José Gil Gordillo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Gil
Información persoal
Nome completo José Gil Gordillo
Nacemento 9 de outubro de 1960 (58 anos)
Lugar Sanlúcar de Barrameda, España
Altura 1,74 m.
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1982–1986 Barcelona B 71 (5)
1985–1991 Deportivo da Coruña 206 (30)
1991–1996 Celta de Vigo 174 (8)
1996–1997 Racing de Ferrol 15 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

José Gil Gordillo, nado en Sanlúcar de Barrameda (Cádiz) o 9 de outubro de 1960, é un ex-futbolista español. Xogaba de centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Saído da canteira do FC Barcelona, debutou co Barcelona Atlètic en Segunda División na tempada 1982–83, permanecendo na entidade até a campaña 1984–85. Na súa estadía no Barça B participou en 71 partidos e anotou 5 goles. Non chegou a debutar no primeiro equipo.

Na tempada 1985–86 fichou polo Deportivo da Coruña, naquel entón en Segunda División, co que conseguiu o ascenso a Primeira na campaña 1990–91.

Ao ano seguinte deixou o club branquiazul para recalar no Celta de Vigo, co que subiría tamén a Primeira División. Na campaña 1992–93, Gil debutou finalmente na máxima categoría, xogando 32 partidos. Nos catro anos cos vigueses en Primeira, o andaluz foi titular indiscutible no club galego, aínda que na última campaña, a 1995–96, xogou só 29 encontros. En total, sumou 137 partidos e 5 goles na máxima categoría do fútbol español.

No verán de 1996 deixou o Celta e fichou polo Rácing de Ferrol, retirándose pouco tempo despois.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]