Alondras Club de Fútbol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alondras
Nome Alondras Club de Fútbol
Fundación 1951
Estadio Campo do Morrazo
Cangas Galicia
Inauguración 1971
Capacidade 2500
Presidente Galicia Luis Guimerans Curra
Adestrador Galicia Fredi
Liga 3ª – Grupo 1
2016–17 14º
Patrocinador Cafetería Bar Enziani
Páxina web Páxina web oficial
Na casa
Fóra

O Alondras Club de Fútbol é un club de fútbol do concello de Cangas, na provincia de Pontevedra. Foi fundado en 1951 e xoga no grupo I da Terceira División.

Historia[editar | editar a fonte]

Inicios do fútbol en Cangas[editar | editar a fonte]

Antes da fundación do primeiro Alondras FC había outros equipos na vila, como o Cangas FC (que xogou os seus partidos en Liméns até 1922, en que o concello lle alugou un terreo en Rodeira), o Lancia FC, Tucho FC, Unión FC, Numancia, Sierra Morena, Morrazo, Baleata, Anduriña, Sisi FC ou Yoyo FC

Co paso do tempo o campo de Rodeira quedou vello, e ante o problema de construír un novo viuse a necesidade de crear un equipo forte. O nome foi decidido cun partido entre xogadores veteranos e mozos. As dúas propostas ("Las Alondras" e "Las Castigadoras") foran tomados de dous espectáculos de varietés da época. O primeiro partido do equipo foi xogado o 15 de maio de 1928 en Moaña ante o Recreo Marítimo de Meira, que gañou o Alondras por 4 a 3.

O 6 de decembro de 1928 constituíuse oficialmente a S.D. Alondras F.C. coa redacción do regulamento, sendo os socios fundadores Güido Paganini Picasso (primeiro secretario), José Pérez Barros (primeiro presidente), Ramón Ocaña Larrin, Francisco Fernández Cervera e Luciano Barreiro Fernández.

O 21 de abril de 1929 inaugurouse o campo de San Roque nun partido fronte ao Unión Sporting Club de Vigo, con vitoria do Alondras por 3 a 2.

En xuño de 1929 foi incluído nun dos catro grupos do Campionato da Serie C de Galicia, xunto ao Ciosvin, Moaña, Bueu e Beluso. Malia que o campión do grupo rematou sendo o Ciosvin, na Asemblea de Fútbol de Galicia celebrada en setembro decidiuse premiar tamén ao Moaña e o Alondras polo seu bo papel no campionato. Así, o grupo 3º da Serie B quedou formado polo Alondras, Moaña, Español, Alfonso XIII e Ciosvin.

Nese campionato rematou segundo, se ben o Español fora en principio descualificado pero posteriormente foi recoñecido como campión. A Federación decidiu que Español e Alondras participasen na liguiña de ascenso. Ao remate da campaña os xogadores Pazó e Montes ficharon polo Celta de Vigo.

Na campaña 1930-31 o Alondras quedou campión da Serie B, participando na promoción de ascenso á Serie A, con xogadores como Bermúdez, Ignacio, Mella, Petouto, Tucho, Mella, Pery, Minao, Lamas, Marcial, Cervera ou Lao.

Os dous fracasos consecutivos e a marcha de xogadores importantes a equipos como o Celta e o Atlético de Madrid provocou unha desmoralización colectiva. Así, tras varias derrotas, o equipo decidiu retirarse da Serie B o 4 de outubro de 1931.

En novembro dese mesmo ano organizouse un partido benéfico a prol das familias dos náufragos do motor Dolores. Porén, en xullo de 1932, tralo naufraxio do motor Azaña, no que faleceron 22 mariñeiros cangueses, non se logrou xuntar un número suficiente de xogadores, rematando así a curta vida do Alondras FC.

Segunda etapa: Nace o actual Alondras CF[editar | editar a fonte]

En 1951 un grupo de aficionados creou un novo equipo, rescatando o nome de Alondras, segundo a acta de constitución, porque "este equipo fue lo que en otras épocas supo representar con honor al pueblo de Cangas en todas las competiciones en las que tomó parte".

O 11 de setembro de 1951 elixiuse a primeira Xunta Directiva, formada por Luis González Rodríguez (presidente), Marcelino González Mariño (vicepresidente), José Graña Giráldez (secretario), Andrés Pérez Barros (tesoureiro), David Varela Bastón (contador), Antonio Gallego Fernández, Luis Baliño García e Román Núñez Fontán (vogais). Os adestradores eran Daniel Gallego Fernández e Marcial Oreiro Fuente.

O primeiro partido disputouse no campo da empresa Massó, enfrontándose o 7 de outubro ao Coruxo, gañando o Alondras por 4 a 2, con goles de Azpeitia (3) e Tito (1). O equipo estaba formado por Angelín, Gallego, Gaspar, Xono, Paquito, Marcial, Azpeitia, Tito, Ricardo, Pote e Felecho. Nese mesmo mes contratouse como adestrador a Bermúdez, que fora gardameta do Celta, Atlético de Madrid e Valencia.

En xullo de 1952 acórdase coa empresa Massó a realización de obras para mellorar o campo, reinaugurado o 19 de marzo de 1953 fronte ao Celta de Vigo, xogando Gallego, Gaspar, Xono, Cereijo, Marcial, Angelín, Azpeitia, Tito, Ricardo, Pote, Toniques, Lagoa, Camiña, Lao Camiña, Fandiño e Tucho.

Na campaña 1951-52 comeza xogando no Campionato de 2ª División da Serie B, ascendendo en 1957 a Serie A logo de quedaren subcampións.

En 1953 créase o equipo xuvenil, sendo campións do seu grupo en 1955, dirixidos por Daniel Gallego, e 1956, dirixidos polo ex-céltico Deva.

Nesa época o Alondras participa activamente na vida social da vila, participando en partidos amigábeis durante as festas, en homenaxes a ex–xogadores ou campañas de axuda en Nadal.

O Campionato de Liga da Serie A de 1957-58 rematou co Pontevedra CF como campión, quedando o Alondras de 4º. Na Copa Galicia dese ano o Alondras foi eliminado na primeira eliminatoria polo Arousa.

Na tempada 1958-59 comezou no Campionato Galego de Afeccionados, estreándose cunha derrota fronte ao Coruxo e rematando en 5ª posición. Na Copa Galicia logrou o subcampionato, perdendo na final co Coruxo coa aliñación de Covelo, Mata, Piño, Acuña, Mariano, Camiña, Paco, Vavá, Polito, Careto, Valois II e Zamorita. Esa campaña os xuvenís Lito e Kubalita foron seleccionados pola Selección galega de fútbol.

Na campaña 195-60 o Alondras foi subcampión da Serie A, tras perder un dos últimos partidos en Cangas fronte ao Marín. Os xuvenís proclamáronse campións de grupo, clasificándose para a fase final do Campionato Galego. Lago Paganini foi convocado coa Selección Galega de xuvenís.

Década de 1960[editar | editar a fonte]

Na tempada 1960-61, con José Soto Alonso como adestrador, logrouse o Subcampionato Galego de afeccionados. Os xuvenís foron de novo campións de grupo, participando na fase final. Na Serie A tamén foron subcampións, cos mesmos puntos que o Couto de Ourense, pero con peor coeficiente de goles.

Na liguiña de promoción participaron o Juvenil da Coruña, Arenal de Santiago, Couto de Ourense e Alondras. O campión foi o Couto e o segundo o Alondras, ascendendo os dous á 3ª división. A formación do Alondras contaba con Covelo, Piño, Pazolo, Nuco, José, Antonio, Herrerita, Chondo, Campanal, Lito, Espiño, Nores, Kubalita, Nicolás, Lago Paganini, Berto, Benito e Mariano.

Decidiuse a creación do filial, inscrito na categoría de modestos da zona de Pontevedra, para formar aos novos xogadores de cara ao equipo de terceira división.

A campaña, iniciada o 3 de setembro fronte ao Celta Turista, rematou co Alondras en 10ª posición.

O 11 de abril de 1962, tras once anos no cargo, dimitiu o presidente Luis González Rodríguez, sendo substituído por Luis Hernández Álvarez até a Asemblea Xeral, que o 1 de maio elixiu a Manuel Lagoa Barros.

Na tempada 1965–66 conseguiuse o Campionato Galego de Afeccionados logo de eliminar ao Bueu, Vilanova, Silva e Español da Coruña. A final xogouse o 27 de novembro (con vitoria do Español por 2 a 1) e o 7 de decembro (con vitoria do Alondras por 8 a 0). Como Campión Galego xogou o Campionato de España de Afeccionados, sendo derrotados polo Real Gijón por 3 a 2. O plantel estaba formado por Fonso, Vidal, Sangabriel, Rubio, José Antonio, Lito, Caeiro, Pazolo, Mermerías, Rafael, Gorís, Lago Paganini, Carlitos, Espiño II, José Luis, Modroño, Santiago, Espiño I, Roxo, Diego, Nores, Rancho, Tito, Luis, Fernando e Hernández. Ese mesmo ano disputouse o primeiro amistoso internacional, fronte ao Sport Clube Vianense no campo de Massó.

A campaña 1967-68 rematou co Alondras na 8ª posición da 3ª división, pero con serios problemas económicos. Aumentouse o déficit até as 300.000 pesetas, e a empresa Massó solicitou a devolución do campo. No verán de 1968 foi elixido presidente Antonio Velloso Romero.

Na tempada 1968-69 o número de equipos da 3ª división foi aumentado até os 20 coa inclusión de equipos asturianos. Isto comportou un maior gasto nos desprazamentos, polo que se decidiu non participar na Copa Galicia.

Na tempada 1969-70 o Alondras participou por vez primeira na Copa de S. E. El Generalísimo, enfrontándose ao Cacabelense, que resultou vencedor. A 3ª división regresou aos 12 equipos, e o equipo, formado por Soliño, Suso, Pachucho, Sangabriel, Vidal, Pazolo, Quin, Sanromán, Tomé, Martínez, Del Río, Rubio, Miguel Angel, Chapela, José Luis, Eloy, Piter, Santomé, Chimé, Núñez, Montero, Waldo, Miguel, Toñito, Abalo e Nando, descendeu á serie A Rexional.

Nesa tempada creouse como filial o Cangués, que quedou campión do torneo Ría de Pontevedra e participou no Campionato Galego de Afeccionados.

Década de 1970[editar | editar a fonte]

Na tempada 1970-71 o equipo rematou 4º na liga da serie A, formada por 20 equipos.

Logo de xuntar cartos, mercouse unha leira de 10.210 m² en Romarigo, nos que xunto a outros 620 doados por afeccionados e directivos se construiría o novo estadio. Para o financiamento das obras organizouse en xullo de 1970 un amigábel entre os futbolistas residentes e outros recoñecidos que veraneaban na vila, como Peiró, Ufarte, Santos, Roldán, Tucho de la Torre, Miguel Angel, De la Fuente, Ñito, Zamorita, Villar, Las Heras, ou Ibarreche.

O 19 de marzo de 1971 inaugurouse o Campo do Morrazo, fronte ao Sporting Salgueiro da 2ª división portuguesa con vitoria do Alondras por 3 a 1, coa aliñación inicial de Salnés, Quin, Chimé, José Luis, Pazolo, Vidal, Martínez, Mateos, Jones, Peiró e Del Río, entrando durante o partido Roca, José Eduardo, Costas, Miguel Angel, Pardavila e Cabral.

Na campaña 1972/1973, logo de eliminar ao Bueu, Atlético Pontevedrés, San Martín, Portonovo (tras un partido de desempate), Caselas e Payosaco, logrouse o Campionato Galego de Afeccionados. Na final o Alondras perdeu na Coruña por 1 a 0, pero na volta venceu por 5 a 0. No Campionato de España debutouse fronte á Cultural y Deportiva Leonesa, con derrota en León por 2 a 1 e vitoria en Cangas por 1 a 0. Na seguinte rolda enfrontouse ao Erandio, perdendo en Bilbao por 4 a 0 e en Cangas por 0 a 3.

O equipo estaba adestrado por José Luis Álvarez, quen contaba con Casimiro, José Luis, Pucho, Pazolo, Zoco, Carballo, Carballo II, Del Río, Lago, Lagoa, Abalo, Lito I, Arieta, Roa, Miguel Angel, Ducho, Tano, Chimé, Pijuán, Ricardo, Mella, Cabral, Piter, Rey, Gallego I, Gallego II, Barcia, Juan, Quino I, Quino II, Paredes, Suso, Blach, Calo, Apolinar, Piñeiro I, Piñeiro II e Vilas.

Ao ano seguinte o Caselas eliminou ao Alondras nas semifinais, pero na tempada 1976-77 logrouse de novo o Campionato Galego de Afeccionados, logo de eliminar ao Bueu, Arcade, Atlético Pontevedrés, Portonovo, Boiro e Verín, gañando a final fronte o Esteirana.

Actualidade[editar | editar a fonte]

Logo de varios anos en rexional preferente, na actualidade está consolidado na 3ª División, participando na fase de ascenso a 2ªB nas tempadas 2001-02, 2006-07 e 2011-12.

Uniforme[editar | editar a fonte]

  • Uniforme titular: Camiseta a franxas vermellas e brancas, pantalón azul mariño e medias vermellas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta azul mariño, pantalón azul mariño e medias vermellas.

Estadio[editar | editar a fonte]

Exterior do estadio

O Estadio do Morrazo, con capacidade para 2.500 persoas, ten céspede artificial e é propiedade do equipo ( cedido durante 25 anos ao Concello de Cangas ).

Mascota[editar | editar a fonte]

O Sardiñón é a mascota do equipo.

Datos do Club[editar | editar a fonte]

  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en : 0
  • Tempadas en 2ª B: 0
  • Tempadas en : 37 (Incluída a 2013/14)
  • Mellor posto en liga: 2º (3ª división, tempadas 2001-02 e 2011-12)
  • Peor posta en liga: 18º (3ª división, tempada 1969-70)

Historial na liga[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Posto
1961/62 10º
1962/63
1963/64 10º
1964/65
1965/66 12º
1966/67 14º
1967/68
1968/69 15º
1969/70 18º Red Arrow Down.svg
de 70-71 Rexional
a 77-78 Rexional Green Arrow Up.svg
1978/79
1979/80
1980/81
Tempada Categoría Posto
1981/82 10º
1982/83
1983/84 16º
1984/85 15º
1985/86
1986/87 12º
1987/88 13º
1988/89 17º
1990/91 16º
1991/92 17º Red Arrow Down.svg
de 92-93 Rexional
a 97-98 Rexional Green Arrow Up.svg
1998/99 14º
1999/00 11º
Tempada Categoría Posto
2000/01
2001/02
2002/03 17º Red Arrow Down.svg
2003/04 Preferente Green Arrow Up.svg
2004/05 13º
2005/06
2006/07
2007/08
2008/09
2009/10
2010/11
2011/12
2012/13
2013/14 12º
Tempada Categoría Posto
2014/15
2015/16
2016/17 14º
2017/18

Palmarés[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]