Peluquería Mixta Friol
(Redirección desde «PM Friol»)
Peluquería Mixta Friol | |
---|---|
Nome | Club Peluquería Mixta Friol |
Fundación | 1988 |
Estadio | Campo da Reigosa (Friol) |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Liga | Segunda Federación |
Na rede | |
https://www.pmfriol.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |

O Club Peluquería Mixta Friol é un equipo galego de fútbol feminino fundado en Friol en 1988.[1]
Historia[editar | editar a fonte]
O equipo naceu en 1988, e en 1996 creouse a sección feminina cun equipo de fútbol sala. En 2006 creouse o equipo de fútbol feminino, que na tempada 2006-07 gañou a Liga Autonómica e ascendeu á Liga Nacional. Na tempada 2019/20 comezou a xogar na liga Reto Iberdrola (a segunda división), e creouse un equipo filial.
Na tempada 2023-24 xoga na Segunda Federación feminina e participa na Copa da Raíña de fútbol.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Historia". Peluquería Mixta Friol.