Saltar ao contido

Cidade Deportiva de Abegondo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O Mundo do Fútbol
Mabegondo Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Deporte
 Deporte
Implicados
 Propietario/a
 Ocupante
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Freebase/m/0cmcv3k Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Wikidata C:Commons

A Cidade Deportiva de Abegondo, coñecida tamén como Dépor Training Center ou O Mundo do Fútbol, é un complexo deportivo do Deportivo da Coruña, inaugurado o 1 de maio de 2003. Está situada no concello de Abegondo, na parroquia de Mabegondo, ao carón da autovía A-6, e conta cunha superficie de 90 000 m², na que acolle os adestramentos do primeiro equipo, do filial, do equipo feminino e das categorías inferiores do club.

A Cidade Deportiva de Abegondo foi erguida durante a presidencia de Augusto César Lendoiro, que pretendía a construción dunhas instalacións de adestramento para o Deportivo análogas ás doutros clubs de elite da época. Ata entón o equipo adestrábase no Complexo Deportivo de Acea de Ama, no Burgo.[1] Tras barallar outras localizacións como Bastiagueiro ou Cambre, o club adquiriu máis de 100.000 metros cadrados de terreos na Agra de Marces na parroquia de Mabegondo, no concello de Abegondo, tras pagar uns 100 millóns de pesetas, e o 26 de marzo de 1998 deron inicio unhas obras que se prolongaron durante cinco anos.[1] O complexo foi inaugurado o 1 de maio de 2003.[1]

Instalacións

[editar | editar a fonte]

O Mundo do Fútbol consta dun edificio principal que alberga os vestiarios, oficinas e cafetería e que serve, á súa vez, de chanzo, con capacidade para máis de 1 200 persoas cara ao campo principal e outras 500 persoas na parte posterior, orientado ao campo de céspede artificial. Na planta superior do edificio sitúanse as oficinas, sala de prensa, cafetería e aseos de público. A planta inferior alberga os vestiarios, almacéns e cuartos de instalacións. Dispón de preto de 9.000 metros cadrados de aparcadoiros e zona de servizos.

  • 7 campos de céspede natural de medidas practicamente iguais a Riazor (105×65 metros).
  • 1 campo de céspede artificial de última xeración do tamaño de Riazor (105×61 metros).
  • 6 campos de céspede natural de fútbol 7 (50×30 metros).
  • Máis de 16 000 metros cadrados de campos auxiliares de céspede natural.
  1. 1 2 3 Cudeiro, Juan L. (16 de febreiro de 2025). "Cuando Lendoiro se subió a la excavadora". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 24 de febreiro de 2025.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]