Bergantiños Fútbol Club

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bergantiños
Nome Bergantiños Fútbol Club
Alcume(s) Bergan
Fundación 1923
Estadio As Eiroas,
Carballo, Galicia
Capacidade 3.500[1]
Presidente Galicia José Cotelo Pérez
Adestrador Galicia Jesús Baleato
Liga 3ª – Grupo 1
2014–15
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra

O Bergantiños Fútbol Club é un equipo de fútbol de Carballo (A Coruña). Foi fundado en 1923 e compite na Terceira División. Disputa os seus partidos como local no Estadio As Eiroas da capital bergantiñá.

Historia[editar | editar a fonte]

Inicios do fútbol en Carballo[editar | editar a fonte]

Casino de Carballo (anteriormente café "La Terraza"), lugar habitual de reunión dos fundadores do Bergantiños FC.

Contra o ano 1920 existían en Carballo seis equipos das barriadas que disputaban os seus encontros no campo situado no terreo que actualmente ocupa a casa do concello carballés. Con "Amistad obrera", "Galicia", "Fortuna", "Huracán", "Español" e "Bergantiños" comezaba a nacer unha importante afección polo fútbol.[2]

Foi en 1923 cando un grupo de entusiastas carballeses, incondicionais das tertulias vespertinas do café "La Terraza" -actual casino- decidiron crear o primeiro club de fútbol federado da comarca de Bergantiños. Bautizóuselle co nome de "Bergantiños F.C." e foi o seu primeiro presidente Luciano Regueiro Pumpido, rexistrador da propiedade en Carballo.[2]

Sucederon a Luciano Regueiro na presidencia do Bergantiños, Ricardo Quiroga e Manuel Mariño, entre outros. O fútbol, acadaba entre os veciños de Carballo e a súa comarca unha grande popularidade. Mais o comezo da Guerra Civil Española dou ao traste co ascenso do fútbol carballés. Durante os tres anos de guerra quedou paralizada toda a actividade deportiva por prohibición das autoridades.[2]

Logo do 39, nova etapa[editar | editar a fonte]

Unha vez finalizada a guerra, Constantino Velo García, "Tino", coa axuda de Siro Piñón e Ruperto Navaza, devolven ao Bergantiños a súa actividade, incorporando ás súas filas xogadores dos equipos de barrio, coma o "Rayo" e o "Imperial". Na tempada 1947-48, lóitase por primeira vez polo ascenso a terceira división. No partido de ida vencía en Carballo ao "Turista de Vigo" por 7-1, mais no choque de volta perdíase por 7-0. Houbo daquela moitas suspicacias sobre a venta dalgún xogador. A segunda tempada que se xogou o ascenso foi na 1952-53 e novamente o verdugo foi o Turista. O resultado en Carballo foi 2-2, e en Vigo 7-2.[2]

O primeiro e único equipo filial do Bergantiños, o "Bergantiños Atlético", creose na tempada 1964-65. Militou na Liga da Costa ata a súa desaparición en 1968.[2]

Copa Galicia[editar | editar a fonte]

Na tempada 1968-69 o Bergantiños conquistou a súa primeira Copa Galicia logo de derrotar na final ao Club Turista por 4-0 en Carballo[3] e impedir a remontada viguesa no encontro de volta celebrado en Vigo, malia a perder por 6 goles a 3.[4] Os xogadores que conquistaron a primeira Copa Galicia do club carballés foron: Medal (porteiro), Diéguez, Julio Díaz, Tito Valdez, Paz, Casal, Facal, Moro, Fariña, Javier Fraile, Lolo Periscal, José Antonio Periscal e Paco de Luisa, baixo a dirección de Quique Liñares e o seu axudante Miguel Lendoiro.[2][5]

Máis recentemente, na tempada 1984-85, o equipo carballés acada novamente a "Copa Galicia" nesta ocasión, os carballeses enfrontáronse ao Meirás CF, ao que venceron en Carballo por 3-0 con goles de Pibe, Toni Pérez e Alfredo, e perdendo por 1-0, no campo "Ismael Prieto" de Meirás.[2][5]

Foi precisamente na tempada 1984-85 cando ao Bergantiños chegoulle de novo a oportunidade de loitar polo ascenso a 3ª división; 32 anos pasaran dende o segundo e último intento errado.[2]

Ascenso a Terceira División[editar | editar a fonte]

Na tempada 1984-85, tras unha loita tenaz e sen cuartel, chegouse ao final da competición cun triplo empate entre o Flavia, Sp Sada e Bergantiños: 59 puntos e 21 positivos. Mais o mellor "gol-average" de Flavia e Sp Sada convérteos respectivamente en acredores do título e do dereito a disputar a promoción. O Bergantiños quédase, de novo, ás portas.[2]

O ascenso a 3ª División chegou na tempada 1985-86. Houbo que agardar 63 anos dende a fundación do equipo.[2]

Na seguinte tempada o Bergantiños consegue un cuarto posto na terceira division que lle da a oportunidade de xogar a fase de ascenso a segunda B.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en 2ªB: 2
  • Tempadas en : 16
  • Participacións na Copa do Rei: 6 (1987-88, 1988-89, 1990-91, 1991-92, 1992-93, 1994-95)
  • Mellor posto na liga: 1º Terceira División (1993-94)
  • Peor posto na liga: 19º Terceira División (1994-95)

Historial na liga[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posto
de 29-30 Rexional
ata 85-86 Rexional
1986/87
1987/88 2ªB 11º
1988/89 2ªB 20º
1989/90
1990/91
1991/92
1992/93 13º
1993/94
1994/95 19º
de 95-96 Rexional
a 01-02 Rexional
2002/03 15º
Tempada Categoría Posto
2003/04 10º
2004/05 12º
2005/06 11º
2006/07 18º
2007/08 Preferente
2008/09 Preferente
2009/10 14º
2010/11 14º
2011/12 13º
2012/13 18º
2013/14 Preferente
2014/15
2015/16

Palmarés[editar | editar a fonte]

O Bergantiños FC ten conquistado os seguintes títulos:[6]

Xogadores destacados[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Instalacións. Complexo Deportivo das Eiroas" (PDF). Concello de Carballo. Consultado o 5 de decembro de 2015. 
  2. 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 "Bergantiños FC, un equipo histórico" (en español). Bergantiños FC. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2008. Consultado o 5 de decembro de 2015. 
  3. "Copa Galicia. El Turista, fuertemente derrotado por el Bergantiños: 4–0". El Pueblo Gallego nº 16.904 (en español). 24 de xuño de 1969. p. 16. Consultado o 5 de decembro de 2015. 
  4. "Copa Galicia. El Bergatiños campeón, a pesar de ser vencido por el Turista: 6–3". El Pueblo Gallego nº 16.910 (en español). 1 de xullo de 1969. p. 15. Consultado o 5 de decembro de 2015. 
  5. 5,0 5,1 "Homenaje al Bergantiños de la Copa Galicia 1968–1969". La Voz de Galicia (en español). 21 de agosto de 2010. Después de este éxito, esperó hasta la campaña 1984–85 para conseguir su segunda y última Copa Galicia. En esa ocasión, ante el Meirás de Ferrol. Venció en Carballo (3–0, tantos de Pibe, Toni Pérez y Alfredo) y cayó en la vuelta (1–0). 
  6. "Palmarés" (en español). Bergantiños FC. Arquivado dende o orixinal o 15 de decembro de 2009. Consultado o 5 de decembro de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]