Real Sociedad de Fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Real Sociedad
Nome Real Sociedad de Fútbol, S.A.D.
Alcume(s) Os Txuri-urdin
A Real
Erreala
Fundación 1909
Estadio Municipal de Anoeta,
Donostia, España
Inauguración 13 de agosto de 1993
Capacidade 32.000
Presidente Jokin Aperribay
Adestrador España Eusebio Sacristán
Liga Primeira División
2015–16
Vestimenta Adidas
Patrocinador QBAO.com
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra

A Real Sociedad de Fútbol, S.A.D., coñecida en éuscaro como Erreala, é un club de fútbol fincado na capital de Guipúscoa, Donostia (País Vasco, España). Con máis de 25.000 socios, ten unha longuísima traxectoria na historia do balompé español.

Gañou dous campionatos da Liga española de fútbol, unha Copa do Rei e unha Supercopa de España, así como diversos subcampionatos en devanditas competicións e múltiples participacións europeas ao longo da súa historia, tres na Liga de Campións. Tras 40 tempadas consecutivas na Primeira División Española (1967-2007), o 17 de xuño de 2007, na última xornada da tempada 2006-07, perdeu a categoría, co que pasou a xogar en Segunda División. A tempada 2009-10 volve lograr o ascenso.

Ocupa o posto nº 8 na Clasificación histórica da Primeira División e o nº 184 na clasificación histórica mundial da IFFHS. É, ademais, o sexto equipo que máis internacionais achegou á Selección española de fútbol e ostenta o récord de xornadas consecutivas sen perder en Primeira.

O Athletic Club é o rival histórico da Real Sociedad por excelencia. Os dous equipos manteñen unha rivalidade desde os seus comezos, entre outras cousas porque son os dous principais equipos do País Vasco.

Historia[editar | editar a fonte]

Orixes[editar | editar a fonte]

A Real Sociedad de San Sebastián foi fundada en 1909, baixo o nome de Sociedad de Foot-ball de San Sebastián, adquirindo o título de "Real" en 1910 a mans do rei Afonso XIII. A Sociedad de Foot-ball xurdiu froito dunha escisión do San Sebastián Recreation Club, primeiro club do que se ten constancia en Guipúscoa, nado en 1903 e escindido seis anos despois. Entre 1903 e 1908, as cores do San Sebastián Recreation Club eran o verde e o amarelo pero xa en marzo de 1908 estreouse un novo uniforme: camisa branca, iniciais SS en azul e pantalón azul.

Durante estes primeiros anos os donostiarras obtiveron moi bos resultados pero non podían participar nos campionatos oficiais ao non estar inscrita a Sociedad de Foot-ball no Rexistro Civil. Para poder participar no Campionato de España de 1909, recorreuse a xogar baixo o nome do Club Ciclista de San Sebastián, entidade que si cumpría cos requisitos legais, e coa denominación de Club Ciclista chegou o primeiro título da súa historia ao derrotar na final ao Club Español de Madrid por 3 goles a 1.

Durante eses primeiros anos existe unha gran rivalidad co Athletic Club e o Racing de Irún, ademais en 1913 inaugúrase o campo de Atotxa.

Finais de Copa e a Liga[editar | editar a fonte]

Na tempada 1927-28 prodúcese unha das finais máis épicas que se recordan, a triplo final de Copa de Santander contra o FC Barcelona, que desencadeou unha batalla poética entre Rafael Alberti e o txuriurdin Gabriel Celaya, Alberti que estaba presenciando o partido escribiu "Oda a Plattko" en honor á memorable actuación do porteiro húngaro, e Celaya respondeulle con "Contraoda do poeta da Real Sociedade" onde lle respondía dicindo que máis que Plattko era ao arbitro a quen tiña que dar as grazas o FC Barcelona. No ano 1928 a Real Sociedade xunto con outros nove clubs participan na Primeira edición da Primeira División de España, quedando en 4ª lugar e sendo o seu xogador Bienzobas o máximo goleador do Campionato.

A partir de entón iníciase unhas tempadas de altibaixos, no que a incapacidade de manter aos seus mellores xogadores impide que se consolide o equipo, no entanto conséguese un subcampionato de Liga 1930-31. Durante esta época Ignacio Eizaguirre e Epifanio Fernández, "Epi", vanse ao Valencia CF na tempada 40-41, mentres que Silvestre Igoa faio na 42-43 conseguindo alí diversos títulos de Liga e de Copa. Trala volta destes tres internacionais, na tempada 1950-51, conséguese o subcampionato de Copa, outra vez fronte ao FC Barcelona, eliminando en semifinais ao Real Madrid cun 0-2 en Nuevo Chamartín co gran Benito Díaz de adestrador.

Época gloriosa[editar | editar a fonte]

En 1957 créase o Sanse, equipo filial, que será o gran sementeiro de xogadores para o Primeiro Equipo.

No ano 1967 iníciase a época máis gloriosa do club, ese ano acaba cunha década de ascensos e descensos co definitivo ascenso de Puertollano, a partir dese momento empézase a construír o equipo que unha década despois converteríase en Campión de Liga, no ano 1974 participa por primeira vez nun competición europea, a Copa da UEFA, das que se faría asiduo.

A tempada 1979-80 será unha das máis recordadas pese a non conseguir o título e é que estableceu un récord de imbatibilidade, que aínda perdura, ao estar 32 xornadas consecutivas sen coñecer a derrota, que sumadas ás 6 últimas da tempada 1978-79 deixarían o récord en 38, e foi precisamente no penúltimo partido contra o Sevilla onde a perdeu e ao cabo significo que a Liga levásella o Real Madrid, pero ao ano seguinte 1980-81 conseguiu o que tanto merecera o ano anterior, ser Campión, e conseguiuno de xeito épico, no último minuto do partido Zamora conseguiu, nun embarrado El Molinón, marcar o gol que ía dar á Real o primeiro título de Liga.

Na tempada 1981-82 volveu gañar a Liga e na Copa de Europa fixo un extraordinario campionato chegando ás semifinais onde foi eliminado polo Hamburgo, ao cabo campión de Europa.

Na tempada 1987 logra o título de Copa do Rei ao impoñerse na quenda de penaltis ao Atlético de Madrid, sendo Luís Arconada o heroe da noite ao parar o penalti decisivo.

Partido disputado entre o Deportivo da Coruña e a Real Sociedad.

Na tempada 1989-90 a Real, ante a fuga de tres dos seus xogadores máis importantes o ano anterior, onde se consegue o subcampionato de Liga e de Copa, Bakero, Begiristain e Rekarte ao FC Barcelona, e Loren ao Athletic de Bilbao comeza a contratar a futbolistas estranxeiros sendo John Aldridge o primeiro procedente de Liverpool FC inglés.

Subcampionato[editar | editar a fonte]

Na tempada 2002-03 a Real volve loitar polo título de Liga e do mesmo xeito que na tempada 79-80 o Real Madrid no penúltimo partido arrebátalle o liderado que tanto defendera; unha tempada espectacular na que sobresaíron a parella de dianteiros Kovacevic e Nihat, e no centro do campo Xabi Alonso, De Pedro, Aramburu e Valery Karpin.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta a franxas verticais azuis e brancas, pantalón branco e medias azuis.
  • Uniforme alternativo: Camiseta negra e gris, pantalón negro e medias negras.

Estadio[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Estadio Municipal de Anoeta.

O estadio da Real Sociedad é o Estadio Municipal de Anoeta, con capacidade para 32.076 espectadores. Foi inaugurado con atletismo o 29 de xullo de 1993 e o primeiro partido de fútbol foi o 13 de agosto nun amigábel contra o Real Madrid.

Datos do club[editar | editar a fonte]

Traxectoria da Real Sociedad

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Actualizado a 1 de febreiro de 2016.

Posto País Xogador
1 POR Flag of Argentina.svg Gerónimo Rulli
2 DEF España Carlos Martínez
3 DEF España Mikel González Capitán
4 MED España Asier Illarramendi
5 MED España Markel Bergara
6 DEF España Íñigo Martínez
7 MED Flag of Portugal.svg Bruma
8 MED España Esteban Granero
9 DIA España Imanol Agirretxe
10 MED España Xabi Prieto Capitán
11 DIA Flag of Mexico.svg Carlos Vela
13 POR España Oier Olazábal
Posto País Xogador
14 MED España Rubén Pardo
16 MED España Sergio Canales
17 MED España David Zurutuza
19 DEF España Yuri Berchiche
20 DEF España Joseba Zaldúa
21 DEF España Héctor Hernández
22 DIA Flag of Brazil.svg Jonathas
23 DEF Flag of Mexico.svg Diego Reyes
24 DEF España Alberto de la Bella
25 DEF España Raúl Navas
28 MED España Mikel Oyarzabal
30 DEF España Aritz Elustondo
  • Os xogadores con dorsais superiores ao 25 son, para todos os efectos, xogadores do Real Sociedad B e como talles, poderán compaxinar partidos co primeiro e segundo equipo. Como esixen as normas da LFP, os xogadores do primeiro persoal deberán levar os dorsais do 1 ao 25. Do 26 en diante serán xogadores do equipo filial.
  • Capitán = Capitán.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Torneos nacionais[editar | editar a fonte]

Torneos rexionais[editar | editar a fonte]

Torneos amigables[editar | editar a fonte]

Outros premios[editar | editar a fonte]

Real Sociedad B[editar | editar a fonte]

A Real Sociedad de Fútbol B, coñecido popularmente como o Sanse, é o equipo filial do club. Fundado en 1951 baixo o nome de San Sebastián CF, xogou a tempada 2009-10 en Terceira División conseguindo o ascenso a Segunda B.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]