Real Club Deportivo Fabril
Deportivo Fabril | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Real Club Deportivo Fabril[1] | |||
Alcume(s) | Fabril Dépor B |
|||
Fundación | 21 de febreiro de 1914 (104 anos) | |||
Estadio | O Mundo do Fútbol, Abegondo, Galicia |
|||
Inauguración | 2003 | |||
Capacidade | 3.000 | |||
Presidente | ![]() |
|||
Adestrador | ![]() |
|||
Liga | 2ªB – Grupo 1 | |||
2016–17 | 1º (3ª – Grupo 1) | |||
Vestimenta | Macron | |||
Patrocinador | Estrella Galicia | |||
Páxina web | Páxina web | |||
|
||||
O Real Club Deportivo Fabril, tamén coñecido como Dépor B, é un equipo de fútbol galego, o filial do Deportivo da Coruña. Fundouse en 1914[2][3][4] e milita no Grupo I da Segunda División B, logo de ascender tras a tempada 2016–17. O 21 de febreiro de 2014, cumpriu 100 anos de historia.[5]
Índice
Historia[editar | editar a fonte]
O Fabril Foot-ball Club foi fundado en 1914 polo dono dunha fábrica téxtil situada no barrio de Catro Camiños, na Coruña. O seu uniforme orixinal compúñase dunha camisola a bandas verticais azulgranas e un pantalón negro. Nesta etapa, destaca a presenza de Ramón González no equipo fabrilista.
Durante os anos trinta e corenta, o club participa nas divisións de modestos da cidade herculina. En 1941, é obrigado a eliminar os estranxeirismos do seu nome por mor das leis franquistas, mudando o seu nome polo de Fabril Sociedad Deportiva.
En 1948, o club asina un convenio de asociación co Deportivo da Coruña e comeza a participar na Serie A. Na tempada 1953-54 o Fabril, con Luis Suárez nas súas filas, gañoulle ó Club Turista na final do Campionato Galego de Afeccionados. Ese mesmo ano, ascendeu a Terceira división despois de proclamarse campión da Serie A.
A finais da década de 1950 e principios da de 1960 o club viuse inmerso nunha grave crise económica. Nese momento, o Fabril asina un acordo co Deportivo, polo cal este asumiu todas as débedas do anterior, que pasaba a ser o seu filial baixo o nome de Fabril Deportivo. En 1963, o Deportivo Xuvenil fusionase co Fabril[6].
Na tempada 1963-64 xogou a promoción de ascenso á Segunda división, pero non logrou subir de categoría.
Tras distintos cambios de categoría durante as décadas seguintes, en 1991 o Fabril conseguiu o ascenso a Segunda B con Paco Melo como adestrador. O equipo só durou un ano na categoría, a 1991-92, volvendo a Terceira tras quedar 18º.
En 1993 asinouse un novo acordo entre o Deportivo e os dez socios membros do Fabril. Por este acordo o Fabril pasou a ser federativamente o Real Club Deportivo de La Coruña B.
Na tempada 1994-95 volveu ascender a Segunda B e nas tempadas 1996–97 e 1997–98 xogou a liguiña de ascenso a Segunda División, aínda que non logrou subir.
O club regresou á Terceira División en 1999, onde estivo unha tempada e volveu ascender. Este ascenso durou só unha tempada, regresando a Terceira en 2001. En 2005-06 resultou campión da categoría, pero non logrou o ascenso. Na 2006-07 volveu gañar a liga, e desta volta si conseguiu subir a Segunda B, tras eliminar ó CD Don Benito na fase de ascenso.
Na tempada 2007-08 quedou 4º, e xogou a fase de ascenso a Segunda División pero foi eliminado na primeira eliminatoria polo Écija Balompié. Na tempada 2008-09 quedou 17º volvendo á Terceira división na última xornada.

Na campaña 2009–10 volveu ser campión de Terceira a tres xornadas do final, ascendendo novamente á Segunda División B, tras superar a eliminatoria contra o Burgos CF nos penaltis en Riazor. Na tempada 2010–11 descendeu novamente a Terceira División.
O 10 de xullo de 2017 o equipo recupera o seu nome tradicional, pasando a chamarse Real Club Deportivo Fabril.[7]
Nomes do club[editar | editar a fonte]
- Fabril Foot-ball Club (1914–1926)
- Sporting Fabril (1926-1941)
- Fabril Sociedad Deportiva (1941–1963)
- Fabril Deportivo (1963–1993)
- Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D. "B" (1993–2017)
- Real Club Deportivo Fabril (2017– )
Estadio[editar | editar a fonte]
O estadio no que xoga habitualmente o Fabril é o Mundo do Fútbol (situado en Abegondo), con capacidade para 3.000 espectadores, se ben tamén ten utilizado o Estadio de Riazor en partidos de especial transcendencia como foi o da fase de ascenso á Segunda División na tempada 2007–08.
Datos do club[editar | editar a fonte]
- Tempadas en 2ª: 0
- Tempadas en 2ªB: 9
- Tempadas en 3ª: 47 (Incluída a 2015/16)
- Tempadas en Rexional: 6
- Debut en Segunda B: 1991–92
- Mellor resultado na liga: 3º (2ª B, tempada 1997–98)
- Promocións de ascenso a Segunda: 3 (0 ascensos)
- Promocións de ascenso a Segunda B: 9 (5 ascensos)
- Clasificación histórica dos equipos filiais: 21º
Historial na liga[editar | editar a fonte]
|
|
|
|
|
Xogadores[editar | editar a fonte]
Cadro actual[editar | editar a fonte]
- Datos do 1 de setembro de 2017.[8]
|
|
Adestradores[editar | editar a fonte]
Chacho e Waldo Botana (1948)[9]
Eduardo Toba e Neira (1952)[9]
Alfonso Rico (1959-1960)[10][11]
Enrique Nieto "Henry" (1960)[9]
Ricardo Badás (1963-1964)[10]
Arsenio Iglesias (1967-1970)
Rodrigo García Vizoso (1970-1971)[12]
Benito Joanet (1971-1973)
José López (1976-1977)
Luis Rodríguez Vaz (1978-1981)[9][13]
Paco Melo (1988-1993)[14]
José Manuel Corral (1993-1995)
Carlos Ballesta (1995–1999)
José María Blanco Rodríguez (1999–2001)
Tito Ramallo (2001–2012)
José Luis Devesa (2012–2014)
Manuel Mosquera (2014–2016)
Cristóbal Parralo (2016–2017)
Rubén Coméndez (interino) (2017)
Gustavo Munúa (2017– )
Palmarés[editar | editar a fonte]
Torneos nacionais[editar | editar a fonte]
- Serie A (2): 1953/54, 1976/77
- Campionato Galego de Afeccionados (1): 1953/54
- Fase Autonómica Galega da Copa RFEF (1): 1995/96
- Copa Deputación da Coruña (3): 1994, 1997, 2001
- Subcampión da Copa Galicia (1): 1963
Torneos estatais[editar | editar a fonte]
- Terceira División (4): 2005–06, 2006–07, 2009–10, 2016–17
- Subcampión da Terceira División (6): 1963–64, 1989–90, 1993–94, 1999–00, 2002–03, 2014–15
Torneos amigables[editar | editar a fonte]
- Trofeo Sporting Sada (1): 2009
- Trofeo Cidade de Betanzos (1): 2009
- Trofeo Santiago Apóstol – VI Memorial Lisardo Campos (1): 2010
- Trofeo de Vimianzo (1): 2010
- Trofeo Concello de Cedeira (1): 2010
- Memorial Esteban Lareo (1): 2015[15]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Ficha do equipo na web da Federación Galega de Fútbol. Consultado o 25 de xullo de 2017.
- ↑ Real Club Deportivo de La Coruña, S.A.D. “B” lafutbolteca.com (en castelán)
- ↑ "Cien años de «Fabriquín»" La Voz de Galicia, 23 de febreiro de 2014. (en castelán)
- ↑ Historia do Fabril rcdeportivo.es
- ↑ El Fabril cumple cien años - CanalDeportivo
- ↑ Deportivo Juvenil y Fabril, dos equipos distintos DEPOR Sport (en castelán)
- ↑ O Dépor B volve chamarse oficialmente Fabril
- ↑ Cadro Deportivo Fabril 2017/2018 (en galego)
- ↑ 9,0 9,1 9,2 9,3 "Historia del Fabril". geocities.ws. Consultado o 31-03-2016.
- ↑ 10,0 10,1 Pepe Guillín. Depor Sport (2 de xuño de 2010). "El Deportivo B y el Fabril de los años 60". Consultado o 31-03-2016.
- ↑ Pepe Guillín. Depor Sport (3 de marzo de 2010). "Guillermo, un jugador surgido en el colegio de los Salesianos". Consultado o 31-03-2016.
- ↑ ""Cortés en el Deportivo"". Historias del Deportivo. Consultado o 31-03-2016.
- ↑ "Vicente Celeiro". aupadeportivo.com. Consultado o 31-03-2016.
- ↑ "Cuerpo Técnico". forzadepor.8m.com. Consultado o 31-03-2016.
- ↑ Galifutbol.com (16 de agosto de 2015). "El Dépor B conquista el Memorial Lareo ante el Silva en un intenso derbi herculino".
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
A Galipedia ten un portal sobre: A Coruña |
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
|
|