Dani Mallo
Dani Mallo | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Daniel Mallo Castro | ||
Nacemento | 25 de xaneiro de 1979 (44 anos) | ||
Lugar de nacemento | Cambre | ||
Altura | 1,85 m. | ||
Posición | Porteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
1994–1995 | Sporting Cambre | ||
1995–1997 | Deportivo da Coruña | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1997–2001 | Deportivo B | ||
2001–2006 | Deportivo da Coruña | 3 | (0) |
2003–2004 | → Elche (cedido) | 38 | (0) |
2006–2008 | Braga | 8 | (0) |
2009 | Falkirk | 15 | (0) |
2009–2013 | Girona | 81 | (0) |
2013–2015 | Lugo | 30 | (0) |
2015–2016 | Albacete | 3 | (0) |
2016– | Atlético de Kolkata | 2 | (0) |
2017 | Hospitalet | 12 | (0) |
Selección nacional | |||
1996–1998 | España sub-18 | 12 | (0) |
2000 | España sub-21 | 1 | (0) |
2005 | Galicia | 1 | (0) |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Daniel Mallo Castro, coñecido como Dani Mallo, nado en Cambre o 25 de xaneiro de 1979, é un ex-futbolista e político galego. Xogaba de porteiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Natural de Cambre e formado na canteira do Deportivo da Coruña, xogou como xuvenil no Sporting Cambre e a partir de 1995 xa no Deportivo B, tanto en Segunda División B como en Terceira División. Pasou ao cadro do primeiro equipo en Primeira División en 2001, pero non debutou oficialmente até o 5 de maio de 2003, cando xogou vinte minutos na vitoria deportivista fronte ao Recreativo de Huelva.
Ao non xogar apenas partidos e figurar como terceiro porteiro do equipo, foi cedido na tempada 2003–04 ao Elche CF, en Segunda División. Con este conxunto, disputou todos os partidos do ano, e a escuadra quedou na posición 14ª. Ao ano seguinte volveu ao Deportivo, pero seguiu sen xogar, e o 10 de xullo de 2006 anunciou que fichaba polo equipo portugués do Sporting de Braga ao que marchou para disputar a tempada 2006–07 na posición de porteiro suplente. Xogou un partido naquel ano, e á tempada seguinte, por culpa da lesión do titular Paulo Santos, disputou sete partidos da Liga portuguesa, e tamén varios encontros da Copa de Portugal e da Copa da UEFA. Ao final da tempada a súa ficha pasa a ter unha situación pouco definida: adestra por separado, non xoga ningún encontro e no mercado de inverno de xaneiro de 2009 fichou polo Falkirk FC da Scottish Premier League.[1].
En xullo de 2009, Mallo resultou relegado debido á marcha do adestrador John Hughes ao Hibernian FC, e o xogador galego elixiu ir a Cataluña para xogar co Girona FC.[2] Tras varios anos en Xirona realizando boas tempadas, o 5 de xullo de 2013 asinou por dúas tempadas co Club Deportivo Lugo.
Clubs[editar | editar a fonte]
Ano | Club | División | Partidos | Goles rec. |
---|---|---|---|---|
1997-1998 | Deportivo B | Segunda B | 28 | |
1998-1999 | Deportivo B | Segunda B | 13 | |
1999-2000 | Deportivo B | Terceira | ||
2000-2001 | Deportivo B | Segunda B | 35 | 63 |
2001-2002 | Deportivo B | Terceira | ||
2001-2002 | Deportivo | Primeira | 0 | 0 |
2002-2003 | Deportivo | Primeira | 2 | 1 |
2003-2004 | Elche | Segunda | 38 | 55 |
2004-2005 | Deportivo | Primeira | 1 | 1 |
2005-2006 | Deportivo | Primeira | 0 | 0 |
2006-2007 | Sporting Braga | Primeira Liga | 1 | 0 |
2007-2008 | Sporting Braga | Primeira Liga | 7 | 7 |
2008-2009 | Falkirk | Scottish P.L. | 15 | 17 |
2009-2010 | Girona | Segunda | 10 | 15 |
2010-2011 | Girona | Segunda | 10 | 17 |
2011-2012 | Girona | Segunda | 22 | 26 |
2012-2013 | Girona | Segunda | 39 | 49 |
2013-2014 | Lugo | Segunda | 16 | 24 |
2014-2015 | Lugo | Segunda | 14 | 14 |
2015-2016 | Albacete | Segunda |
Logo do fútbol[editar | editar a fonte]
Foi colaborador da RTVG como comentarista e analista en programas de fútbol, foi delegado do sindicato de futbolistas AFE e adestrador de porteiros nas categorías de nenos e mozos do Deportivo.
Ademais, presentouse nas listas electorais de Unión por Cambre nas eleccións municipais de 2019 e foi elixido concelleiro. No segundo goberno de Óscar García Patiño (UxC), Mallo asumiu a carteira de Deporte, Mocidade e Cultura.
Tamén ten colaborado como voluntario de rescate coa Cruz Vermella[3].
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Deportivo
Recoñecementos[editar | editar a fonte]
O campo de fútbol municipal do concello de Cambre leva o seu nome.[4]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Mallo Falkirk bound, Web do Falkirk FC, 16/1/2009
- ↑ "El Girona refuerza la portería con Dani Mallo y Pociello", Diario AS
- ↑ "Dani Mallo, concejal del ayuntamiento de Cambre : "El deporte en Cambre goza de buena salud"". Galicia Sport (en castelán). 2021-10-02. Consultado o 2022-09-01.
- ↑ "O campo de fútbol Dani Mallo, de Cambre, dispón de novas bancadas e vestiarios, cuxo investimento de 600.000 euros foi financiado pola Deputación e o Concello". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2015. Consultado o 05 de febreiro de 2015.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1979
- Nados en Cambre
- Futbolistas de Cambre
- Gardametas de fútbol
- Xogadores do Sporting Cambre
- Xogadores do Deportivo Fabril
- Xogadores do Elche CF
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do SC Braga
- Xogadores do Falkirk FC
- Xogadores do Girona FC
- Xogadores do CD Lugo
- Xogadores do Albacete Balompié
- Xogadores do ATK
- Xogadores da selección de fútbol de España sub-21
- Xogadores da selección de fútbol de Galicia
- Xogadores do Deportivo da Coruña internacionais coa selección de fútbol de Galicia
- Concelleiros de Cambre