Premier League

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Barclays Premier League
Fundación20 de febreiro de 1992
RexiónInglaterra Inglaterra
Gales Gales
ConfederaciónUnión Europea UEFA
Equipos20
CopaFA Cup
Community Shield
DescensoChampionship
InternacionalUEFA Champions League
UEFA Europa League
Actual campiónManchester City
(6º título)
Máis laureadoManchester United
(13 títulos)
TelevisiónSky Sports, BT Sport
Sitio webPremierLeague.com
Premier League 2022–23

A Premier League, tamén coñecida no Reino Unido como The Premiership, é a máxima categoría da liga de clubs de fútbol de Inglaterra. Foi fundada en 1992, seguindo a decisión dos equipos da Football League First Division (até entón a máxima categoría da liga inglesa) de separarse da "Football League" para tomar vantaxe dun lucrativo trato de dereitos de televisión.

A Premier League está actualmente constituída por vinte equipos en cada tempada, e un total de corenta e oito competiron nela ao longo dos anos, con todo, só seis equipos gañaron o título até o de agora: Arsenal, Blackburn Rovers, Chelsea, Leicester City, Manchester City e Manchester United. O actual campión é o Manchester City.

O torneo está considerado como a mellor liga do mundo segundo a clasificación oficial da Federación Internacional de Historia e Estatística de Fútbol (IFFHS).[1]

Historia[editar | editar a fonte]

Orixes[editar | editar a fonte]

Os anos 1980 supuxeron unha das peores épocas do fútbol inglés, os estadios non se atopaban en bo estado, cada vez menos xente acudía a ver os partidos, os seareiros máis radicais, os hooligans, provocaban altercados violentos nos estadios e os equipos ingleses estaban imposibilitados de xogar nas competicións europeas tras a Traxedia de Heysel en 1985. Así, a Football League First Division, que fora a máxima competición futbolística do país dende 1888, estaba lonxe de igualarse con ligas como a Serie A de Italia ou a Primeira División de España no que se refire a asistencia de público e ingresos, emigrando moitos xogadores ingleses cara a outros países.

Con todo, nos anos 1990 esta tendencia comezou a reverterse, a selección de fútbol de Inglaterra fixera un bo papel na Mundial de Fútbol de 1990 chegando ás semifinais e a UEFA levantara xa a prohibición sobre os equipos ingleses de xogar en competicións europeas en 1990, sendo publicado ese mesmo ano o Informe Taylor, sobre os estándares seguridade nos estadios, cunha proposta para que tódolos espectadores tivesen a súa corresponde cadeira dentro do recinto.

O diñeiro da televisión converteuse en algo moi importante; a Football League recibira só 6,3 millóns de libras esterlinas por un acordo de dous anos en 1986, mais cando o trato rematou en 1988, o prezo subira a 44 millóns polos seguintes catro anos. As negociacións de 1988 foron o primeiro sinal dunha liga dividida; dez clubs ameazaron con deixala e formar unha "superliga", porén foron finalmente persuadidos para quedar. Coa mellora dos estadios e o aumento da asistencia aos partidos, as recadacións melloraron, e os mellores equipos do país novamente consideraron deixar a Football League para capitalizar a crecente influencia do diñeiro que se xeraba polo deporte.

Fundación[editar | editar a fonte]

Ao final da tempada 1990-91, unha proposta para o establecemento dunha nova liga estaba feita. O acordo entre os membros fundadores, asinado o 17 de xullo de 1991 polos clubs máis importantes, estableceu os principios básicos para crear a Premier League. Esta nova división tería independencia comercial da Federación Inglesa de Fútbol e da Football League, dándolle á Premiership licenza para negociar os seus propios acordos para a radiodifusión e patrocinio. Isto foi visto como necesario para que os equipos ingleses puidesen outra vez competir e derrotar aos mellores cadros de Europa, mentres se atraía aos mellores futbolistas do mundo, algo que en 1991 parecía imposible.

En 1992 os equipos da First Division renunciaron á Football League e o 27 de maio de 1992 a Premier League foi formada como unha "Private company limited by shares" (do inglés: Compañía privada limitada por accións) non dependente da Federación Inglesa de Fútbol, o que significou un crebe de 104 anos de antigüidade, nos que a Football League funcionara até entón con catro divisións. Así pois a Premier League operaría como unha soa división, a primeira, e a Football League coas tres restantes. Realmente non houbo un cambio no formato da competición, o mesmo número de equipos competía na máxima categoría, e o ascenso e descenso entre a Premier League e a nova First Division mantívose co mesmo formato que rexía entre as antigas First e Second Division.

Os vinte e dous membros inaugurais da nova Premier League foron Arsenal, Aston Villa, Blackburn Rovers, Chelsea F.C., Coventry City, Crystal Palace, Everton, Ipswich Town, Leeds United, Liverpool F.C., Manchester City, Manchester United, Middlesbrough, Norwich City, Nottingham Forest, Oldham Athletic, Queens Park Rangers, Sheffield United, Sheffield Wednesday, Southampton F.C., Tottenham Hotspur e Wimbledon.

Estabelecemento[editar | editar a fonte]

A finais da tempada 2008-09, completáranse dezasete campionatos da Premier League, sendo a súa primeira tempada no ano 1992-93, orixinalmente composta por vinte e dous clubs. O primeiro gol da Premier League foi anotado por Brian Deane do Sheffield United na súa vitoria por 2 a 1 ante o Manchester United. Debido á insistencia da FIFA, o organismo reitor internacional do fútbol, para que as ligas nacionais reduciran o seu número de clubs participantes, o número de equipos foi reducido a vinte en 1995, cando catro equipos foron relegados da liga e só dous equipos ascendidos. O 8 de xuño de 2006, a FIFA pediu que tódalas ligas europeas, incluíndo a Serie A italiana e a Primeira División española, reduciran o seu número de competidores a dezaoito ao comezo da tempada 2007-08. A Premier League respondeu anunciando a súa intención de resistirse a tal redución, e finalmente comezou ese ano de novo con vinte equipos. A liga cambiou o seu nome de "FA Premier League" a simplemente "Premier League" en 2007.

Estrutura corporativa[editar | editar a fonte]

A Premier League funciona como unha corporación e é propiedade dos vinte clubs membros. Cada club é un accionista, cun voto cada un en cuestións tales como cambios nas regras e contratos. Os clubs ademais elixen a un presidente, a un director executivo e a un consello de administración para supervisar as operacións diarias da liga. A Federación Inglesa de Fútbol non está directamente implicada nas operacións da Premier League, mais ten poder de veto como accionista especial durante a elección do presidente e director executivo e cando as novas normas son adoptadas pola liga.

Así mesmo, a Premier League envía representantes á UEFA's European Club Forum, o número de clubs e os propios clubs elixidos en función dos coeficientes da UEFA. O Foro de Clubs Europeos é responsable da elección de tres membros do Comité de Competición da UEFA, que participa nas operacións das competicións da UEFA como a Liga de Campións e a UEFA Europa League.

Sistema de competición[editar | editar a fonte]

Os vinte equipos constituíntes da Premier League enfróntanse durante cada tempada, dende agosto até maio, dúas veces co resto, unha vez no seu estadio e outra no do seu adversarios, nun total de 38 partidos por cada equipo. Ao final de cada tempada os tres últimos equipos da clasificación descenden á Football League Championship e son substituídos polos dous mellores da Football League Championship, xunto ao gañador dun sistema de play-off que se xoga entre os equipos que ocuparon do terceiro ao sexto posto desa mesma división.

Os equipos que ocupan os catro primeiros lugares clasifícanse para a Liga de Campións da UEFA, entrando directamente os tres primeiros na fase de grupos e o cuarto na terceira rolda de clasificación. O quinto lugar clasifícase automaticamente á UEFA Europa League, entrando na primeira rolda de clasificación. O sexto e o sétimo tamén se poden clasificar dependendo do que pase nas dúas competicións de copa, a Copa de Inglaterra, e a Copa da liga de Inglaterra. Se o campión e o subcampión da Copa de Inglaterra finalizan entre o cinco primeiros, o lugar na UEFA Europa League iría para o sexto lugar da Premier League. Se a Copa da liga é gañada por un equipo que xa se clasificou a unha competición europea, o lugar do gañador da Copa da liga vai cara ao equipo mellor clasificado que non clasifique a Europa, ao contrario que na Copa de Inglaterra, onde non se lle dá o lugar ao subcampión.

Equipos participantes 2022/23[editar | editar a fonte]

Club Cidade Adestrador Estadio Capacidade
Arsenal Londres España Mikel Arteta Emirates Stadium 60.704
Aston Villa Birmingham Inglaterra Steven Gerrard Villa Park 42.657
Bournemouth Bournemouth Inglaterra Scott Parker Dean Court 11.307
Brentford Londres Dinamarca Thomas Frank Gtech Community Stadium 17.250
Brighton & Hove Albion Brighton Inglaterra Graham Potter The Amex 31.800
Chelsea Londres Alemaña Thomas Tuchel Stamford Bridge 40.343
Crystal Palace Londres Francia Patrick Vieira Selhurst Park 25.486
Everton Liverpool Inglaterra Frank Lampard Goodison Park 39.414
Fulham Londres Portugal Marco Silva Craven Cottage 22.384
Leeds United Leeds Jesse Marsch Elland Road 37.608
Leicester City Leicester Brendan Rodgers King Power Stadium 32.262
Liverpool Liverpool Alemaña Jürgen Klopp Anfield 53.394
Manchester City Manchester España Pep Guardiola City of Manchester Stadium 53.400
Manchester United Manchester Países Baixos Erik ten Hag Old Trafford 74.310
Newcastle United Newcastle upon Tyne Inglaterra Eddie Howe St James' Park 52.305
Nottingham Forest West Bridgford Gales Steve Cooper City Ground 30.332
Southampton Southampton Austria Ralph Hasenhüttl St Mary's Stadium 32.384
Tottenham Hotspur Londres Italia Antonio Conte Tottenham Hotspur Stadium 62.850
West Ham United Londres Escocia David Moyes London Stadium 62.500
Wolverhampton Wanderers Wolverhampton Portugal Bruno Lage Molineux Stadium 31.750

Palmarés[editar | editar a fonte]

Historial de campións[editar | editar a fonte]

Tempada Campión Subcampión Máximo goleador
1992–93 Manchester United Aston Villa Teddy Sheringham (Tottenham Hotspur), 22 goles
1993–94 Manchester United Blackburn Rovers Andy Cole (Newcastle United), 34 goles
1994–95 Blackburn Rovers Manchester United Alan Shearer (Blackburn Rovers), 34 goles
1995–96 Manchester United Newcastle United Alan Shearer (Blackburn Rovers), 31 goles
1996–97 Manchester United Newcastle United Alan Shearer (Newcastle United), 25 goles
1997–98 Arsenal FC Manchester United Chris Sutton (Blackburn Rovers), Dion Dublin (Coventry City), Michael Owen (Liverpool FC), 18 goles
1998–99 Manchester United Arsenal FC J.F. Hasselbaink (Leeds United), Michael Owen (Liverpool FC) e Dwight Yorke (Manchester United), 18 goles
1999–00 Manchester United Arsenal FC Kevin Phillips (Sunderland AFC), 30 goles
2000–01 Manchester United Arsenal FC Jimmy Floyd Hasselbaink (Chelsea FC), 23 goles
2001–02 Arsenal FC Liverpool FC Thierry Henry (Arsenal FC), 24 goles
2002–03 Manchester United Arsenal FC Ruud van Nistelrooy (Manchester United), 25 goles
2003–04 Arsenal FC Chelsea FC Thierry Henry (Arsenal FC), 30 goles
2004–05 Chelsea FC Arsenal FC Thierry Henry (Arsenal FC), 25 goles
2005–06 Chelsea FC Manchester United Thierry Henry (Arsenal FC), 27 goles
2006–07 Manchester United Chelsea FC Didier Drogba (Chelsea FC), 20 goles
2007–08 Manchester United Chelsea FC Cristiano Ronaldo (Manchester United), 31 goles
2008–09 Manchester United Liverpool FC Nicolas Anelka (Chelsea FC), 19 goles
2009–10 Chelsea FC Manchester United Didier Drogba (Chelsea FC), 29 goles
2010–11 Manchester United Chelsea FC Carlos Tévez (Manchester City) e Dimitar Berbatov (Manchester United), 29 goles
2011–12 Manchester City Manchester United Robin van Persie (Arsenal FC), 30 goles
2012–13 Manchester United Manchester City Robin van Persie (Manchester United), 26 goles
2013–14 Manchester City Liverpool Luis Suárez (Liverpool), 31 goles
2014–15 Chelsea Manchester City Sergio Agüero (Manchester City), 26 goles
2015–16 Leicester City Arsenal Harry Kane (Tottenham Hotspur), 25 goles
2016–17 Chelsea Tottenham Hotspur Harry Kane (Tottenham Hotspur), 29 goles
2017–18 Manchester City Manchester United Mohamed Salah (Liverpool), 32 goles
2018–19 Manchester City Liverpool Pierre-Emerick Aubameyang (Arsenal), Sadio Mané (Liverpool) e Mohamed Salah (Liverpool), 22 goles
2019–20 Liverpool Manchester City Jamie Vardy (Leicester City), 23 goles
2020–21 Manchester City Manchester United Harry Kane (Tottenham Hotspur), 23 goles
2021–22 Manchester City Liverpool Mohamed Salah (Liverpool) e Son Heung-min (Tottenham Hotspur), 23 goles

Títulos por clubs[editar | editar a fonte]

Dende a fundación da nova Premier League en 1992 só catro equipos distintos lograron alzarse co campionato: Manchester United, Arsenal, Chelsea e Blackburn Rovers. Cómpre destacar ademais que o Liverpool, gañador dezaoito veces da liga inglesa, dende a fundación da Premiership non conseguiu ningún título.

Táboa histórica da Premier League antes da tempada 2011-12
Equipo 2012 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 Tempadas Puntos Premiers Ligas dende 1888-89
Manchester United - 1 2 1 1 1 2 3 3 1 3 1 1 1 2 1 1 2 1 1 19 1574 12 18
Arsenal FC - 4 3 4 3 4 4 2 1 2 1 2 2 2 1 3 5 12 4 10 19 1379 3 13
Chelsea FC - 2 1 3 2 2 1 1 2 4 6 6 5 3 4 6 11 11 14 11 19 1338 3 4
Liverpool FC - 6 7 2 4 3 3 5 4 5 2 3 4 7 3 4 3 4 8 6 19 1282 18
Aston Villa - 9 6 6 6 11 16 10 6 16 8 8 6 6 7 5 4 18 10 2 19 1051 7
Tottenham Hotspur - 5 4 8 11 5 5 9 14 10 9 12 10 11 14 10 8 7 15 8 19 1017 2
Everton FC - 7 8 5 5 6 11 4 17 7 15 16 13 14 17 15 6 15 17 13 19 978 9
Newcastle United - 12 18 12 12 7 14 5 3 4 11 11 13 13 2 2 6 3 17 952 4
Blackburn Rovers - 15 10 15 7 10 6 15 15 6 10 19 6 13 7 1 2 4 17 939 1 3
West Ham United 20 17 9 10 15 9 18 7 15 9 5 8 14 10 14 13 16 764
Manchester City - 3 5 10 9 14 15 8 16 9 18 18 17 16 9 14 695 2
Leeds United 19 15 5 4 3 4 5 11 13 5 5 17 12 692 3
Middlesbrough FC 19 13 13 14 7 11 11 12 14 12 9 19 12 21 14 633
Southampton FC 20 12 8 11 10 15 17 12 16 17 10 18 18 13 587
Bolton Wanderers - 14 14 13 16 7 8 6 8 17 16 18 20 12 539
Fulham FC - 8 12 7 17 16 12 13 9 14 13 10 459
Coventry City 19 14 15 11 17 16 16 11 15 9 409
Sunderland AFC - 10 13 16 15 20 20 17 7 7 18 10 395 6
Sheffield Wednesday 19 12 16 7 15 13 7 7 8 392 4
Wimbledon FC 18 16 15 8 14 9 6 12 8 391
Charlton Athletic 19 13 11 7 12 14 9 18 8 361
Leicester City 18 20 13 8 10 10 9 21 8 342
Birmingham City 18 9 19 18 12 10 13 7 301
Portsmouth FC 20 14 8 9 17 16 13 7 293 2
Derby County 20 19 17 16 8 9 12 7 274 2
Wigan Athletic - 16 16 11 14 17 10 6 252
Nottingham Forest 20 20 9 3 22 5 239 1
Ipswich Town 18 5 22 19 16 5 224 1
Queens Park Rangers - 19 8 9 5 4 216
Norwich City - 19 20 12 3 4 201
West Bromwich Albion - 11 20 19 17 19 5 169 1
Crystal Palace 18 20 19 20 4 160
Stoke City - 13 11 12 3 138
Sheffield United 18 20 14 3 132 1
Wolverhampton Wanderers - 17 15 20 3 111 3
Reading FC 18 8 2 91
Oldham Athletic 21 19 2 89
Hull City 19 17 2 65
Bradford City 20 17 2 62
Watford FC 20 20 2 52
Blackpool FC 19 1 39
Barnsley FC 19 1 35
Burnley FC 18 1 30 2
Swindon Town 22 1 30
Swansea City - 0 0
Huddersfield Town 0 0 3
Preston North End 0 0 2


Xogadores[editar | editar a fonte]

As estatísticas só inclúen datos dende a fundación da Premier League en 1992. O campo último equipo refírese ao último equipo co que xogou ou xoga nesta competición. En cursiva xogadores en activo na competición.

Máis partidos xogados[editar | editar a fonte]

Ryan Giggs

Actualizado a 21 de maio de 2019.

Pos. Xogador Partidos
1 Inglaterra Gareth Barry 653
2 Gales Ryan Giggs 632
3 Inglaterra Frank Lampard 609
4 Inglaterra David James 572
5 Gales Gary Speed 535
6 Inglaterra James Milner 516
7 Inglaterra Emile Heskey 516
8 Australia Mark Schwarzer 514
9 Inglaterra Jamie Carragher 508
10 Inglaterra Phil Neville 505

Máximos goleadores[editar | editar a fonte]

Alan Shearer

Actualizado a 21 de maio de 2019.

Pos. Xogador Etapa Goles Partidos Media
1 Inglaterra Alan Shearer 1992–2006 260 441 0.59
2 Inglaterra Wayne Rooney 2002–2018 208 491 0.42
3 Inglaterra Andrew Cole 1992–2008 187 414 0.45
4 Inglaterra Frank Lampard 1995–2015 177 609 0.29
5 Francia Thierry Henry 1999–2007, 2012 175 258 0.68
6 Sergio Agüero 2011– 164 239 0.69
7 Inglaterra Robbie Fowler 1993–2009 163 379 0.43
8 Inglaterra Jermain Defoe 2001–2003, 2004–2014, 2015–2019 162 496 0.33
9 Inglaterra Michael Owen 1996–2004, 2005–13 150 326 0.46
10 Inglaterra Les Ferdinand 1992–2005 149 351 0.42

Patrocinio[editar | editar a fonte]

Dende 1993, a Premier League estivo patrocinada nas seguintes ocasións, estando o patrocinador habilitado para poñerlle o nome á competición:

  • 1993-2001: Carling (FA Carling Premiership)
  • 2001-2004: Barclaycard (FA Barclaycard Premiership)
  • 2004-2007: Barclays (FA Barclays Premiership)
  • 2007-2016: Barclays (Barclays Premier League)

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]