Cheché Martín
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | (es) José María Martín Rodríguez 25 de abril de 1926 A Coruña | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Morte | 23 de xuño de 2006 A Coruña | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Altura | 1,76 m | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 1946 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Defensa | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Pai | Joaquín Martín Martínez | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
José María Martín Rodríguez, máis coñecido como Cheché Martín, nado na Coruña o 25 de abril de 1924 e finado na mesma cidade o 23 de xuño de 2006, foi un futbolista, adestrador e pintor galego. Xogaba como defensa e disputou 184 partidos na Primeira División, nas filas do Deportivo da Coruña, o Barcelona, o Atlético de Madrid e o Valencia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Infancia
[editar | editar a fonte]Naceu o 25 de abril de 1924 na Coruña, no seo dunha familia vencellada ao republicanismo e nunha casa frecuentada por artistas, escritores e políticos.[1] Era fillo de Joaquín Martín, secretario do Concello da Coruña, e de Elvira Rodríguez Salgado, filla á súa vez do célebre Médico Rodríguez, e sobriño do pintor Francisco Lloréns.[1] Aos 9 anos participou na inauguración dunha escultura de Emilio Madariaga dedicada ao seu avó na praza de Ourense, sendo o encargado de descubrir a obra.[2]
Como xogador
[editar | editar a fonte]Arxentina
[editar | editar a fonte]Comezou a xogar ao fútbol no club Marina da Coruña.[3] Pouco despois do inicio da guerra civil, en agosto de 1936, seu pai foi fusilado no Campo da Rata, xunto ao alcalde Alfredo Suárez Ferrín e catro persoas máis, a mans de militares do bando nacional. Grazas ao pintor Fernando Álvarez de Sotomayor, a familia conseguiu fuxir a Buenos Aires, Arxentina.[4] Alí seguiu interesado pola arte e súa nai pediulle a Castelao que lle dese clases, pero este rexeitou o ofrecemento polos seus problemas de saúde.[1]
Tras realizar unha fracasada proba con Boca Juniors, en 1940 ingresou nas categorías inferiores de Banfield. Máis tarde deixou Buenos Aires e marchou cuns amigos artistas a La Falda, na provincia de Córdoba.[1] Alí realizou algunhas das súas primeiras obras e trabou amizade con pintores como Jorge Brito.[1] Tamén traballou como debuxante, sendo ilustrador na revista Argentina Austral e facendo caricaturas nos bares.[1]
Venezuela e Francia
[editar | editar a fonte]En 1945 recibiu unha oferta do Deportivo Vasco de Caracas, da Primeira División de Venezuela, onde comezou xogando como interior dereito, antes de asentarse no medio do campo.[1] En xaneiro de 1947 regresou a Europa, fichando polo Angers SCO, da cidade francesa de Angers, co que asinou un contrato de 700.000 francos por dúas tempadas.[1] Na súa primeira tempada, o equpo acabou terceiro na Division 2, mentres que na seguinte acabou sétimo. Ademais, en 1948 eliminou ao Olympique de Marsella nos dezaseisavos de final da Copa de Francia, sendo autor dun dos goles.[1] En Francia familiarizouse coa obra de pintores como Picasso ou Matisse.[1]
Deportivo da Coruña
[editar | editar a fonte]En setembro de 1948 regresou a Galicia e fichou polo Deportivo da Coruña, por mediación do xornalista José Luis Bugallal, alias Marathon, parente seu.[1][5] O equipo galego viña de ascender á Primeira División e estaba adestrado por Gabriel Andonegui. Debutou na segunda xornada da tempada 1948/49, contra o Sabadell en Riazor, partido no que se aliñou no medio do campo xunto a Guimeráns.[6]
Titular case toda a tempada, disputou 20 partidos, conseguindo a permanencia na derradeira xornada, xa con Cuqui Bienzobas no banco.[1] Na tempada 1949/50, adestrado por Alejandro Scopelli, xogou 24 partidos e anotou 2 goles, un deles cunha chilena na vitoria por 3-0 contra o Real Madrid e outro no derbi galego fronte ao Celta de Vigo, cunha espectacular cabezada dende fóra da área.[1] Esta campaña o Dépor quedou subcampión, cun punto menos que o líder, o Atlético de Madrid.
Barcelona
[editar | editar a fonte]En abril de 1950 fichou polo FC Barcelona, co que debutou ese mesmo mes na Copa do Xeneralísimo.[7] Na seguinte tempada participou en 24 encontros e conquistou o título de Copa, sendo titular na final contra a Real Sociedad en Chamartín, onde formou no centro do campo xunto a Gonzalvo III.[8] Gañou ademais o Teresa Herrera na súa cidade natal, tras derrotar o Young Boys suízo.
Na 1951/52 chegou ao equipo Ferdinand Daučík, que o aliñou como defensa central e lateral dereito.[1] Xogou 31 partidos, logrando o título de liga, ademais dunha nova Copa do Xeneralísimo e a Copa Latina. En xuño de 1952 debutou como internacional nun partido contra Irlanda. Na tempada 1952/53 xogou tan só 12 partidos, pero ǵañou novamente a liga e a Copa do Xeneralísimo, así como a Copa Eva Duarte, título este último que repetiu no inicio da seguinte campaña. Con todo, os seus problemas co adestrador Daučík fixeron que non chegase a disputar ningún partido na tempada 1953/54.
Atlético de Madrid
[editar | editar a fonte]En decembro de 1953 firmou polo Atlético de Madrid, onde xogou como lateral dereito. Na súa primeira tempada disputou 16 partidos e anotou un gol, quedando o seu equipo na zona media da táboa. Na tempada 1954/55 xogou 26 encontros e anotou 2 goles, quedando novamente na zona media da clasificación. Na campaña 1955/56 participou en 30 partidos e anotou 1 gol. Ese ano o equipo quedou 5º clasificado. En xuño de 1956 conquistou o seu segundo Teresa Herrera na Coruña.[1]
Na tempada 1956/57 fichou polo Valencia, adestrado por Lluís Miró. Na súa primeira campaña no conxunto valencianista sufriu unha fisura de peroné. Con todo, participou en 17 partidos e anotou un gol contra o Barcelona. Na 1957/58 xogou tan só un encontro.
Morelia
[editar | editar a fonte]A continuación puxo rumbo a México, por mediación do toureiro Curro Caro e do adestrador Fernando García, e fichou polo Club Deportivo Morelia.[1] Debutou na Primeira División de México o 10 de agosto de 1958 e disputou como defensa central unha tempada, na que o equipo rematou 12º entre catorce equipos.[1] En 1959 reforzou ao Atlas nun partido amigable contra o Santos brasileiro, onde tivo que marcar a Pelé.[1] Xogou tres tempadas no Morelia, exercendo na última delas como xogador-adestrador.[1]
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Cheché Martín xogou un único encontro coa selección española. Era un partido contra Irlanda o 1 de xuño de 1952, que rematou con vitoria española (6–0). Cheché xogou o encontro completo.
Como adestrador
[editar | editar a fonte]México
[editar | editar a fonte]Tras unha primeira experiencia como xogador-adestrador no Morelia, na tempada 1961/62 púxose á fronte do Toluca, co que rematou na terceira posición da Primeira División, empatado a puntos co subcampión, o América.[1] Despois de ser destituído na tempada seguinte, regresou ao Morelia, ao que dirixiu durante dous anos. En 1965 regresou a España, ao ser reclamado pola súa familia para axudar no coidado de seu irmán Joaquín, moi afectado polo párkinson.[1]
Badajoz
[editar | editar a fonte]Na tempada 1965/66 foi contratado polo Badajoz, equipo clasificado na derradeira posición da Segunda División, onde substituíu ao cesado Santiago Núñez. Conseguiu vencer o seu primeiro partido, pero non puido evitar o descenso do club. A continuación adestrou durante dúas campañas o Murcia, tamén en Segunda, obtendo un sétimo e un sexto posto.
Deportivo da Coruña
[editar | editar a fonte]Na tempada 1968/69 regresou ao Deportivo da Coruña, onde incorporou a Arsenio Iglesias como axudante.[1] O equipo coruñés levaba sete anos enlazando descensos e ascensos de xeito consecutivo, pero con Cheché Martín no banco, o club conseguiu a permanencia en Primeira, a pesar de que o técnico non contaba con experiencia na categoría.[1] Na seguinte campaña, coa estrela Luis Suárez como reforzo, o equipo gañou o Trofeo Teresa Herrera tras vencer na final ao Nacional de Montevideo, sendo este o terceiro título para Martín. As cousas non foron tan ben na liga, onde o equipo coruñés acabou descendendo á Segunda División.
Zaragoza
[editar | editar a fonte]Para a tempada 1970/71 rexeitou a oferta de renovación do Deportivo e asinou co Real Zaragoza, onde tan só estivo 6 xornadas, sendo substituído por Domènec Balmanya. Ese ano o equipo aragonés descendeu a Segunda División como último clasificado.
Últimos anos
[editar | editar a fonte]Na campaña 1972/73 adestrou o Real Valladolid, en Segunda División, logrando a quinta posición, a 6 puntos dos postos de ascenso directo. Tras un breve paso polo Terrassa, na 1974/75 fichou polo Recreativo de Huelva, ao que dirixiu durante as 20 primeira xornadas. Con todo, na cidade andaluza sufriu un edema cerebral que o obrigou a deixar temporalmente o fútbol.[1]
Instalado definitivamente na Coruña, anunciou que deixaba o fútbol para se dedicar á pintura, pero a finais da tempada 1975/76 foi reclamado polo Deportivo da Coruña para substituír ao militar José Antonio Naya, cesado trala xornada 32. Na seguinte tempada empezou adestrando o Deportivo o arxentino Héctor Rial, ata que deixou o posto por problemas de saúde, sendo substituído por Cheché Martín na xornada 14. Con todo, tamén este tivo que deixar o equipo por enfermidade, permanecendo só 14 xornadas e sendo substituído provisionalmente por José López, ata a chegada a falta de 6 partidos de Juan Arza.[1] Martín colleu o Dépor no 11º posto e deixouno no 8º lugar no momento da súa marcha.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Barcelona
- Primeira División (2): 1951/52, 1952/53.
- Copa do Xeneralísimo (3): 1951, 1952, 1952/53.
- Copa Latina (1): 1952.
- Copa Eva Duarte (2): 1951/52, 1952/53.
Estatísticas
[editar | editar a fonte]| Club | Tempada | División | Liga | Copa | Outros[N 1] | Total | ||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | Partidos | Goles | |||
| Deportivo Vasco | 1945/46 | Primeira | ? | ? | ? | ? | ? | ? | ? | ? |
| Angers SCO | 1946/47 | Division 2 | ? | ? | ? | ? | ? | ? | ? | ? |
| 1947/48 | Division 2 | ? | ? | ? | ? | ? | ? | ? | ? | |
| Total club | ? | ? | ? | ? | ? | ? | ? | ? | ||
| Deportivo da Coruña | 1948/49 | Primeira | 19 | 0 | 1 | 0 | - | - | 20 | 0 |
| 1949/50 | Primeira | 24 | 2 | - | - | - | - | 24 | 2 | |
| Total club | 43 | 2 | 1 | 0 | 0 | 0 | 44 | 2 | ||
| Barcelona | 1949/50 | Primeira | - | - | 2 | 0 | - | - | 2 | 0 |
| 1950/51 | Primeira | 21 | 0 | 3 | 0 | - | - | 24 | 0 | |
| 1951/52 | Primeira | 22 | 0 | 7 | 0 | 2 | 0 | 31 | 0 | |
| 1952/53 | Primeira | 12 | 0 | 0 | 0 | - | - | 12 | 0 | |
| 1953/54 | Primeira | 5 | 0 | - | - | - | - | 5 | 0 | |
| Total club | 60 | 0 | 12 | 0 | 2 | 0 | 74 | 0 | ||
| Atlético de Madrid | 1953/54 | Primeira | 15 | 1 | 1 | 0 | - | - | 16 | 1 |
| 1954/55 | Primeira | 23 | 2 | 3 | 0 | - | - | 26 | 2 | |
| 1955/56 | Primeira | 30 | 1 | 7 | 0 | - | - | 37 | 1 | |
| Total club | 68 | 4 | 11 | 0 | 0 | 0 | 79 | 0 | ||
| Valencia | 1956/57 | Primeira | 17 | 1 | 0 | 0 | - | - | 17 | 1 |
| 1957/58 | Primeira | 1 | 0 | 0 | 0 | - | - | 1 | 0 | |
| Total club | 18 | 1 | 0 | 0 | 0 | 0 | 18 | 1 | ||
| Morelia | 1958/59 | Primeira | ? | ? | ? | ? | ? | ? | ? | ? |
| 1959/60 | Primeira | ? | ? | ? | ? | ? | ? | ? | ? | |
| 1960/61 | Primeira | ? | ? | ? | ? | ? | ? | ? | ? | |
| Total club | ? | ? | ? | ? | ? | ? | ? | ? | ||
| Total carreira | 189+ | 7 | 24 | 0 | 2 | 0 | 215+ | 7 | ||
- ↑ Inclúe partidos da Copa Latina.
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 18 19 20 21 22 23 24 25 Ventureira, Rubén. "Cheché Martín. A vida nun trazo" (PDF). Consultado o 13 de xullo de 2025.
- ↑ "Homenaje a un gran republicano". El Pueblo Gallego (en castelán) (2939). 29 de agosto de 1933. p. 8. Consultado o 13 de xullo de 2025.
- ↑ Salinas, David (25 de maio de 2024). "'Cheché' Martín: un futbolista con alma de pintor". Sport (en castelán). Consultado o 13 de xullo de 2025.
- ↑ Miranda, Carlos (24 de abril de 2024). "Cheché Martín, un centenario lleno de trazos, vida y nostalgia". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 13 de xullo de 2025.
- ↑ "Martín llegará hoy a La Coruña". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de setembro de 1948. p. 5.
- ↑ "El Deportivo venció en el Estadio al Sabadell por 5 a 2". El Ideal Gallego (en castelán) (9624). 21 de setembro de 1948. p. 5. Consultado o 13 de xullo de 2025.
- ↑ "Martín fichó ayer por el Barcelona". El Ideal Gallego (en castelán) (10107). 13 de abril de 1950. p. 5. Consultado o 13 de xullo de 2025.
- ↑ "Barcelona - Real Sociedad". BDFutbol (en castelán). Consultado o 13 de xullo de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Entrada "Martín Rodríguez, José María" do Dicionario biográfico de Galicia, T. 2, p. 279, Ir Indo Edicións, 2010-2011, Vigo.
- Lezcano González, Arturo (2005). Cheché Martín, fútbol sobre lenzo. Santiago de Compostela: Edicións Lea. ISBN 84-95444-62-3.
- Nados en 1926
- Finados en 2006
- Nados na Coruña
- Futbolistas da Coruña
- Defensas de fútbol
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do FC Barcelona
- Xogadores do Atlético de Madrid
- Xogadores do Valencia CF
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Adestradores de fútbol de Galicia
- Adestradores do Deportivo da Coruña
- Adestradores do Real Valladolid
- Adestradores do Real Zaragoza
- Xogadores do CA Banfield
- Xogadores do Angers SCO
- Xogadores do Deportivo Vasco de Caracas
- Adestradores do Terrassa FC
- Adestradores do Real Murcia
- Adestradores do Recreativo de Huelva
- Adestradores do CD Badajoz
- Pintores de Galicia