Sergio González Soriano
Sergio | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Información persoal | |||
Nome | Sergio González Soriano | ||
Nacido | 10 de novembro de 1976 (44 anos) | ||
Lugar | L'Hospitalet de Llobregat | ||
Altura | 1,82 m. | ||
Posición | Centrocampista | ||
Información de club | |||
Club actual | Cataluña (adestrador) | ||
Carreira xuvenil | |||
L'Hospitalet | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1994–1995 | L'Hospitalet | 12 | (1) |
1995–1998 | Espanyol B | 29 | (5) |
1998–2001 | Espanyol | 110 | (5) |
2001–2010 | Deportivo da Coruña | 294 | (27) |
2010–2011 | Levante | 14 | (2) |
Selección nacional | |||
2001–2005 | España | 11 | (0) |
1999–2010 | Cataluña | 14 | (1) |
Adestrador | |||
2013–2014 | Espanyol B (asistente) | ||
2014 | Espanyol B | ||
2014–2015 | Espanyol | ||
2015– | Cataluña | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Sergio González Soriano, nado en L'Hospitalet de Llobregat (Barcelona) o 10 de novembro de 1976, é un ex futbolista español. Xogaba de centrocampista e foi internacional coa selección española, coa que participou no Mundial 2002. Actualmente adestra a selección catalá.
Tras 14 tempadas en Primeira División, participou en 418 partidos e anotou 34 goles.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Debutou no CE L'Hospitalet en 1994 e despois pasou ó RCD Espanyol ao ano seguinte. Debutou en Primeira División co Espanyol en 1998 ante o CD Tenerife, club co que gañou a súa primeira Copa do Rei no ano 2000, sendo seu o gol da vitoria.
Na tempada 2001–02 fichou polo Deportivo da Coruña, ao que chegou por un valor de 17 millóns de euros, a fichaxe máis cara do club coruñés en toda a súa historia. No Dépor gañou outra Copa do Rei e unha Supercopa de España no ano 2002. Destacable é tamén o seu papel na consecución da Copa do Rei 2001–02, marcando o gol da vitoria ao Real Madrid no coñecido como Centenariazo, no que os merengues non puideron celebrar a consecución da Copa o mesmo día do seu centenario.
O 1 de xullo de 2010 desvinculouse do Deportivo ao non renovar o seu contrato e o 22 dese mesmo mes anunciouse a súa contratación polo Levante UD.[1]
Selección nacional[editar | editar a fonte]
Internacional absoluto coa Selección de fútbol de España en 11 ocasiones, debutou ante o combinado de Liechtenstein en 2001 da man de José Antonio Camacho cando militaba en las filas do Espanyol. Participou no Mundial de Corea e Xapón de 2002.
Selección catalá[editar | editar a fonte]
Internacional en 14 ocasións, é o xogador que máis veces vestiu a camiseta da selección catalá e o seu actual capitán. Desde que debutou en 1999 contra a antiga Iugoslavia só perdeu un partido contra o Brasil.
Adestrador[editar | editar a fonte]
O 27 de maio de 2014 foi anunciado como novo adestrador do RCD Espanyol, en substitución de Javier Aguirre.[2]
O 14 de decembro de 2015 foi destituído como adestrador do RCD Espanyol, debido aos malos resultados. O seu substituto foi Constantin Galca.[3]
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Espanyol
- Deportivo
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ ""Sergio González se convierte en nuevo jugador del Levante UD"". Arquivado dende o orixinal o 26 de xullo de 2010. Consultado o 23 de xullo de 2010.
- ↑ "Sergio González, entrenador del Espanyol los próximos dos años"; El Mundo Deportivo, 28 de maio de 2014 (en castelán)
- ↑ "El Espanyol destituye a Sergio González"; El Periódico, 14 de decembro de 2015 (en castelán)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Nados en 1976
- Nados en L'Hospitalet de Llobregat
- Futbolistas de Cataluña
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do CE L'Hospitalet
- Xogadores do RCD Espanyol B
- Xogadores do RCD Espanyol
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do Levante UD
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Adestradores de fútbol de España
- Adestradores do RCD Espanyol