Borja Granero
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 30 de xuño de 1990 Valencia, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Período de actividade | 2009 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Posición de xogo | Centrocampista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Pai | José Carlos Granero | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Borja Granero Niñerola, nado o 30 de xuño de 1990 en Valencia, é un futbolista español. Xoga de centrocampista e defensa central e o seu actual club é o Real Avilés, da Primeira Federación.
É fillo do exfutbolista e adestrador José Carlos Granero.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Formouse na canteira do Valencia CF e ao rematar a súa etapa xuvenil foi cedido ao Villajoyosa, co que debutou na Segunda División B na tempada 2009/10, xogando 23 partidos e marcando tres goles. De regreso no Valencia xogou co filial deste na Terceira División ata que no mercado invernal fichou polo Recreativo de Huelva.[1]
Durante os seus primeiros meses no Recreativo apenas contou para o adestrador Juan Carlos Ríos, disputando só algúns minutos nas dúas últimas xornadas do campionato de Segunda División, contra Villarreal B e Granada. A súa aportación ao equipo aumentou nas dúas seguintes campañas, nas que xogou 25 partidos e marcou un gol contra o Girona en Montilivi.
No verán de 2013 fichou polo Racing de Santander, que militaba entón na Segunda B. Co equipo santanderino disputou 44 partidos esa tempada, marcando catro goles e logrando ascender a Segunda despois de derrotar na fase de ascenso a Llagostera e Albacete. Ademais enfrontouse por primeira vez nun partido ao seu pai, Carlos Granero, adestrador do Oviedo.[2]
Xa en Segunda, xogou 27 partidos na tempada 2014/15, na que o equipo acabou descendendo novamente. Militou outras tres tempadas no club verde, converténdose no capitán do equipo e xogando dúas promocións máis, pero sen conseguir o ascenso.[3]
Nas tempadas 2018/19 e 2019/20 xogou co Extremadura en Segunda, disputando un total de 72 encontros.
O 3 de setembro de 2020, anunciouse a súa fichaxe por tres tempadas polo Deportivo da Coruña da Segunda División B.[4] Foi titular en case todos os partidos da tempada 2020/21, tanto co adestrador Fernando Vázquez como con Rubén de la Barrera, e marcou un gol na goleada por 5-0 ao Langreo en Riazor. Con todo, a súa participación reduciuse drasticamente trala chegada ao club dos centrais Lapeña e Jaime Sánchez na tempada 2021/22, na que só foi titular en nove partidos, e caeu totalmente no comezo da 2022/23, na que non chegou a xogar ningún minuto.[5]
O 19 de xaneiro de 2023 anunciouse a súa marcha do Deportivo, despois de chegar a un acordo co club para a rescisión do seu contrato, e tres días despois debutou como titular co seu novo equipo, o Castellón, da mesma categoría.[6][7] Titular indiscutible no club orellut, xogou un total de 19 partidos no que restaba de tempada, e disputou a promoción de ascenso a Segunda División, eliminando nas semifinais ao seu anterior equipo, o Deportivo, antes de caer eliminado ante o Alcorcón na final.[8]
Na primeira metade da tempada 2024/25 militou no Alcoyano, da Primeira Federación, xogando 18 partidos (16 deles como titular), pero en xaneiro asinou co Nàstic de Tarragona, da mesma categoría.[9] Nos seus primeiros meses no club catalán non tivo fortuna, pois as lesións musculares e finalmente unha fractura de úmero reduciron a súa participación a só cinco encontros e dúas titularidades.[10]
En agosto de 2025 anunciouse a súa fichaxe polo Real Avilés, tamén da Primeira Federación.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El ejemplo de Borja Granero" (en castelán). 21 de setembro de 2011. Consultado o 13 de xuño de 2021.
- ↑ "Granero: el padre, entrenador del Oviedo, y el hijo, mediocentro del Racing" (en castelán). 3 de novembro de 2013. Arquivado dende o orixinal o 13 de xuño de 2021. Consultado o 13 de xuño de 2021.
- ↑ "Borja Granero, fin de un ciclo" (en castelán). 31 de maio de 2018. Consultado o 13 de xuño de 2021.
- ↑ "Borja Granero, novo xogador do Dépor 20·21". rcdeportivo.es/gal. 3 de setembro de 2020. Consultado o 3 de setembro de 2020.
- ↑ "Borja Granero, un indiscutible que acabó sumando ‘solo’ fuera" (en castelán). 20 de xaneiro de 2023. Consultado o 23 de xaneiro de 2023.
- ↑ Lema, Jorge (19 de xaneiro de 2023). "Borja Granero deja el Deportivo y ficha por el Castellón". As (en castelán). Consultado o 23 de xaneiro de 2023.
- ↑ "Borja Granero, titular y victoria con el Castellón tres días después de dejar el Deportivo" (en castelán). 23 de xaneiro de 2023. Consultado o 23 de xaneiro de 2023.
- ↑ "El Alcorcón remonta al Castellón para regresar a Segunda". Sport (en castelán). 25 de xuño de 2023. Consultado o 4 de novembro de 2023.
- ↑ "Borja Granero, al Nàstic" (en castelán). 23 de xaneiro de 2025. Consultado o 20 de xuño de 2025.
- ↑ "El central del Nàstic de Tarragona Borja Granero dice adiós a la temporada por lesión" (en castelán). 8 de abril de 2025. Consultado o 20 de xuño de 2025.
- ↑ "El Real Avilés cierra el fichaje de Borja Granero" (en castelán). 25 de agosto de 2025. Consultado o 26 de agosto de 2025.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1990
- Nados en Valencia
- Futbolistas de España
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Valencia CF Mestalla
- Xogadores do Villajoyosa CF
- Xogadores do Recreativo de Huelva
- Xogadores do Racing de Santander
- Xogadores do Extremadura UD
- Xogadores do Deportivo da Coruña
- Xogadores do CD Castellón
- Xogadores do Real Avilés CF