Ricardo García Martínez
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 23 de decembro de 1914 Langreu | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Morte | 10 de xullo de 1971 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ricardo García Martínez, coñecido como Cuca, nado en Sama (Langreu) o 23 de decembro de 1914 e finado o 10 de xullo de 1971, foi un futbolista español. Xogaba de dianteiro.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Na tempada 1935–36 xogou co Racing de Santander en Primeira División, club co que descendeu a Segunda División na campaña 1939–40, pasada a Guerra Civil. Durante a súa estadía no club cántabro participou en 34 encontros e anotou 12 goles.
Na tempada 1941–42 foi contratado polo Deportivo da Coruña, onde xogou dúas tempadas na máxima categoría participando en 44 partidos e anotando 4 goles. Así, na tempada 1943–44, fichou polo Real Madrid CF, club no que estivo tan só unha campaña e onde xogou 8 partidos e anotou un gol.
Na tempada 1945–46 fichou polo Sporting de Gijón, onde xogou dúas campañas. Na tempada 1949–50 foi xogador do Real Oviedo, descendendo ao final da campaña á Segunda División.