede a Álvaro Lemos al Compostela". Marca. 21 de xullo de 2014.  (en castelán)
  21. "José Rodríguez, nuevo jugador del Deportivo". Deportivo da Coruña. 22 de xullo de 2014.  (en castelán)
  22. "El Dépor cae en su puesta de largo en Colombia". Deportivo da Coruña. 23 de xullo de 2014.  (en castelán)
  23. "El Deportivo cae en el primer amistoso de la pretemporada". Marca. 23 de xullo de 2014.  (en castelán)
  24. "Diogo Salomão refuerza al Deportivo". Deportivo da Coruña. 23 de xullo de 2014.  (en castelán)
  25. "Calendario Campeonato Nacional de Liga de Primera División 2014/2015" (PDF). Real Federación Española de Fútbol. 24 de xullo de 2014. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de xullo de 2014. Consultado o 24 de xullo de 2014.  (en castelán)
  26. "El Dépor vuelve a perder en Colombia". Marca. 25 de xullo de 2014.  (en castelán)
  27. "Pasarón acollerá o Dépor - Celta a favor do fútbol base o día 13 ás 21:30 h". Deportivo da Coruña. 28 de xullo de 2014. 
  28. "Luis Fariña, nuevo jugador del Deportivo". Deportivo da Coruña. 28 de xullo de 2014.  (en castelán)
  29. "El Dépor y Enfíos Texgroup llegan a un acuerdo para relanzar RCD Sport". Deportivo da Coruña. 8 de agosto de 2014.  (en castelán)
  30. "Cavaleiro supera sin contratiempos los reconocimientos médicos y se incorpora al entrenamiento". Deportivo da Coruña. 8 de agosto de 2014.  (en castelán)
  31. "El Celta se toma más en serio el derbi". Marca. 13 de agosto de 2014.  (en castelán)
  32. "Medunjanin firma tres temporadas con el Deportivo". Marca. 14 de agosto de 2014.  (en castelán)
  33. "El Deportivo y Rudy acuerdan la rescisión de su contrato". Marca. 22 de agosto de 2014.  (en castelán)
  34. "Arizmendi se desvincula del Deportivo". Marca. 22 de agosto de 2014.  (en castelán)
  35. "Cavaleiro: "Tristemente perdimos, pero ya levantamos la cabeza"". Marca. 24 de agosto de 2014.  (en castelán)
  36. "El Deportivo renuncia a prorrogar la cesión de Borja Bastón". Deportivo da Coruña. 27 de agosto de 2014.  (en castelán)
  37. "Tres futbolistas se desvinculan del Real Club Deportivo". Deportivo da Coruña. 27 de agosto de 2014.  (en castelán)
  38. "Hélder Postiga, nueva incorporación del Deportivo". Deportivo da Coruña. 1 de setembro de 2014.  (en castelán)
  39. "Juanfran se incorpora al Dépor". Deportivo da Coruña. 1 de setembro de 2014.  (en castelán)
  40. "Sidnei nuevo jugador del Dépor". Deportivo da Coruña. 1 de setembro de 2014.  (en castelán)
  41. "Listado de dorsales para este primer tramo de la temporada". Deportivo da Coruña. 2 de setembro de 2014.  (en castelán)
  42. "Modibo Diakhité cierra el mercado de fichajes del Dépor". Deportivo da Coruña. 2 de setembro de 2014.  (en castelán)
  43. "El Hospital HM Modelo se convierte en el centro médico oficial del Deportivo". Deportivo da Coruña. 11 de setembro de 2014.  (en castelán)
  44. "Taiwan Excellence premia al presidente del Deportivo". Deportivo da Coruña. 12 de setembro de 2014.  (en castelán)
  45. "Meliá Hoteles se convierte en la cadena oficial del Deportivo". Deportivo da Coruña. 12 de setembro de 2014.  (en castelán)
  46. "El RCD continúa con su política de reducción de deuda y desinversión en activos no estratégicos". Deportivo da Coruña. 18 de setembro de 2014.  (en castelán)
  47. "Comunicado del Real Club Deportivo por un hecho relevante". Deportivo da Coruña. 29 de setembro de 2014.  (en castelán)
  48. "Datos de la campaña de renovación y captación de socios". Deportivo da Coruña. 1 de outubro de 2014.  (en castelán)
  49. "Amistoso para el primer equipo en Ordes el jueves 9 de octubre". Deportivo da Coruña. 1 de outubro de 2014.  (en castelán)
  50. "Aplazado el amistoso del Deportivo previsto para este jueves en Ordes". Deportivo da Coruña. 6 de outubro de 2014.  (en castelán)
  51. "Los socios del Dépor se beneficiarán de un 7% de descuento en Hoteles MELIÃ". Deportivo da Coruña. 2 de outubro de 2014.  (en castelán)
  52. "El Real Club Deportivo liquida toda la deuda con la Seguridad Social". Deportivo da Coruña. 15 de outubro de 2014.  (en castelán)
  53. "Presentado el convenio de colaboración entre el Dépor y el Básquet Coruña". Deportivo da Coruña. 15 de outubro de 2014.  (en castelán)
  54. "Cavaleiro y Lucas Pérez revolucionan al Dépor". Marca. 19 de outubro de 2014.  (en castelán)
  55. "El Deportivo cede espacio de oficinas al Básquet Coruña tras el incendio de su sede". Deportivo da Coruña. 21 de outubro de 2014.  (en castelán)
  56. "Convocatoria y Orden del Día de la Junta General de Accionistas". Deportivo da Coruña. 22 de outubro de 2014.  (en castelán)
  57. "Presentada la propuesta de Ampliación de Capital Social del Deportivo". Deportivo da Coruña. 23 de outubro de 2014.  (en castelán)
  58. "El Dépor estrenará la publicidad de Sockatyes este viernes". Deportivo da Coruña. 5 de novembro de 2014.  (en castelán)
  59. "El Deportivo paga a la AEAT la totalidad de las cantidades correspondientes a la Temporada '14-'15". Deportivo da Coruña. 6 de novembro de 2014.  (en castelán)
  60. "La Junta respalda por mayoría todas las propuestas del Consejo". Deportivo da Coruña. 26 de novembro de 2014.  (en castelán)
  61. "Fallece un hombre tras una pelea entre aficionados del Atlético y el Deportivo". Marca. 30 de novembro de 2014.  (en castelán)
  62. "Comunicado del Real Club Deportivo". Deportivo da Coruña. 30 de novembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 30 de novembro de 2014.  (en castelán)
  63. "Comunicado del R.C. Deportivo de La Coruña". Deportivo da Coruña. 2 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2014. Consultado o 03 de decembro de 2014.  (en castelán)
  64. Levante-EMV (7 de decembro de 2014). "Una jornada sin ultras". Levante (en castelán). Consultado o 9 de abril de 2019. 
  65. "El empate sabe a poco". Marca. 3 de decembro de 2014.  (en castelán)
  66. "Riazor guarda un minuto de silencio contra la violencia". Marca. 3 de decembro de 2014.  (en castelán)
  67. "Tebas destituye a Lendoiro como embajador de la LFP". Marca. 3 de decembro de 2014.  (en castelán)
  68. "La Federación de Peñas del Deportivo dimite tras ofrecer otra versión sobre las entradas". Marca. 4 de decembro de 2014.  (en castelán)
  69. "Comunicado del Real Club Deportivo". Deportivo da Coruña. 4 de decembro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 04 de decembro de 2014.  (en castelán)
  70. "Las peñas del Dépor salen en defensa de Riazor Blues". Marca. 13 de decembro de 2014.  (en castelán)
  71. "El Dépor nos une". Deportivo da Coruña. 14 de decembro de 2014.  (en castelán)
  72. "Fariña y Fabricio salvan el puesto de Víctor". Marca. 15 de decembro de 2014.  (en castelán)
  73. "Este Málaga tiene Gracia". Marca. 18 de decembro de 2014.  (en castelán)
  74. "El Deportivo se personará en el procedimiento penal abierto por el Levante-Zaragoza". Marca. 23 de decembro de 2014.  (en castelán)
  75. "Saúl, primer fichaje del Dépor 2015 - 2016". Deportivo da Coruña. 29 de decembro de 2014.  (en castelán)
  76. "El nuevo año traerá dos refuerzos". La Opinión de A Coruña. 17 de decembro de 2014.  (en castelán)
  77. "Oriol Riera supera el reconocimiento médico y firma por lo que resta de temporada". Deportivo da Coruña. 5 de xaneiro de 2015.  (en castelán)
  78. "Celso Borges nuevo jugador del Deportivo". Deportivo da Coruña. 14 de xaneiro de 2015.  (en castelán)
  79. "Diego Seoane, cedido al Lugo hasta final de temporada". Deportivo da Coruña. 14 de xaneiro de 2015.  (en castelán)
  80. Hélder Costa supera el reconocimiento médico y firma su contrato hasta final de temporada; Deportivo da Coruña, 20 de xaneiro de 2014 (en castelán)
  81. "Juan Carlos Real y el Deportivo firmaron esta mañana la resolución del contrato del futbolista". Deportivo da Coruña. 26 de xaneiro de 2015.  (en castelán)
  82. "Borja López llega cedido al Deportivo". Marca. 29 de xaneiro de 2015.  (en castelán)
  83. "El Celta reina 'no seu derbi'". Marca. 22 de febreiro de 2015.  (en castelán)
  84. "Wilk sufre una fractura de la base del quinto metatarsiano". Deportivo da Coruña. 18 de marzo de 2015.  (en castelán)
  85. "Cezary Wilk será intervenido mañana por la tarde en el Hospital HM Modelo de A Coruña". Deportivo da Coruña. 23 de marzo de 2015.  (en castelán)
  86. "Salomao se estrena en Liga un año después de su grave lesión". Marca. 22 de marzo de 2015.  (en castelán)
  87. "Este fin de semana falleció el ex deportivista 'Miche'". Deportivo da Coruña. 24 de marzo de 2015.  (en castelán)
  88. "Víctor Fernández no continuará como entrenador del Real Club Deportivo". Deportivo da Coruña. 8 de abril de 2015.  (en castelán)
  89. "Víctor Sánchez del Amo nuevo entrenador del Real Club Deportivo". Deportivo da Coruña. 9 de abril de 2015.  (en castelán)
  90. "PES 2015, desde hoy en las medias del Dépor". Deportivo da Coruña. 12 de abril de 2015.  (en castelán)
  91. "El Deportivo pacta con Oltra y Sanz el pago de 670.000 euros de deuda". Marca. 20 de abril de 2015.  (en castelán)
  92. "Lopo, récord de amarillas en la historia de Primera". La Opinión de A Coruña. 10 de maio de 2015.  (en castelán)
  93. "Fallece Juan Emery, portero del Deportivo a principios de los 60". Deportivo da Coruña. 10 de maio de 2015.  (en castelán)
  94. "Una vida más para el Dépor". Marca. 17 de maio de 2015.  (en castelán)
  95. "Ganar para evitar un récord". La Voz de Galicia. 8 de maio de 2015.  (en castelán)
  96. "El Barça indulta al Dépor". Marca. 23 de maio de 2015.  (en castelán)
  97. "Salomao obró el milagro y el Deportivo se salvó de un nuevo drama". Marca. 23 de maio de 2015.  (en castelán)
  98. "El Dépor salva un punto en el descuento". Deportivo da Coruña. 31 de agosto de 2014.  (en castelán)
  99. "Castigo excesivo a la propuesta del Deportivo". Deportivo da Coruña. 20 de setembro de 2014.  (en castelán)
  100. "Duro e inmerecido castigo para el Dépor, que cae derrotado en el descuento". Deportivo da Coruña. 28 de setembro de 2014.  (en castelán)
  101. "El Dépor firma justo el partido que necesitaba y gana al Valencia (3-0)". Deportivo da Coruña. 19 de outubro de 2014.  (en castelán)
  102. "El Getafe gana en Riazor ante un Dépor inconexo". Deportivo da Coruña. 31 de outubro de 2014.  (en castelán)
  103. "El Dépor empata un partido en el que no materializó su superioridad en la segunda parte". Deportivo da Coruña. 23 de novembro de 2014.  (en castelán)
  104. "El Dépor vuelve a caer mostrándose de nuevo superior al Málaga". Deportivo da Coruña. 7 de decembro de 2014.  (en castelán)
  105. "El Dépor logra una importantísima victoria ante el Elche". Deportivo da Coruña. 15 de decembro de 2014.  (en castelán)
  106. "El Dépor regala a su afición la primera victoria de 2015". Deportivo da Coruña. 4 de xaneiro de 2015.  (en castelán)
  107. "El Dépor cae ante el Barça (0-4) pero cierra la primera vuelta fuera de descenso". Deportivo da Coruña. 18 de xaneiro de 2015.  (en castelán)
  108. "El Dépor no pasa del empate (2-2) ante el Granada en un partido muy abierto". Deportivo da Coruña. 25 de xaneiro de 2015.  (en castelán)
  109. "Victoria de oro del Dépor ante el Eibar (2-0)". Deportivo da Coruña. 6 de febreiro de 2015.  (en castelán)
  110. "El Dépor cae en el derbi tras dos imprecisiones que costaron el partido (0-2)". Deportivo da Coruña. 22 de febreiro de 2015.  (en castelán)
  111. "Golpe excesivo para el Dépor ante el Sevilla (3-4)". Deportivo da Coruña. 7 de marzo de 2015.  (en castelán)
  112. "El Dépor, in extremis y con diez futbolistas, salva un punto ante el Córdoba". Deportivo da Coruña. 8 de abril de 2015.  (en castelán)
  113. "El Dépor no consiguió puntuar ante el campeón de Liga (1-2)". Deportivo da Coruña. 18 de abril de 2015.  (en castelán)
  114. "El Dépor vuelve a empatar (1-1) y reduce su margen de error al mínimo". Deportivo da Coruña. 3 de maio de 2015.  (en castelán)
  115. "Pese a la victoria (2-0) la salvación del Dépor queda pendiente de la última jornada". Deportivo da Coruña. 17 de maio de 2015.  (en castelán)
  116. "El Dépor no consiguió pasar del empate tras un buen partido". Deportivo da Coruña. 3 de decembro de 2014.  (en castelán)